viernes, 6 de marzo de 2009

ANÁLISE DO RIVAL: PARGA F.C.

O vindeiro rival que visitará o campo de Boavista para medirse a Unión Deportiva Folgueiro será o Parga Fútbol Club, equipo pertencente o Concello de Guitiriz e que actualmente ocupa a decimoterceira posición con 21 puntos.

Este conxunto guitiricense saía a principios da tempada co obxetivo de estar nos primeiros postos da clasificación, pero un cúmulo de circunstacias a principio da liga, entre as que destacan as lesións e as sancións, fixeron que este conxunto se quedara estancado nas últimas posicións, e incluso o adestrador que comezou este exercicio, Epi, deixara o posto nas mans de Paulo César. Co novo adestrador, chegou algún fichaxe e, unido a recuperación de lesionados fixo que o cadro que viste tamén de vermello fora escalando posicións chegando a sair dos postos de descenso.
Na actualidade, ocupa a decimoterceira posición con 21 puntos, a tan só 5 do Folgueiro, o que fai do partido do vindeiro sábado unha auténtica final.

NOME: Parga Fútbol Club
CAMPO: Noreña Basanta
EQUIPACIÓN: Camiseta e medias vermellas, pantalón azul
WEB: http://www.pargafutbolclub.es.tl/
DATOS DE INTERESE: Nos últimos días perdeu a un dos seus mellores xogadores, Diego, que fichou polo Sporting Sada de Preferente Autonómica. Leva dúas victorias a domicilio(Cospeito 1 - Parga 3 e Guitiriz 0 - Parga 1) e outros tantos empates (Goiriz 1 - Parga 1 e Pol 1 - Parga 1).


ÚLTIMOS PARTIDOS A DOMICILIO

RESULTADOS TEMPADA 08-09

No hay comentarios: