S.D. CERVO: Ratoeira, Bili, Simón, Trigo, Diego, Raúl, Carlos, Marcos, Cayón, Gayol e Paco. Tamén xogaron Marcos Quelle, Pedro Reimunde, Jairo e Alfonso.
U.D. FOLGUEIRO: Guillermo, Fabián, Kubala, Óscar, Pablo, Pedro, Brais, Dani, Álex, Pigueiras e Catanha. Tamen dispuxeron de minutos Luis e Fran.
Arbitro: Jesús Martín Flores.
Goles: 1-0 Gayol; 2-0 Carlos; 2-1 Álex; 3-1 Carlos; 4-1 Alfonso.
Un desofortunado comezo de partido marcou o desenrrolo do choque desputado polo cadro de Boavista na súa visita o campo cervense da Bidueira. Un gol de penalti de Iván Gayol no primeiro minuto e outro de Carlos cando transcurrío o quinto poñían o partido moi costa arriba.
A este inicio seguía outro tramo de desconcerto no cadro visitante, motivados pola avalancha de ataques locais, o desconcerto polo díficil do resultado e a lesión de Pablo, que obrigou a Moncho a trastocar o esquema.
Pouco a pouco, os vermellos ían asentandose no campo e nun ataque, Pigueiras entra no área co balón controlado e un defensa local faille penalti, Álex encargaríase do lanzamento e subía o tanto visitante o marcador. Xa transcurridos uns minutos, Gayol recibe un balón no medio do campo e pon un pase medido a Carlos que encara a Guillermo e eleva o coiro por encima deste para subir o terceiro tanto o marcador. Con este resultado chegaríase o descanso.
No segundo tempo, o cadro vicedense saíu a recortar distancias, adiantou as súas liñas e encerrou o cadro azulón no seu campo na busca do segundo gol deixando moitos espacios en defensa que permitían perigosas contras do cadro local. E nunha destas contras, Alfonso poñía o 4-1 definitivo no tempo de desconto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario