
sábado, 31 de enero de 2009
viernes, 30 de enero de 2009
XORNADA SUSPENDIDA
"Á vista das recomendacións recibidas por parte da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e tras realizar as correspondentes consultas coas distintas Direccións Xerais de Protección Civil e o servizo 112, así como as diversas informacións publicadas a través dos distintos medios de comunicación, esta Federación Galega de Fútbol tomou a decisión de suspender todas as competicións previstas para os próximos días 31 de Xaneiro e 1 de Febreiro de ámbito territorial e nacional controladas por esta Federación Territorial, a excepción de a Autonómica Preferente nos seus dous grupos e a Terceira División Nacional, deixando a criterio dos colexiados designados e dos clubs contendentes a súa disputa, conforme ás condicións climatolóxicas existentes, recomendando por parte desta Federación que se adopten as medidas oportunas para garantir o normal desenvolvemento destas competicións. Así mesmo comunicamos que a competición oficial de Primeira Nacional "B" de Fútbol Sala queda suspendida. Oportunamente será comunicado por parte desta Federación Galega de Fútbol, as novas datas para a disputa das xornadas suspendidas. Pola FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL "
martes, 20 de enero de 2009
U.D. FOLGUEIRO 3 - S.D. RIOAVESO 1

lunes, 12 de enero de 2009
S.D. GUITIRIZ 2 - U.D. FOLGUEIRO 1

O SD Guitiriz vence 2-1 o Folgueiro
O SD Guitiriz comezou a segunda volta con unha nova victoria, nesta ocasión por 2-1 sobre o UD Folgueiro. O estado do terreo de xogo compricou moito a circulación do mesmo, a pesar disto a primeira metade rematou con 2-0 grazas os goles de Jose e Josito, e so a magnifica actuación do porteiro visitante Guillermo impediu que o encontro quedara xa sentenciado.Na segunda metade Guillermo volveu ser o protagonista o desbaratar numerosas ocasións de gol do SD Guitiriz incluído unha pena máxima. Un gol mediada a segunda metade do Folgueiro creou certa incertidumbre polo corto do resultado aínda que as ocasión seguiron sendo do SD Guitiriz.Alineación: Yago, Iván Ansede, César, Diego Ferreiro, Iván Labrada, Mauro, Iván Cruz, Josito, David Fernández, Kiko e Jose. Tamen xogaron Suso, Iván Iñiguez, Miguel e Emilio.