A Unión Deportiva Folgueiro saíu derrotada do enfrontamento correspondente á vixesimo sexta xornada de liga que o enfrontaba o Bonxe Clube de Fútbol.
O cadro local saltou o campo a por todas dende o primeiro minuto de xogo e dispuxo de numerosas ocasións de gol durante a primeira parte, pero a falta de acerto cara o gol negou ese tanto que dera ventaxa o cadro local. E cando máis estaban a atacar os locais, unha perda de balón no centro do campo orixinou unha contra que remataría co primeiro gol visitante. Co resultado de 0 a 1 chegaríase o descanso.
Na segunda metade o cadro de Boavista atacou con máis corazón que cabeza, a ocasión máis clara sería un remate de Pedro que se marchou fora por pouco. Despois chegaría a xogada desgraciada do partido, ataque visitante, Cristian fai falta, o que lle supón a vermella directa, no saque de falta sen aparente perigo o sol xogalle unha mala pasada a Guillermo que non pode atallar e deixa o esférico franco para que o dianteiro suba o segundo tanto. A partir de ahí os visitantes puideron aumentar a renta, xa que dispuxeron de numerosas contras.
No hay comentarios:
Publicar un comentario