O campo do líder, Unión Deportiva Pastoricense, recibirá a visita, domingo 21 - 16:15 horas, da Unión Deportiva Folgueiro nun partido determinante para establecer os obxetivos polos que loitará ata o remate de tempada o cadro dirixido por Molo.
O cadro local, que ainda non perdeu ningún partido no seu feudo, nin deixou escapar un só punto no que vai de ano, pode dar un golpe á competición deixando os de Boavista a 10 puntos no caso de conquerir a victoria; ou serán os de O Vicedo os que poñan a liga nun puño se son capaces de traer os tres puntos de O Acebreiro.
ENTREVISTA Ó ADESTRADOR DA U.D. PASTORICENSE
O actual líder, "votoulle" a un prato que os últimos anos colleitou o sabor do terceiro posto, os ingredentes necesarios para saborear o ascenso, e fichou de a un experimentado cociñeiro -Manolo Vilachá- , e os primeiros resultados da tempada non foron malos, pero estes melloraron ca marcha do cociñeiro - para unha cociña máis grande en teoría- e coa toma do mando do seu pinche -Fiz-. Este ten a deferencia de contestarnos unhas breves preguntas.
R- Vai ser un partido moi igualado, dado o potencial dos dous equipos e o que hai en xogo. Creo que é bastante máis importante para o Folgueiro, que de perder irianselle moitas das opcións de ascenso.
P- Era realmente o ascenso o voso obxetivo a principio de temporada?
R- O noso equipo está feito de xente da Pastoriza e arredores, somos un grupo de amigos fóra do campo que nos xuntamos para xogar. Levamos moitos anos competindo moi ben na categoría e este ano eramos conscientes de que había posibilidades importantes de loitar polo ascenso, e así o estamos facendo.
P- Como deixarían o teu equio os tres resultados posibles deste envite?
R- Se conseguimos gañar dariamos un paso importantisimo para conseguir o ascenso. De non gañar non pasaría nada, temos un colchón de 7 puntos que nos permite cometer un par de erros, que outros non poden cometer.
P- Que coñeces da U.D. Folgueiro?
P- Que coñeces da U.D. Folgueiro?
R- O Folgueiro ten un gran adestrador, con experiencia en categorías superiores e eso é moi importante. En canto aos xogadores coñezo a Guillermo, Pigueiras, Abel,.. pero sobre todo destacaría a Catanha e a dúas das últimas fichaxes, Chiqui e Luchi, que lle dan un salto de calidade importante ao equipo e a categoría.
P- Como ves o que lle resta a competición?
R- A liga cambiou bastante desde o paron de nadal, daquela estaba todo moi igualado e agora hai dous equipos, Sacido e Pastoricense, que se distanciaron e colleron unha ventaxa que pode ser importante, aínda que quedan moitos enfrontamentos directos, pode pasar de todo e Folgueiro, Pol e Xermade aínda teñen moito que decir. Por abaixo creo que descenderán o San Ciprián e a Candelaria, se hai arrastres poden estar implicados Parga, Luis Pimentel e Bonxe
No hay comentarios:
Publicar un comentario