Antes de nada pedir disculpos polos problemiñas que tivemos co blog, que de momento quedaron solucionados.
Noutra orden de cousas, o equipo nestes último mes disputou cinco encontros San Ciprián, Candelaria e Cazás na casa; e Catro Roldas e Castroverde a domicilio.
No último encontro comentado neste espazo, co San Ciprián, a UDFolgueiro perdera o encontro por 2 goles a 4, pero unha aliñazón indebida do equipo visitante deu, despois do fallo da Federación, o encontro gañado ó noso equipo por 3-0.
O seguinte partido foi no campo da Canteira de Román ante o Catro Roldas, nun encontro no que o Folgueiro non fixo un bo fútbol pero marcou dous goles nos últimos dez minutos que lle serviron para conseguir tres puntos. Os autores dos goles foron Abel e Álex.
Na seguinte xornada o Candelaria visitou Boavista e levouse o partido. O cadro local non estivo atinado e non foi que de marcar nas numerosas ocasións das que dispuxo, si en cambio o fixo o Candelaria na súa única chegada.
O seguinte desprazamento foi ó Corgo para enfrentarse ó Castroverde, neste encontro o cadro de Quesada voltaría a senda da victoria despois dun partido no que dominou de dispuxo de ocasións dende o primeiro minuto colocándose moi cedo cun 0-2 no marcador, pero un gol do local Gelo os 20 minutos da segunda metade cambiou as tornas do encontro e fixo que pasaramos apuros nos últimos minutos do encontro. Álex e Orlando marcaron os goles.
E o pasado fin de semán foi o Cazás quen nos visitou, un cadro moi renovado respecto tempadas anteriores e que saiu derrotado de Boavista. Borja e Cristian firmaron os goles nun partido no que a falta de puntería evitou unha diferenza maior.
E xa mirando ó futuro, o seguinte encontro será no dificil campo de Matela, dificultade que será maior debido ás baixas. Kubala e Dani Cobo serano por lesión, Hugo causará baixa por motivos profesionais e Borjita terá que cumplir o partido de sanción. Esperemos que nos días previos o choque non se incremente o numero de baixas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario