lunes, 15 de febrero de 2010

MÁIS SINXELO DO ESPERADO

U.D. FOLGUEIRO 5
A.D. LUIS PIMENTEL A PIRINGALLA 0





U.D. FOLGUEIRO: Guillermo (Gaty), Iván, Chiqui, Luchi (Óscar), Cristian, Piki, Docampo (Pigueiras), Borja (Fran), Catanha, Bouza e Borjita (Eloy)

A.D. LUIS PIMENTEL: Luis, Iago, Santi, Dani, Diego Quiroga, Marcos, Borja, César, Héctor, Martín e Amal. Tamén participaron: Pablo, Jesús, Marco, Francisco e Anxo.
ÁRBITRO: Iago Vázquez

Goles: 1-0 Borja, 2-0 Chiqui, 3-0 Catanha, 4-0 Borja, 5-0 Óscar


A Unión Deportiva Folgueiro gañou contundentemente ó Luis Pimentel no encontro disputado no campo vicedense de Boavista, os capitalinos venceran na primeira volta a base de fútbol de toque, o que facía presaxiar máis igualdade do que indica o resultado.

Os primeiros minutos foron de tira e afloxa con dominio alterno, incluso o visitante Diego Quiroga envíou alto cando se encontraba nunha posición moi clara pa poñer en ventaxa os da Piringalla. A partir do primeiro gol anotado por Borja Lago, os de Molo fixéronse donos do partido e comenzaron a fabricar ocasións que moitas veces pola falta de acerto non rematará co coiro nas mallas. Antes do descanso, Chiqui de xogada de estratexia subiría o segundo tanto.


A segunda metade seguíu polos mesmos derroteiros que o primeiro acto, os vermellóns seguían co control do choque e os de Manolo García só se acercaban timidamente á portería local. Tres goles máis deixarían o resultado de cinco a cero definitivo.

No hay comentarios: