lunes, 1 de diciembre de 2008

U.D. FOLGUEIRO 2 - 1 C.D. GOIRIZ

Partido correspondente á xornada 12, Campo de Boavista. Comezo ás 16.15 do domingo 30 de novembro, tarde moi fría.
Na primeira metade do partido, o cadro local, consciente do valor dos tres puntos que estaban en xogo, saíu con gañas de poñer o resultado ó seu favor antes do remate deste período.
A primeira ocasión clara foi obra de Catanha, nunha xogada individual, que provocou a súa entrada na área e que rematou cunha parada do porteiro, cando Álex estaba só para empuxar o esférico as mallas da rede visitante. A seguinte oportunidade fabricouna Dani, que driblou pola súa banda esquerda e tirou á portería ca súa perna menos boa tendo o porteiro rival dificultades para atallar o balón, acabando este nos pés de Álex e obrigou ó meta a facer unha boa parada logo de recoller o rexeite. Por outro lado, o Goiriz quería pero non podía fabricar claras ocasións de gol xa que o mediocampo local estaba moi ben situado no terreo de xogo. Cando transcurría o minuto 32 desta primeira metade, Orlando que recibiu un pase de Álex, sacou un disparo na área que rexeitou nun defensa e o mesmo dianteiro que protagonizara a acción empurrrou o esférico para lograr o 1-0, con este tanto, Álex anotaba o seu sexto tanto esta tempada. Desta forma acabarían os primeiros 45 minutos, sen apenas ocasións polo bando visitante e clara posesión do conxunto local.
Na segunda metade, o Goiriz parecía que saia a por algo máis, xa que nada mais comezar tiveron unha ocasión que atallou Guillermo sen problemas. Os poucos minutos, o conxunto vermello protagonizou unha xogada colectiva que rematou cun remate a rentes da portería chairega. Nesta seguna parte o xogo foi un ir e vir noa dous campos, aínda que as ocasións máis claras tivoas o Folgueiro tanto a balón parado como xogada dinámica.
O encontro resultaría afectado por unha decisión do árbitro de expulsar a un xogador visitante mediada esta segunda parte. A partir de ahí o partido rompeuse dando ocasións ós dous bandos pero o Folgueiro conseguíu tomar máis vantaxe no marcador nunha xogada na que Álex deu o pase da morte a Catanha deixándoo só diante do porteiro, éste rematou a xogada cun magnífico lanzamento pegado ó pao, sendo imposible de atallar para o gardamallas do Goiriz. Co resultado a favor e xogando na casa, o Folgueiro non soubo templar o encontro dándolle oportunidades ós rivais que aproveitaron nunha falta ó borde da área e que non deu atallado o porteiro local, quedando o balón morto para que un xogador do equipo visitante lograra o seu único gol.
Ca saída ó campo de Fabián, Kubala e o debutante Brais, o Folgueiro tomou ás rendas do partido e dispuxo de ocasións para sentenciar o encontro. O marcador xa non se movería, e no minuto 94 o árbitro daba por rematado o partido.

No hay comentarios: