martes, 9 de diciembre de 2008

MONDOÑEDO C.F. 1 - 1 U.D. FOLGUEIRO

Domingo, 7 de decembro de 2008. Municipal Viñas da Veiga (Mondoñedo).
Arbitro: Francisco García
Goles: 1-0 min 60 Jacobo; 1-1 min 89 Pedro.
Crónica: Un gol no último minuto do encontro deu un punto a Unión Deportiva Folgueiro na súa visita o campo mindoniense de Viñas da Veiga.
O encontro empezou con dominio parexo, con dous conxuntos que se preocupaban máis de defender que de atacar. A primeira ocasión clara do choque foi do celeste Borja, que despois de quedarse só diante de Guillermo, este sacou o seu remate co pé. O conxunto de Moncho Cabanas acercouse en dous saques de esquina que Dani cerrou o primeiro pao e que ámbolos dous foron sacados polo meta Roberto con apuros. Mentres o cadro da cidade episcopal só se acercaba en balóns colgados ó area que en ningún momento poñían en apuros á defensa capitaneada por Óscar e Cristian, o cadro vermello saía en perigosas contras buscando a velocidade de Catanha. Noutro saque de falta lateral por medio de Dani, Pedro remataba de chilena alto despois de recoller o despexe da zaga local. Máis tarde, Orlando facía traballar a Roberto nun libre directo dende a frontal da área.
Xa no segundo período, o cadro de O Vicedo iríase en busca dos tres puntos adiantando as posicións das súas liñas, pero os quince minutos deste acto, despois dunha pérdida no centro do campo, Jacobo colleu a desfensa descolocada e despois de regatear a Cristian poñía o balón nas redes para adiantar o seu equipo no marcador. Despois do gol, o cadro mindoniense atrasou as súas liñas para defender a renta e así poder saír a contra. O Folgueiro máis que nunca buscou o gol, e puido conseguilo en sendas ocasións de Catanha, do xuvenil Luis -que debutaba co cadro vermello- despois dun barullo no área, nun remate de tacón de Pedro a saída dun saque de esquina e mesmo nunha volea de Cristián que o meta local non foi quen de atallar e saíu a escasos centímetros do poste. En pleno acoso o área local, os membros do conxunto foráneo, reclamaron un claro penalti sobre Álex que o colexiado non sinalou.
E xa cando o tempo tocaba o seu fin, no enésimo balón colgado o área, o porteiro local deixou o esférico morto para que Pedro subira o empate o marcador, e con el permitía que o seu equipo siga avantaxando nun punto o cadro titular do campo.

No hay comentarios: