jueves, 29 de mayo de 2008

QUESADA NON SEGUIRÁ DE ADESTRADOR A TEMPADA 2008-2009



Na tarde-noite do día de onte confirmouse a non presenza de Quesada como máximo responsable técnico da Unión Deportiva Folgueiro para a próxima tempada. A directiva do Folgueiro intentou ata o último momento convencer o adestrador asturiano, pero este decidiu elexir outra oferta para adestrar outro equipo (cando Quesada ou o seu novo equipo confirmen públicamente a nova, poñeremolo neste blog). Unha vez máis, o pouco poder económico do clube, foi un impedimento para conseguir que o adestrador que acaba de ascender o equipo a segunda autonómica, seguira unha tempada máis no banquillo.
Dende o clube queremos agradecer a Quesada o seu gran traballo á fronte do equipo, culminado co ascenso; o bo facer do técnico levou a ilusión os nosos aficionados ata o último acto da tempada - a cea do 24 de maio- no que moitos deles lle deron mostra do cariño e do respeto que lle colleron durante o último ano.
Tamén queremos desexar toda a sorte do mundo na nova etapa como adestrador.

No hay comentarios: