lunes, 12 de noviembre de 2007

ÁLEX NON FALTA A SÚA CITA CO GOL


Álex marcou no campo de San Lorenzo de Aguiar contra o Matela o seu décimo gol do presente campeonato. Os seus goles están sendo decisivos para que o cadro que dirixe Quesada se manteña nos postos altos da clasificación. O xogador de Celeiro estará polo menos quince días sen sumar dianas debido a xornada de descanso da vindeira semana á que lle sumara outra xornada máis por ter que cumplir o seu primeiro ciclo de cartóns amarelos. Este xogador xa foi seguido o ano pasado por clubes de superior categoría, pero a súa incompatibilidade co traballo e o seu alto grado de compromiso ca camiseta vermella fan que os aficionados do Full podan disfrutar cada domingo do bo facer deste futbolista.
Nas dez xornada que van de competición só se quedou sin marcar en tres partidos (Momán, Candelaria e Cazás), fixo por partida doble contra o Codesido, Terras do Miño e San Ciprián; e anotoulle outro "chicharriño" a Sacido, Catro Roldas, Castroverde e Matela.
Esperemos que siga a súa racha goleadora, que unido o gran traballo defensivo que está a facer todo o equipo (cinco goles encaixados en dez xornadas), serán claves para competir cos equipos que se queren manter nos postos altos da clasificación.

No hay comentarios: