miércoles, 25 de febrero de 2009

DERBI SIN GOLES

U.D. FOLGUEIRO 0 - 0 C.D. NOVAS RAÍCES GALDO

O encontro de rivalidade disputado o pasado sábado no campo de Boavista rematou co macador inicial. Os goles ausentaronse nun partido marcado polo estado do terréo de xogo, xa que presentaba un aspecto duro e irregular.
O xogo comezou con moito respeto entre os dous equipos, con moito mediocampismo e balóns longos, as ocasións foron contadas en todo o partido. Cada equipo tivo a súa métade, o cadro local dominou e dispuxo de opcións máis claras antes do descanso, e o Galdo fixo o mesmo no segundo acto.
A ocasión máis clara para os locales tivoa Pigueiras nun saque de córner directo que rematou no poste. Nos dez últimos minutos o partido abreuse e ámbolos dous conxuntos dispuxeron de contras para mover o marcador, pero as maís claras foron do cadro visitante nas que a falta de acerto dos seus dianteiros fixeron que o marcador dormira toda a tarde.

No hay comentarios: