lunes, 30 de marzo de 2009

REACCIÓN

C.D. GOIRIZ 2 - 5 U.D. FOLGUEIRO


A Unión Deportiva Folgueiro logrou impoñerse na súa visita ó Campo de O Ventiño por dous tantos a cinco despois de seis xornadas sen coñocer a victoria. O cadro vicedense disputaba un partido transcedental de cara a súa continuidade na Segunda Autonómica.

O partido non podía empezar de peor forma para os visitantes, xa que os 7 minutos o colexiado do encontro inventabase unha pena máxima que sorprendeu máis os locais que o cadro foráneo, os de azul, que nesta xornada perdían de forma matemática a categoría, aproveitaron o regalo e puxeronse por diante no marcador.

O cadro dirixido por Cabanas, en vez de virse abaixo, sacou casta e en 10 minutos deronlle a volta o marcador con goles de Álex e Dani; Dani puido subir o terceiro o marcador pero o xuez seguía sen impartir xustiza e anulaba un gol a Dani por un fora de xogo inexistente. Pero nun saque de falta de Quesada, que volvía ó equipo, Pigueiras adiantabase o porteiro e establecía ca cabeza o terceiro gol. Co resultado de 1 gol a 3 chegabase o descaso e ca sensación de que a renta podía ser maior.
Na segunda metade os rojillos sairon a conservar a ventaxa e dispuxeron de perigosas contras, pero os primeiros en conseguir gol serían os locais que conseguían perforar a meta visitante despois dunha mala saída de Guillermo. Este gol levaba a incertidumbre o resultado e os primeiros nervos o cadro de Boavista. Pero pouco despois, Pigueiras anotaba o seu segundo gol a saída dun córner e con el volvía a tranquilidade. O quinto puido vir en moitas contras pero unhas veces a falta de tino e outras a multitude de fóra de xogo sinaladas atrasaban o tanto ata que Álex nunha gran xogada persoal establecía o marcador definitivo.






No hay comentarios: