martes, 13 de octubre de 2009

O DERBI QUEDA NA CASA

U.D. FOLGUEIRO 2 - 1 S.D.R. SACIDO

U.D. FOLGUEIRO: Guillermo, Fabián, Felipe, Abel, Cholo, Bouza, Óscar, Borja, Álex (Cristian), Pigueiras e Borjita (Julio).

S.D.R. SACIDO: Lolo, Fernando, Ladra, Ánxel, Félix, Popi, Manu, Pipa, David, Amador e Rumi. Tamén xogaron Alfonso, Borja, Poti e Diego.
GOLES: 1-0 Borjita; 2-0 Borja; 2-1 Fernando
ARBITRO: Cesáreo Vidal.
A Unión Deportiva Folgueiro impuxose por dous goles a un ó Sacido no derbi disputado na quinta xornada de liga no campo de Boavista. O cadro local dominou o partido dende o primeiro minuto e dispuxo de varias ocasións para aumentar a ventaxa e deixar o partido resolto, pero un gol de Fernando no tramo final animou o encontro e deu alas a un Sacido que puido empatar na última xogada.

No hay comentarios: