martes, 7 de agosto de 2007

PRESENTACIÓN DO 2º TROFEO CONCELLO DE O VICEDO


Foi presentado o 2º Trofeo Concello de O Vicedo no Concello que se disputará o vindeiro 11 de agosto no campo de Boavista, coa presenza do Alcalde Jesús Novo, os presidentes dos dous clubes invitados - S.D. Burela e Viveiro C.F.- e o directivo e alma mater da UDFolgueiro, Domingo González.


Dende a UDFolgueiro agradecer a presenza desinteresada dos presidentes de ambos clubes, Domingo González polo equipo da cidade do Landro e Rubén Blanco do cadro burelés.


O Cartel deste segundo "Concello de O Vicedo" presenta ós dous clubes que representarán ó fútbol mariñán na rexional autonómica, asi como o clube local, que participará un ano máis na terceira autonómica.


O Viveiro C.F. fai nesta tempada que está a punto de iniciarse, unha forte aposta pola xente da casa, intentado así ilusionar e encher de afeccioados o campo de Cantarrana. Seguro que será un dos equipos que loitará polos postos altos da clasificación.


A S.D. Burela intentará non pasar os apuros da pasada tempada, e renovou o seu plantel con futbolistas contrastados no fútbol da zona. Vai ser un equipo que lle dará moitos sustos ós equipos punteiros da categoría.


Por outro lado, máis modesto, camiñará a UDFolgueiro, que intentará da man de Quesada seguir medrando como clube.


Ás 18:30 comenzará o torneo coa disputa do encontro S.D. Burela - U.D. Folgueiro, no que o equipo local intentará dar a sorpresa ante o equipo dirixido por Javi López, o cal gañou o torneo o ano pasado ás ordes do C.D. Foz.


Unha hora máis tarde será o prato forte, os dous equipos de preferente enfrentaranse nun derbi de moita rivalidade, e a pesar de que é un encontro amistoso, nigún dos dous vai dar o brazo a torcer.


E para rematar, as 8:30 da tarde, entrará outra vez en escena o cadro local, que tratará de repetir, polo menos, o empate do ano pasado ante o Viveiro C.F.


A UDFolgueiro agradece a participación desinteresada de ambos clubes.


No hay comentarios: