Despois de moitos anos adestrando en categorías superiores e do gran traballo feito na canteira do Viveiro C.F. ¿Qué foi o que o animou a recalar na U.D. Folgueiro?O gran interés mostrado pola directiva tanto o ano pasado como este ano; o ano pasado non puido ser, pero este, con un pequeno esforzo por ambas partes, chegamos a un acordo.
¿Qué deficiencias e qué cousas positivas se encontra na estructura do clube?Deficiencias, sobre todo o terreo de xogo, e pequeno e está en mal estado; Tamén a pouca sente que traballa na directiva, algo común nestes equipos modestos; e os poucos xogadores que poden adestrar.
Como cousas positivas, o esforzo dos directivos que queren ter un equipo de fútbol neste pobo tan pequeno.
Deportivamente, ¿Cómo ve a tempada que acaba de empezar?Pois espero unha liga igualada, donde esperamos facer bon fútbol.
¿En qué postos está maís coxo o plantel?No lateral esquerdo, pois non temos un xogador específico para ese posto. E tamén no medio do campo, donde nos fai falta un xogador que organice o xogo de ataque.
¿Qué equipos conta que serán os rivais a batir?Aínda que non teño referencias concretas, creo que vai ser unha categoría moi igualada, donde sobresairá pos presuposto o Pastoricense, Rioaveso e Xermade, despois o Sacido; e con este grupo e donde esperamos estar nos.
Qué obxetivo se marca?O primeiro obxetivo e intentar xogar ben o fútbol e facer unha boa cohesión de grupo. O segundo e quedar o máis arriba posible sin pasar ningún tipo de apuro, mirando sempre para o grupo de cabeza.