A Federación Galega de Fútbol suspendeu todos os partidos a celebrar os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro.
"Á vista das recomendacións recibidas por parte da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e tras realizar as correspondentes consultas coas distintas Direccións Xerais de Protección Civil e o servizo 112, así como as diversas informacións publicadas a través dos distintos medios de comunicación, esta Federación Galega de Fútbol tomou a decisión de suspender todas as competicións previstas para os próximos días 31 de Xaneiro e 1 de Febreiro de ámbito territorial e nacional controladas por esta Federación Territorial, a excepción de a Autonómica Preferente nos seus dous grupos e a Terceira División Nacional, deixando a criterio dos colexiados designados e dos clubs contendentes a súa disputa, conforme ás condicións climatolóxicas existentes, recomendando por parte desta Federación que se adopten as medidas oportunas para garantir o normal desenvolvemento destas competicións. Así mesmo comunicamos que a competición oficial de Primeira Nacional "B" de Fútbol Sala queda suspendida. Oportunamente será comunicado por parte desta Federación Galega de Fútbol, as novas datas para a disputa das xornadas suspendidas. Pola FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL "
No hay comentarios:
Publicar un comentario