lunes, 2 de noviembre de 2009

VOLTA Á SENDA DA VICTORIA

S.D. RIOAVESO MACHINANGO 0 - 2 U.D. FOLGUEIRO

S.D. RIOAVESO: Alberto, Nito, Roberto Carlos, Suso, Alberto, Cristian, Piti, Corvo, Andrés, (),(). Tamén xogaron Rafa, Pibe e Carlos
U.D. FOLGUEIRO: Guillermo, Óscar, Chiqui, Luchi, Cholo, Cristian, Pigueiras, Catanha, Álex, Bouza e Borja. Tamén xogaron Borjita e Fabían.
GOLES: 0-1 Álex; 0-2 Catanha
A Unión Deportiva Folgueiro repuxose das dúas derrotas consecutivas logrando unha victoria no campo vilalbés de Paraños ante un cadro local que viña de encadear tres triunfos. O cadro vermello saíu dende o minuto un a polo partido e de ahí o primeiro gol que marcou Álex nos primeiros minutos de encontro. Despois dun dominio claro con continuas ocasións para os de Molo chegaríase con ese resultado o descanso. No segundo acto, os de Boavista controlaron o partido e non deixaron que os locais fixeran ocasións e lograron sentenciar o partido cun tanto de Catanha despois dunha boa xogada colectiva.

No hay comentarios: