lunes, 26 de noviembre de 2007

HAT-TRICK DE BORJA ANTES DA SESTA

UDFolgueiro vence o Abadín por 3 goles a 1 no partido disputado na tarde do domingo no campo de Boavista, que por certo a pesar da baixas temperatras presentou unha aceptable presenza de afeccioados.

A película do partido xa a describe o titular na nova, xa que o cadro local xa tiña no seu marcador os tres goles os dez minutos de partido, e os tres marcados polo mesmo xogador, Borja, que neste partido se mostrou moi eficaz e nas tres primeiras ocasións das que dispuxo enviounas as redes da porta defendida por Marcos.
O conxunto vermello saíu con gañas de sentenzar o encontro nos primeiros minutos e conseguíuno o que non conquistou foi o obxectivo de incrementar a renta de goles nos minutos restantes, todo o contrario xa que a partir de ahí o cadro visitante dispuxo de varias e claras ocasións de marcar, pero unhas veces Martín e outras a falla de acerto dos dianteiros foráneos fixeron que so sumaran un gol no seu casilleiro.
A pesar da deixadez do cadro local, este dispuxo de varias ocasión para incrementar a renta, pero máis ben pola debilidade do contrario que por impulsos propios.
O Folgueiro formou con Martín, Hugo, Abraham, Pablo, Pedro, Fabían, Orlando, Borja, Dani (Diego) e Didier (Fran)
O seguinte partido será outro mundo, no que os nosos se xogarán algo máis que tres puntos ante un rival directo por lotar polos postos cabeceiros da táboa clasificatoria. Para esta visita recuperamos a Álex, Abel e Cristian; Dani que xa dispuxo duns minutos no último encontro tamén tratará de estar ó 100% para este complicado choque. Kubala seguirá ultimando a súa recuperación e Pablo será baixa por sanción, a non ser que a acta nos poida ser fallada polo comité.

lunes, 12 de noviembre de 2007

ÁLEX NON FALTA A SÚA CITA CO GOL


Álex marcou no campo de San Lorenzo de Aguiar contra o Matela o seu décimo gol do presente campeonato. Os seus goles están sendo decisivos para que o cadro que dirixe Quesada se manteña nos postos altos da clasificación. O xogador de Celeiro estará polo menos quince días sen sumar dianas debido a xornada de descanso da vindeira semana á que lle sumara outra xornada máis por ter que cumplir o seu primeiro ciclo de cartóns amarelos. Este xogador xa foi seguido o ano pasado por clubes de superior categoría, pero a súa incompatibilidade co traballo e o seu alto grado de compromiso ca camiseta vermella fan que os aficionados do Full podan disfrutar cada domingo do bo facer deste futbolista.
Nas dez xornada que van de competición só se quedou sin marcar en tres partidos (Momán, Candelaria e Cazás), fixo por partida doble contra o Codesido, Terras do Miño e San Ciprián; e anotoulle outro "chicharriño" a Sacido, Catro Roldas, Castroverde e Matela.
Esperemos que siga a súa racha goleadora, que unido o gran traballo defensivo que está a facer todo o equipo (cinco goles encaixados en dez xornadas), serán claves para competir cos equipos que se queren manter nos postos altos da clasificación.

A.D. MATELA 1 - U.D. FOLGUEIRO 1

A UDFolgueiro saca un punto na súa visita ó sempre dificil campo de Matela nun partido no que se desprazou con ta só 13 xogadores por mor das numerosas baixas.
As dimensións do campo, sobre todo no que se refire a anchura, fixeron que o fútbol brilara pola súa ausencia, moito centrocampismo e dependencia de ambolos dous conxuntos das xogadas a balón parado.
O cadro local adiantouse no marcador nun balón solto despois dun barullo nun saque de banda. Pouco despois, Álex marcaba o seu décimo gol da tempada que nos servía para acadar o empate.
O Folgueiro formou con Guillermo na portería; Pablo, Pedro e Óscar na liña defensiva; Fabián, Cristian, Abel e Diego no medio do campo; Orlando na mediapunta e Álex e Didier como homes máis avanzados.
O vindeiro fin de semana tocaranos descansar. O próximo encontro será o día 25 de novembro no Campo de Boavista contra o Abadín C.F.

jueves, 8 de noviembre de 2007

BLOG ARRANXADO

Antes de nada pedir disculpos polos problemiñas que tivemos co blog, que de momento quedaron solucionados.
Noutra orden de cousas, o equipo nestes último mes disputou cinco encontros San Ciprián, Candelaria e Cazás na casa; e Catro Roldas e Castroverde a domicilio.
No último encontro comentado neste espazo, co San Ciprián, a UDFolgueiro perdera o encontro por 2 goles a 4, pero unha aliñazón indebida do equipo visitante deu, despois do fallo da Federación, o encontro gañado ó noso equipo por 3-0.
O seguinte partido foi no campo da Canteira de Román ante o Catro Roldas, nun encontro no que o Folgueiro non fixo un bo fútbol pero marcou dous goles nos últimos dez minutos que lle serviron para conseguir tres puntos. Os autores dos goles foron Abel e Álex.
Na seguinte xornada o Candelaria visitou Boavista e levouse o partido. O cadro local non estivo atinado e non foi que de marcar nas numerosas ocasións das que dispuxo, si en cambio o fixo o Candelaria na súa única chegada.
O seguinte desprazamento foi ó Corgo para enfrentarse ó Castroverde, neste encontro o cadro de Quesada voltaría a senda da victoria despois dun partido no que dominou de dispuxo de ocasións dende o primeiro minuto colocándose moi cedo cun 0-2 no marcador, pero un gol do local Gelo os 20 minutos da segunda metade cambiou as tornas do encontro e fixo que pasaramos apuros nos últimos minutos do encontro. Álex e Orlando marcaron os goles.
E o pasado fin de semán foi o Cazás quen nos visitou, un cadro moi renovado respecto tempadas anteriores e que saiu derrotado de Boavista. Borja e Cristian firmaron os goles nun partido no que a falta de puntería evitou unha diferenza maior.
E xa mirando ó futuro, o seguinte encontro será no dificil campo de Matela, dificultade que será maior debido ás baixas. Kubala e Dani Cobo serano por lesión, Hugo causará baixa por motivos profesionais e Borjita terá que cumplir o partido de sanción. Esperemos que nos días previos o choque non se incremente o numero de baixas.

miércoles, 7 de noviembre de 2007

UN PRACER QUE ESTEA CONNOSCO: KUBALA



Para todos os menbros do clube, dende a directiva ata os xogadores pasando polos afeccionados, é todo un luxo que unha excelente persoa como Kubala xogue no noso equipo. Por eso queremos que siga moitos anos máis.


O pasado luns 5 de novembro o resto da provincia coñeceu un pouquiño máis a Kubala nunha páxina que o xornal El Progreso lle dedica.



lunes, 15 de octubre de 2007

PROBLEMAS TÉCNICOS

Lamentamos decirvos que temos uns problemas técnicos co blog, ó longo desta semán trataremos de solucionalos e estrenaremos as seccións de "ENTREVISTAS" E "HISTORIA DO CLUBE"

lunes, 8 de octubre de 2007

O CLUBE RECURRIRÁ O PARTIDO

A directiva da UDFolgueiro tomou a decisión de recurrir o encontro U.D. Folgueiro - C.D. San Ciprián pola aliñación de Aitor Campos Pedreira, que foi sancionado polo Subcomité de competición na reunión do pasado mércores 3 de outubro.

PRIMEIRA DERROTA NA CASA

U.D. FOLGUEIRO: 2 Guillermo, Hugo, Diego, Abraham, Cristian, Abel, Orlando, Oscar, Álex, Pedro e Dani. Tamén xogaron Martín e Didier.

C.D. SAN CIPRIÁN: 4 Samuel, Busi, Poceiro, Aitor, Lamelas, Nené, Paco, Chusqui, Rubén, Vili e Beto.

Crónica non dispoñible de momento. Disculpen.

miércoles, 3 de octubre de 2007

DERROTA CON POLÉMICA NO DERBI

S.D.R. SACIDO: 2 Lolo, Ladra, Sánchez, Fernando, Anxel, Luis, Adrán, Borja, Diego, Amador e Ivan. Tamén xogaron: Senin, Rumi e Manu.

U.D. FOLGUEIRO: 1 Guillermo, Pablo, Diego, Abraham, Óscar, Abel, Orlando, Pedro, Alex, Dani e Borja. Tamén xogaron: Kubala, Hugo e Didier.

GOLES: 0-1 Álex; 1-1 Diego (p.p.); 2-1 Adrán

A UDFolgueiro non foi quen de manter a súa xeira de resultados positivos no derbi ante o Sacido, partido no que algunhas decisións arbitrais unidas á rivalidade existente entre os dous contendentes voltaron o mesmo nun cóctel no que non faltou de nada.
O equipo visitante saíu en busca da victoria dende o primeiro minuto ante un rival que se limitaba a esperar. A primeira chegada de perigo foi un remate alto de volea de Dani á saída dun córner. Respondeu o Sacido cun tiro cruzado de Borja que sacou o meta visitante co pé.
O cadro de Quesada segúiu na procura do primeiro gol, e conseguiríao nun córner sacado por Pedro que Álex enviaría as mallas. Despois do primeiro gol, o cadro vermello - o domingo de branco- disputou os seus mellores minutos dispoñendo de varias chegadas de perigo das que poderíamos destacar un disparo de Pedro dende a frontal e un remate de Orlando dende dentro da área, pero en ambas Lolo estivo atinado atallando os lanzamentos.
A continuación chegaría a xogada polémica do partido, cando Fernando derriba claramenta a Dani dentro da área sen que o colexiado sinale nada, este feito enfadou e moito os numerosos aficionados do Folgueiro que se encontaban no Municipal de Viveiro. Despois desta decisión, o colexiado do encontro acabaría desquiciando os xogadores visitantes pitando continuas faltas en contra no borde da área nas que él sólo apreciaba algo.
E con algún xogador pensando aínda nas polémicas decisións arbitrais chegarían os cinco minutos que sería claves para o futuro do encontro. Primeiro nun saque de esquina que Diego peinou no primeiro pao enviando o coiro a súa propia portería levando así o empate o marcador. E pouco tempo despois noutro saque de esquina que se paseou polo medio de numerosos xogadores o balón golpea no traseiro de Adrán e colase na portería establecendo o 2-1 definitivo.
O cadro de Boavista seguíu na procura do empate pero o remate de Dani foise alto, pouco despois, de novo Dani lanzaou unha falta as máns de Lolo, para rematar a primeira parte do encontro cun centro de Orlando que de novo atrapou Lolo.
Na segunda metade, non se veu fútbol no Municipal, as continuas e meticulosas faltas pitadas polo protagonista do encontro sacaron os xogadores visitantes do encontro, si ben seguirían na busca do empate. No segundo período, tan só destacar un lanzamento de falta de Álex, que sacou Lolo de puños.
E cando máis estaba o Folgueiro a atacar o partido parouse por un choque entre o local Borja e o meta visitante que acabaría co primeiro no chan e cunha tangana entre os xogadores e aficionados. Despois de dez minutos de interrupción iniciaríase o xogo, cun Sacido encerrado no seu campo intentando saír a contra e cun Folgueiro volcado na busca do empate. A UDFolgueiro intentaba sacar centros dende as bandas pero a maioría deles eran sacados pola retagarda local. A mellor ocasión da segunda parte para o Sacido chegaría cun remate de Diego que Guillermo enviou a saque de esquina.
E mais do mesmo, ataque visitantes ante un Sacido cerrado, e outro parón, neste caso un desvanecemento do directivo local Mondelo, o que desexamos unha pronta recuperación, que tivo outros cinco minutos o partido parado. E xa na última readunación, o Folgueiro dispuxo das súas ultimas balas a balón parado, pero non foi quen de lograr o empate.
Despois de tanto parón o colexiado tan sólo descontou cinco minutos.
O seguinte partido do Folgueiro será ante o potente San Ciprián, conxunto que sólo coñece a victoria nente inicio de liga.

viernes, 28 de septiembre de 2007

martes, 25 de septiembre de 2007

SUMA E SEGUE

U.D. FOLGUEIRO: 4 Guillermo (min55. Martín), Pablo, Diego, Kubala (min50. Abraham), Óscar, Abel (min70. Fran), Orlando (min62. Fabián), Pedro, Álex, Dani (min60. Didier) e Borja.
C.D. TERRAS DO MIÑO: 0 Maseda, Suso, Marcos, Panucci, Patricio (min47. Jesús), Ángel, Ivan Redondo (min50. Carlos), Guillermo, Obarrio (min60. Lulo), Fernado e Iván Seijas.
Goles: 1-0 Dani, 2-0 Borja, 3-0 Álex, 4-0 ÁLex.
O Folgueiro conseguíu a súa segunda victoria como local no partido da terceira xornada que o medía ó Terras do Miño. O partido foi de total domiio local e incluso a renta puido ser maior.
O cadro local saleu con moitas ganas de conseguir a victoria e dende o primeiro minuto saíron a buscar a porta de Maseda, que unha vez máis evitou que o seu equipo se levara unha derrota máis amplia.
Dani adiantou o cadro vermello a saída dun córner cun lanzamento raso que se colou polo medio da morea de xogadores que ocupaban a área e despistou a Maseda que pouco puido facer.
Despois do primerio gol local, foi cando o Terras do Miño exerceu maior presión sobre a porta local, sobre todo en xogadas a balón parado, e tan só Marcos nun lanzamento dende a frontal que atallou Guillermo, puxo en apuros á defensa local.
Nun saque en longo de Guillermo que buscaba a Borja que estaba emparexado cun central, o dianteiro de Celeiro deixou as mostras da clase que lle levou a xogar na división de prata de fútbol sala, xa que o pequeno xogador local despois de deixar sentado ó defensa central e cruzou o balón ante a salida de Maseda para establecer o 2-0. A partir de ahí o Terras baixou os brazos no que restaba de primeira parte. O Folgueiro segueu atacando pero non foi quen de aumentar a renta entes do descanso.
Na segunda metade, o equipo de Rábade saiu ca intención de meter algún gol e presionaba a saída do balón, pero nun córner do cadro local, Orlando foi obxeto de penalti que transformou Álex e sentenciaba por completo o partido. Despois o equipo local controlou os ataques do equipo laranxa e saía en perigosas contras para intentar de incrementar a ventaxa, pero tan só Álex, de novo dende os 11 metros foi quen de conseuilo.
Partido no equipo local foi moi superior ó seu adversario na antesala do derbi en Viveiro contra o Sacido, nun partido no que o equipo de Quesada tentará de sacar algo positivo do Municipal de Viveiro.

miércoles, 19 de septiembre de 2007

A 2ª XORNADA NA PRENSA






PRIMEIRO PUNTO A DOMICILIO

S.D. MOMÁN: 0 Juanillo, Luis (m46. Dani), Morado, Pedro, Roberto, Raúl, Buba, Miro, David, Vila(m68. Pablo) e Puma.

U.D. FOLGUEIRO: 0 Guillermo, Pablo (m76. Fabián), Hugo, Abraham, Óscar, Abel (m70. Cristian), Orlando, Pedro, Álex, Borja e Diego(m58. Dani).
A UDFolgueiro logra o seu primeiro punto a domicilio despois dun partido moi disputado e vistoso ante un correoso Momán, nun partido no que os dous equipos buscaron o gol que lle dera o triunfo ata o último minuto do encontro.
A SD Momán saleu con moitas ganas na busca do triunfo, presionando forte no medio campo e levando o peso do partido, pero nestes primeiros compases non puxo en perigo a meta dun equipo visitante que non daba collido o ritmo de xogo por mor da moita calor que facía na tarde do domingo no Municipal da Veiga.
Foron os dous capitáns, Roberto e Óscar, os primeiros en dar o aviso á porteria contraria en dúas faltas lonxanas, primeiro Roberto, que se encontrou ca barreira e logo Óscar que disparou rozando o poste.
O cadro verde buscaba a banda de Puma, moi participativo nos primeiros compases, e a movilidade arriba de David. Mentres, o cadro visitante ía pouco a pouco facendose co control do xogo.
A primeira ocasión clara do encontro chegou nun remate da cabeza a saída dun córner de Óscar que se foi contra un defensa. Ademáis da mencionada, o cadro vermello tivo outras duas opcións en dous saques de esquina, pero os remates non encontraron a portería.
O Momán tamén se puido adiantar nun saque de banda prolongado na area, pero o posterior remate de Buba foise preto do primeiro poste.
Respostou Borja cun eslalon dende a banda dereita que rematou cun lazamento ca perna esquerda que sacou Juanillo con apuros.
E para rematar a primeira metade, a xogada polémica do encontro, cun gol anulado o cadro local por fora de xogo, o arbitro non dudou en ningún momento e invalidou o gol.
Na segunda metado foi o Folgueiro quen levou o peso do encontro tendo mais opcións de adiantarse ante un Momán que buscaba a contra.
As opcións do Folgueiro tiveron a Borja e Álex como protagonistas, na primeira Borja rouboulle o balón a un defensa na linea de fondo pero o seu posterior remate non encontrou a porteria. Álex tamén tivo a súa nun pase que recibe de Pedro pero o seu tiro encontrouse con Juanillo. Borja tivo otra ocasión, pero o seu lanzamento ca zurda foise alto por pouco.
As contras do cadro local eran moi perigosas, nunha o balón chegoulle a David, xunto con Roberto o mellor dos locales, que sacou un lanzamento dende a frontal que se colaba de non ser pola resposta do porteiro visitante que enviou o balon a córner. Noutra contra, a velocidade de David deixabao solo diante do porteiro, pero o cruce de Fabián eviotu o gol.
E nos últimos dous minutos, ambolos conxuntos tiveron as súas últimas "balas" para levarse o triunfo, primeiro David recibe de Buba dentro da area pero o seu remate vaise cerca da escadra; e logo foi Álex quen non puido controlar un pase de Orlando cando se quedaba solo diante de Juanillo.
O seguinte partido da UDFolgueiro será o domingo 23 en Boavista ante o CD Terras Do Miño, que se levou o derbi ante o Matela por 3-0.

miércoles, 12 de septiembre de 2007

1ª XORNADA, VISTAZO Á PRENSA


Na web do Narón Balompé (dispoñible na sección de enlaces), podedes ver os resumos dos partidos de equipos galegos. Sección multimedia














martes, 11 de septiembre de 2007

PRIMEIROS TRES PUNTOS

U.D. FOLGUEIRO: 2 Guillermo, Pablo (Fabián), Hugo, Abraham, Óscar, Abel, Orlando (Didier), Pedro, Álex, Borja e Diego.

CODESIDO C.F.: 0 Diego, Eloy, Javier, Angel Romero, Tomás, Jesús Angel Vázquez, Óscar, Ángel Franco, Ramón, Alfonso e Jhonathan. Tamén xogaron: Miguel, José Ramón e José Ángel.

Goles: 1-0 Álex, 2-0 Álex.

A UDFolgueiro acadou os primeiros tres puntos da tempada na xornada inaugural da competición ante o Codesido.
Os xogadores locais sairon moi metidos no partido, e adiantaronse moi rápido no marcador tras unha xogada na área de Borja que deixou hacia atrais para que Álex de forte disparo adiantara o seu equipo.
Non pasaron cinco minuntos, cando de novo álex recolle un balón solto para poñelo por encima de Diego e establecer o segundo gol.
Neses minutos o equipo vermello tocaba o balón e seguía chegando con perigo en continuas ocasións a portería visitante, a máis clara, nun remate de cabeza de Abel que saiu rozando o poste. Despois o xogo empezou a embarullarse, o Folgueiro non conseguía mover o balón e soamente chegaba a balón parado. As únicas armas do equipo visitante eran as indecisións da defensa local, e nunha desta dispuxo da súa única ocasión clara en todo o partido, cando Ángel Franco recolle un balón dentro da área, e cando estaba só diante do porteiro rematou moi froixo para que Guillermo puidera atallar.
Na segunda metade o equipo que dirixe Quesada puido subir máis goles ó marcador, incluso Pedro e Álex fallaron dous penalties, que unidos as ocasións de Diego, Borja en dúas ocasións e Didier fixeron que o marcador se quedara corto para os merecementos de uns e outros. O Codesido intentabao, poñía moitas ganas pero era incapaz de chegar con claridade a meta local.
O peor do encontro, para os dous equipos foi a actuación arbitral que non partido no que non houbo excesivo xogo duro mostrou numerosas tarxetas.

viernes, 7 de septiembre de 2007

A UD FOLGUEIRO VENCE NO ÚLTIMO TEST DE PRETEMPADA

O Folgueiro impuxose ó Viveiro CF Xuvenil no último encontro de pretempada disputado na tarde-noite de onte no Municipal de Viveiro.
Borja, Cristian, Pedro e Álex foron os autores dos goles do equipo visitante que ademáis se mostrou forte en defensa e non encaixou ningún gol.
O vindeiro domingo comeza a liga, e este tipo de partidos servenlle a Quesada para ir definindo o seu once.

lunes, 3 de septiembre de 2007

FÚTBOL, OCASIÓNS...PERO SIN GOLES

U.D. FOLGUEIRO: 0 Martín, Fran (Abel), Hugo, Abraham, Kubala, Óscar, Fabián (Orlando), Borjita, Álex, Pedro e Dani.

N.R. GALDO: 2 Luis, Eijo (Edu), Quico (Rafa), Popi, Castiñeiras (Pancho), Pardi (Chefo), Castiñeiras (Manolito), Fran, Castilla, Paguato (Adrián)

Goles: 0-1 Edu; 0-2 Adrián

A UDFolgueiro desaproveitou múltiples ocasións de gol ante o Galdo, que marcou dous goles en poucas máis ocasións de gol.

O encontro iniciouse con un Galdo dominador do xogo, sacando neste momento do partido varios córners e faltas perigosas cara a porta de Martín. O equipo local non acababa de coller o sitio no térreo de xogo e soamente facía dano a contra.

A partir do minuto 25 da primeira metade, o porteiro visitante Luis e a falta de puntería empezaron a ser os protagonistas do choque. Nunha contra ben levada por Álex deixou a Borjita diante de Luis pero o meta aguantou ben e detivo o coiro. Novamente Borjita, despois de regatear a dous defensas quedouse só diante do gardameta visitante, pero o tiro do dianteiro saeu moi froixo e centrado.
Respondeu o Galdo cun lanzamento de Fran dende fora da área que se colaba pola escadra de non ser pola magnífica intervención de Martín que sacou o balón a córner.
Noutro ataque do cadro local, chegoulle o esférico a Hugo que remotou moi forzado o longueiro da portería do Galdo.
A segunda metade seguía co mesmo guión, o equipo local atacaba e perdoaba, pero nesta parte o Galdo sería máis efectivo xa que despois de levarse o balón, con dous rexeites incluídos, Edu quedouse en posición de disparo, e cruzou o balón para establecer o 0-1 no marcador.
Despois máis ocasións: Dani disparaba cruzado e o balón saía rozando o poste, Álex despois dunha falta sacada dende a frontal disparaba e obrigaba a Luis a envíar a córner, novamente, Dani a saída dun córner, disparaba dende a frontal e con Luis xa batido, Quico sacou o balón debaixo dos paos.
E nunha das contras o balón chegoulle a Adri para poñer o 0-2 definitivo; pero o cadro local, en vez de baixar os brazos seguiu atacando e dispuxo de novas ocasións. Dani disparou dende fora da área e o bote fixo que o balón se envenenara e Luis non puidera suxetar o balón que lle chegou a Borjita que estado só enviou o balón alto. Novamente Borjita, omnipresente en ataque, recibiu un preciso pase de Álex pero o seu remate sacouno Luis cos pés.
O Novas Raíces saía en perigosas contras ante un Folgueiro que non deixaba de atacar facendo gala a unha gran condición física. E nunha falta sacada por Dani hacia atrais, de novo Borjita disparou cruzado obrigando a Luis, o mellor so seu equipo, a facer unha gran parada, o rexeite chegoulle a Pedro que envíou o balón alto, estaba claro que o equipo de Boavista non tiña o seu día. Ata no derradeiro saque de esquina, Kubala non atinou a rematar un balón solto na área.
O Folgueiro errou numerosas ocasións, de todos os tipos, ante un rival moi efectivo.
O segunte partido da Unión será o vindeiro xoves as oito da tarde no Municipal de Viveiro, ante o Viverio C.F. Xuvenil, equipo recén ascendido á liga galega.

O FOLGUEIRO DA A TALLA EN XERMADE

S.D. XERMADE: 0 Picallo, Lucho, Santi, Campello, Set, Toni, Santi Parga, Luisma, Esteban, Cuqui e Oscarín. Tamén xogaron: Anselmo, Pablo, Piñón e Lucho.

U.D. FOLGUEIRO: 0 Guillermo, Pablo, Diego, Abraham, Óscar, Abel, Borjita, Orlando, Álex, Pedro e Dani. Tamén xogaron: Fran, Fabián, Kubala, Hugo e Cristian.

O Folgueiro saca un empate no partido amistoso celebrado no Municipal de Xermade ante o cadro local que militará na segunda autonómica.
O encontro comezou cun Xermade moi metido no encontro, presionando a saída do balón e elaborando as xogadas con moitos toques, facendo que o cadro visitante apenas saíse do seu campo.
O Folgueiro esperaba replegado os numerosos ataques dos locais, que movían e movían o balón dun lado o outro do campo, sacando numerosos centros á area da porteria defendida por Guillermo. O cadro vermello, a sábado de branco, esperaba que os seus dianteiros tentaran unha xogada aislada para poder sacar a súa defensa do borde da súa área.
O Xermade sacou moitos córners e faltas laterais que levaban moito perigo, como un que se paseou por diante da portería sen que encontrase rematador ou outro que rematou Set dende a área pequena e parou Guillermo en dous tempos. Nunha falta dende o borde da área que rozou o longueiro, Toni puido adiantar o cadro da Terra Chá.
Case acabando a primeira metade, Álex nunha xogada individual levouse a dous rivais e o seu posterior disparo deu en Campello, cando o balón se colaba, o rexeite chegoulle a Dani que disparou o lateral da rede. Con esta ocasión Chegabase ó descanso.
No intermedio, Quesada cambiou de esquema de xogo, pasando a ser o Folgueiro o total dominador da segunda metade ante un Xermade que acusaba a forte presión realizada na primeira metade.
Pedro colleu a manixa do encontro, a defensa adiantou as liñas, Dani e Orlando recibían en banda cousa que na primeira metade apenas existiu, e Álex e Borja movianse en punta creando moitos espacios. E con estes cambios, Dani en dúas ocasións, Orlando e Borjita en outras dúas, nunha delas anularonlle o gol por fora de xogo, despois dun pase atrais de Orlando, puideron adiantar o Folgueiro, pero o marcador non se moveu. Pablo tamén puido marcar para o Xermade pero o seu disparo saleu moi froixo.
Unha parte para cada equipo, o noso conxunto empeza a transmitir boas sensacións de cara o inminente comezo de liga o próximo domingo en Boavista contra o Codesido.

miércoles, 29 de agosto de 2007

O VINDEIRO FIN DE SEMÁN XOGAREMOS DOUS PARTIDOS

Fin de semán con dous encontros:

O sábado 1 de setembro desplazarémonos ó Municipal de Xermade para enfrentarnos o cadro desa localidade que milita no grupo sexto de segunda autonómica. Un dos equipos punteiros da categoría que alcanzou a final na última edición da Copa Deputación. Este enfrontamento será as seis e media da tarde.

E o domingo xogaremos un partido, ainda que sexa amistoso, de máxima rivalidade ante os nosos veciños de Galdo, equipo recén ascendido á segunda autonómica. Para máis datos pincha sobre o cartel.

viernes, 24 de agosto de 2007

UD FOLGUEIRO 2 - SD CAÑOLES 1

U.D. Folgueiro: Guillermo, Pablo (Kubala), Hugo, Óscar, Abraham, Abel, Orlando, Borjita, Dani, Cristian (Álex) e Pedro.

S.D. Cañoles: Soto, Dido (Dani), Borja, Adrián, Diego Mañón, Enrique, Choco, Pernas (Rodro), Jorge, Emilio e Diego.

Goles: 1-0 Orlando, 2-0 Álex, 2-1 Emilio.

O Folgueiro vence pola mínima no partido de adestramento disputado onte en Boavista, nun partido no que o equipo local foi de máis a menos ante un Cañoles que buscou o empate nos últimos minutos de encontro.
O choque comezou cun Folgueiro que quería lavar a cara do seu último encontro no campo de Esteiro, e cun cadro visitante mostrando as mesmas armas que no anterior choque, equipo ben colocado a espera de coller unha contra e cunha defensa presionando para buscar o fora de xogo.
O xogo transcurría en campo coruñés, no que o equipo adestrado por Quesada movía o balón buscando a entrada polas bandas de Dani e Borjita, sacando neste inicio varias faltas e córners que levanban o perigo a meta defendida por Soto.
Nun dos ataques do cadro visitante, Jorge recolle un balón solto na área e bate a Guillermo, pero o tanto e anulado por fora de xogo ante as protestas dos xogadores amarillos. O encontro seguía co mesmo guión do principio, cun Folgueiro rondando a area do equipo de Barqueiro, ata que Orlando despois de regaear a un defensa puxo o balón en donde non podía chegar Soto para establecer o 1-0 no marcador.
A partir de ahí, acabouse o fútbol, xa que as continuas faltas, interrupcións e o xogo aéreo voltaron o partido bronco e con continuas protestas.
A segunda metade transcurriu como os últimos minutos da primeira, deixando todo a expensas do balón parado ou de algún rechace. Nesta segunda metade, o equipo adestrado por Blanco adiantou as súas liñas para buscar o empate, cousa que aproveitaba o cadro vermello para sair en perigosas contras, ata que nunha delas, Álex, que entrara no descanso, foi derribado dentro da area, señalando o colexiado penalti. Pedro lanzou o penalti, pero Soto nunha gran parada enviou o balón a córner.
O cadro local creou varias ocasións na segunda metade, pero unhas veces o porteiro e outras a falla de puntería facían que a diferencia non se incrementase. E nunha das numerosas faltas que houbo, Óscar saca unha falta ó corazón da area que foi rematada por Álex para subir o segundo gol ó marcador.
O cadro visitante aumentaba o seu dominio, traducido no saque de varios córners e faltas, nos que buscaba conquerir algún gol, ata que un mal despexe da defensa local foi recollido por Emilio no borde da área para establecer o definitivo 2-1. Choco con un tiro dende fora da área puido conseguir o empate pero o lanzamento foi despexado polo porteiro local.
Os partidos da UDFolgueiro seguirán por partida dobre no primeiro fin de semana do mes de setembro, onde o día 1 visitará ó Xermade e o día 2 recibirá ó Galdo, ambos partidos disputaránse as seis da tarde.
Desexar á S.D. Cañoles sorte para a tempada e a todos os aficionados e compoñentes do clube unhas boas festas de Naseiro.

jueves, 23 de agosto de 2007

lunes, 20 de agosto de 2007

PRIMEIRO AVISO

S.D. CAÑOLES: Soto, Dido, Borja, Miguel, Diego Mañón, Enrique, Alberto, Pernas, Jorge, Emilio e Diego. Tamén xogaron Eric, Rodro, Choco, Dani.

U.D. FOLGUEIRO: Martín, Pablo, Hugo, Kubala (Abel), Óscar (Diego), Abraham, Borjita, Pedro, Álex, Dani e Zidane (Fran)

Goles: 0-1 Pedro, 1-1 Diego, 2-1 Emilio, 3-1 Diego, 4-1 Diego, 5-1 Choco, 5-2 Álex, 5-3 Abel.

O Cañoles deu o primeiro aviso da tempada ó Folgueiro vecendo por 5-3 nun partido nos que os locales estuveron máis frescos de pernas e tiveron máis gañas de vencer o encontro. Tamén decir que foi un partido no que Quesada fixo moitas probas de xogadores que actuaron en postos nos que no soen facer habitualmente.
O partido empezou sen un dominador claro, no que o equipo local puxo a súa liña defensiva moi adiantada e presionaba a saída do balón a un Folgueiro que non tocaba o coiro coma nos partidos anteriores, a pesar de ser un rival da mesma categoría que a nosa. Pedro, o creador do xogo vermello, non entraba en xogo; tanto os centrais como os laterais non se encontraban cómodos cos balóns nos pés; e ós interiores chegabanlles poucos balóns para poder desbordar e sacar centros.
A pesar do citado anteriormente, o Folgueiro conseguiu poñerse por diante no marcador cun penalti transformado por Pedro. Pero a partir de ahí o cadro visitante desapareceu do térreo de xogo e o Cañoles, a pesar de non facer un bó futbol, comenzaba a crear moitos problemas a zaga vermella, na que Óscar e Kubala eran desbordados unha e outra vez polo dianteiro Diego, que unha vez máis, esta con tres goles, demostrou que é a referencia ofensiva do seu equipo.
O Cañoles empatou o partido tras aproveitar o citado Diego unha mala cesión de Pablo a Martín, o dianterio amarelo quedouse só diante do porteiro e tras regatealo mandou o balón as mallas.
Ainda non pasaran dous minutos, cando outra vez Diego deixaba en evidencia os centrales visitantes, e despois de facer varios regates enviou un centro a Emilio para que este puxera o 2-1 no marcador.
A vagaxe do Folgueiro nestes minutos limitabase as xogadas a balón parado pero que en ningún momento sorprendían a un sempre atento Soto.
A segunda metade iniciouse con cambios no cadro visitante, no que Quesada deixou na ducha os dous centrais, Óscar e Kubala, e puxo nesa posición a Hugo e Abraham, entrando Diego no lateral esquerdo e Abel de mediocentro. Os visitantes adiantaron a defensa e intentaban remontar o partido, pero a falla de presión no mediocampo facían que o Cañoles buscase en longo as tres "balas" que tiña máis adiantadas, xa que Diego, Jorge e Rodro volvían loca a zaga visitante. E en dous deses balóns longos o equipo local conseguiu aumentar a ventaxa con outros dous goles de Diego, un dende os once metros e outro despois de regatear ó porteiro visitante Martín. Nese momento sólo existía un equipo sobre o campo, un Cañoles que sabía ó que xogaba empezaba a tocar o balón ante un cadro visitante que non foi a sombra do de partidos anteriores.
Choco nunha falta dende 25 metros puxo o quinto gol no marcador que empezaba xa a pesar nunhos xogadores visitantes que nos últimos minutos tiraron de orgullo para intentar reducir a diferencia no marcador ata poñela no 5-3 definitivo con goles de Álex de penalti e Abel tras rematar un córner.
Bojita, ex-xogador do Porto de Celeiro debutou ca camiseta da UDFolgueiro, sendo un dos mellores do cadro entrenado por Quesada que acabou o encontro moi enfadado coa actitude dos seus pupilos.
O próximo encontro da UDFolgueiro será o xoves día 23 as oito e media da tarde no campo de Boavista outra vez contra o Cañoles.

jueves, 16 de agosto de 2007

O TROFEO DAS FESTAS QUEDASE NA CASA

U.D. Folgueiro: Guillermo, Pablo, Diego (Hugo), Óscar (Abraham), Kubala (Fran), Abel, Orlando, Pedro, Álex, Dani e Zidane (Martín)

U.D. Xove Lago: Eloy, Álex, Cholo, Trigo, Mutiu, Felipe, Paquito, Pigueiras, Montero, Anxo e Bouza. Tamen xogaron: Marco, Catanha e Carlos.

Goles: 0-1 (Pigueiras), 1-1 (Pedro)

Penalties: Anxo (gol), Álex (gol), Felipe (gol), Pedro (gol), Álex (o largueiro), Abraham (fora), Pigueiras (gol), Abel (fora), Catanha (para Guillermo), Orlando (gol), Marco (para Guillermo) e Dani (gol).

A tantas veces fatídica tanda de penalties, esta vez sonrieu a UDFolgueiro para quedarse co trofeo das Festas de Nosa Señora 2007.

O encontro comezou cun cadro local que tentaba sair co balón xogado dende atrais, e cun Xove que presionaba moi ben a saída do balón facendo gala a súa mellor condición física. Os dous equipos non daban un balón por perdido, e cada xogada a balón parado convertíase nunha guerra para intentar coller a posición.
O primeiro gol do encontro chegou nun saque de banda de Álex que prolongou Bouza e tras unha serie de rechaces dentro da área o esférico chegoulle a Pigueiras que non tuvo máis que empuxar o coiro.
O gol deulle alas ó equipo visitante, que comezou a tocar ben o balón e en defensa roubaba balóns en zoas perigosas que lle permitían chegar con facilidade a porta de Guillermo. Os xogadores locais déronse conta deste perigo e deixaron de complicarse en zoas cercanas a súa área. Nesta fase de xogo lesionouse o capitán local Óscar que esperemos que sólo fose victima das intensas sesións de adestramentos, o que deu paso ó debut de Abraham ca camiseta da Unión.
O Xove tivo tres ou catro xogadas a balón parado nas que levou moito perigo á porta local, incluso o xogador verde Anxo quedouse só diante de Guillermo e despois de regatear a este quedouse sen ángulo e o posterior remate foise o pau.
Esta ocasión parece que despertou o cadro local, que a partir de ahí comezou a trazar boas xogadas de ataque a partir dun Abel que se cansou de roubar balóns no medio do campo, Pedro tocaba e tocaba o balón entre lineas e servía balóns as bandas onde Dani e Orlando sacaban centros moi perigosos á portería de Eloy.
Froito desa forte presión, Dani rouboulle o balón a Alex e foise cara a portería sendo derribado por Mutiu no borde da área dando lugar a unha falta moi perigosa, Álex lanzou a falta de forma envenenada o sitio que ocupaba Eloy, este rexeitou con apuros Dani colleu o rechace e meteu o balón de novo na área pequena onde estaba Pedro para poñer o empate no marcador.
O equipo local seguía tocando e levando perigo, feito que agradecían os afeccioados que cada vez se senten máis identificados co equipo.
Na segunda metade, o encontro volveuse soso cos cambios e os dous equipos sólo creaban perigo a balón parado, moito centrocampismo e sólo reseñar unha ocasión de Catanha que se encontrou cun balón dentro da área regateou o porteiro e o seu pase atrais foi quitado pola defensa local. A afección local tomouna co arbitro, que a falta de tres minutos non pitou un clarísimo penalti a Pedro.
O encontro tocou o fin e quedaba todo a expensas dos lanzamentos de 11 metros, nos que o equipo local estivo máis acertado.
Novo encontro ante un rival de superior categoría no que equipo local deu a cara cunha defensa moi acertada e cun ataque que saca os aplausos dos afeccioados en moitas ocasións.
O seguinte encontro da UDFolgueiro será o vindeiro domingo 19 de agosto as sete da tarde no campo de Esteiro ante a SD Cañoles.

NOVA FICHAXE: ABRAHAM

O xogador de Celeiro, Abraham, pasa a ser a nova fichaxe da UDFolgueiro. Despois de levar varios días entrenando co resto do plantel, o entrenador vermello decide que pase a formar parte do equipo.
Abraham xa disputou o trofeo das festas contra a UD Xove Lago no que rindeu dunha forma moi aceptable.

lunes, 13 de agosto de 2007

2000 VISITAS NUN MES!!!

O Blog da UDFolgueiro tivo 2000 visitas dende a súa creación, esperemos que sirva de información e apoio a todos os socios e afeccionados da UDFolgueiro.
Gracias a todos.

O VIVEIRO C.F. GANA O TROFEO "CONCELLO DE O VICEDO"

O Viveiro C.F. fixose coa segunda edición do trofeo "Concello de O Vicedo" tras conseguir catro dos seis puntos posibles. O clube local foi segundo por diante da S.D. Burela que sólo logrou un punto.

S.D. Burela: Chochu, Marcos, Julio, Álvaro, Abel, Raúl, Rodrigo, Barcia, Pipe, Óscar e Piru.
U.D. Folgueiro: Martín, Fran, Diego, Kubala, Óscar, Abel, Orlando, Martín II, Álex, Pedro e Fabián.

O torneo comezou co enfrontamento entre o clube local e cadro bureles, que rematou co resultado inicial. O Burela levou a iniciativa en todo momento ante o Folgueiro, que se mostrou ben colocado sobre o térreo de xogo e buscando a contra. A medida que avanzaban os minutos o Burela chegaba con máis claridade a porta local, pero unhas veces a falta de definición e outras o porteiro local Martín facían que o cadro verde non se adiantara no marcador. Rodrigo tivo a ocasión máis clara do equipo da Marosa con un penalti que parou Martín. A falta de poucos minutos para o remate do encontro, Pedro e Álex trenzaron unha contra que Orlando non chegou por moi pouco, cando os aficionados locales xa cantaban o gol. En definitiva un punto para cada equipo, e os dous equipos con opción á victoria á falta do enfrontamento co Viveiro C.F.
Viveiro C.F.: Kiko, René, Álvaro, Shuster, Adan, Breijo, Xusto, Pablo Lago, Aurelio, Abraham e Kiko Rey.
S.D. Burela: Borja, Juan, Julio, Óscar, Abel, Rául, Óscar, Piru, Rodrigo, Diego Hermida y Dani.
Partido entre os dous cadros de preferente autonómica no que o Viveiro C.F. se encontrou máis fino ante un Burela con pouca circulación no centro do campo. O cadro celeste saiu máis enchufado e adiantouse no marcador tras un falta sacada por Aurelio a un dos valores máis firmes da escadra do Landro, a cabeza de Kiko Rey, que convirteu en gol tras quedarse sólo no segundo pau. O Burela buscaba en balóns largos a Dani para que intentará tocar para o rápido Hermida, pero a defensa vivariense semre acabou anticipándose os atacantes, O Burela sólo creou perigo e centros de Piru e nun servicio de Hermida a Rodrigo que lle collera a espalda a Adam, pero o xogador verde non logrou controlar. Máis tarde chegou o regalo do torneo, cando Aurelio veu recibir o balón a posición do dez e logo de dous regates hacia o medio do campo levantou a cabeza e puxo o coiro na escadra esquerda de Borja que pouco puido facer. Abraham e Pablo lago puideron aumentar o marcador pero non logaron atinar ca porta.
Viveiro C.F.: Kiko, René, Álvaro, Xusto, Adam, Moyá, Iago, Edi, Abraham, Javi Pedreira e Erni. Tamén xogaron: Shuster, Breijo, Aurelio, Pablo Lago e Jose.
U.D. Folgueiro: Guillermo, Hugo, Diego, Cristian, Óscar, Abel, Pedro, Pablo, Dani, Álex e Zidane. Tamén xogou Orlando.
E chegaba o encontro no que se decidía o trofeo, con un Folgueiro cerrado esperando unha contra e o Viveiro atacando en busca dunha nova victoria. Nada máis empezar o encontro, Edi puido adiantar o cadro visitante, pero o seu remate quitouno o porteiro local. O encontro seguiu con un Viveiro que non facia una ataque moi vertical, este feito aproveitouno o cadro de Boavista para encontrarse cada vez máis cómodo sobre o campo. Os balóns largos eran a única arma que aproveitaron os locais para intentar perforar a portería celeste. O Viveiro realizou unha serie de cambios que lle deron máis empuxe e dispuxo de duas novas ocasións, con un remate de cabeza de Aurelio e un disparo a bocaxarro de Edi, o único xogador que mostrou profundidade, que atallou Guillermo. E quedando moi pouco tempo para o remate, Álex recibeu un balón no vertice da área, e despois de regatear a un defensa puxo o balón no pau contrario, ó que respondeu Jose, que sustituiu a Kiko con unha man providencial, o rechace quedoulle a Zidane pero xa case sen ángulo foi incapaz de enviar o balón a rede. Ese gol daríalle o triunfo o cadro local que se mostrou cas ideas moi claras e fixo que os seus aficionados se foran contentos para a casa.
O seguinte encontro da UDFolgueiro será o vindeiro mércores no campo de Boavista ante a U.D. Xove Lago, co trofeo das festas en xogo. O partido será as sete da tarde con entrada gratuíta.

martes, 7 de agosto de 2007

PRESENTACIÓN DO 2º TROFEO CONCELLO DE O VICEDO


Foi presentado o 2º Trofeo Concello de O Vicedo no Concello que se disputará o vindeiro 11 de agosto no campo de Boavista, coa presenza do Alcalde Jesús Novo, os presidentes dos dous clubes invitados - S.D. Burela e Viveiro C.F.- e o directivo e alma mater da UDFolgueiro, Domingo González.


Dende a UDFolgueiro agradecer a presenza desinteresada dos presidentes de ambos clubes, Domingo González polo equipo da cidade do Landro e Rubén Blanco do cadro burelés.


O Cartel deste segundo "Concello de O Vicedo" presenta ós dous clubes que representarán ó fútbol mariñán na rexional autonómica, asi como o clube local, que participará un ano máis na terceira autonómica.


O Viveiro C.F. fai nesta tempada que está a punto de iniciarse, unha forte aposta pola xente da casa, intentado así ilusionar e encher de afeccioados o campo de Cantarrana. Seguro que será un dos equipos que loitará polos postos altos da clasificación.


A S.D. Burela intentará non pasar os apuros da pasada tempada, e renovou o seu plantel con futbolistas contrastados no fútbol da zona. Vai ser un equipo que lle dará moitos sustos ós equipos punteiros da categoría.


Por outro lado, máis modesto, camiñará a UDFolgueiro, que intentará da man de Quesada seguir medrando como clube.


Ás 18:30 comenzará o torneo coa disputa do encontro S.D. Burela - U.D. Folgueiro, no que o equipo local intentará dar a sorpresa ante o equipo dirixido por Javi López, o cal gañou o torneo o ano pasado ás ordes do C.D. Foz.


Unha hora máis tarde será o prato forte, os dous equipos de preferente enfrentaranse nun derbi de moita rivalidade, e a pesar de que é un encontro amistoso, nigún dos dous vai dar o brazo a torcer.


E para rematar, as 8:30 da tarde, entrará outra vez en escena o cadro local, que tratará de repetir, polo menos, o empate do ano pasado ante o Viveiro C.F.


A UDFolgueiro agradece a participación desinteresada de ambos clubes.


martes, 31 de julio de 2007

O MARATÓN NA PRENSA






















Podes ver os artículos dos dous xornais de A Mariña sobre Maratón de Futbol Sala.

CALENDARIO PRETEMPADA



Pincha sobre o cadro para ver os partidos de pretempada da UDFolgueiro

lunes, 30 de julio de 2007

O 9 DE SETEMBRO COMEZA A LIGA

Despois da reunión celebrada o pasado xoves 26 de xullo en Lugo, acordouse que la liga comezase o 9 de setembro.

Dende a directiva pensábamos que se iniciario o 16 de setembro, por este motivo temos que cambiar algún partido amistoso.

En canto nos chegue o calendario definitivo, poñeremolo no blog.

viernes, 27 de julio de 2007

MARATÓN DE FÚTBOL-7 O VICEDO


¡Qué gane o mellor!

lunes, 23 de julio de 2007

DIA DA PRESENTACIÓN

Como xa foi posto no blog, o día da presentación será o sábado 4 de agosto ás 8 da tarde.

Ese día os socios e seguidores poderán ver as novas caras do plantel (Pedro Rouco, Pablo Gueimunde, Orlando e Juan Carlos, Asi como o novo adestrador, Quesada).

A directiva presentará os novos xogadores ós seus compañeiros, entregará a roupa de adestrar (dúas camisetas, un pantalón corto, medias e unha sudadeira) e pedirá ó plantel un compromiso de seriedade para afrontar a nova campaña con toda a ilusión posible para poder cumplir os obxetivos.

Poñerá todo o peso da parcela deportiva nas máns de Quesada, para que sea este o que tome todo tipo de decisións no aspecto deportivo e disciplinario.

Despois presentación ó publico, con sesión de fotos (así poderemos facer un espazo no blog cunha ficha de cada xogador).

Para finalizar, unha leve sesión de adestramento.

Despois haberá unha comiola no bar, entre sardiñas e churrasco andará a cousa.

viernes, 20 de julio de 2007

O plantel vai collendo forma

A falta dos últimos retoques, o plantel da UDFolgueiro xa vai collendo forma, de momento está formado por 20 xogadores, que a diferencia do ano pasado, van ter que loitar moito entre eles para conseguir a titularidade.

Porteiros: Martín e Guillermo
Defensas: Hugo, Kubala, Óscar, Piki, Fran e Galli.
Medios: Orlando, Fabián, Abel, Pedro, Dani Cobo, Pablo Gueimunde, Martín e Cristian.
Dianteiros: Alex, Pedro Rouco, Juan Carlos e Didier.

Antes do comezo da liga, a directiva intentará facer novas incorporacións, especialmente un central e un xogador zurdo; si ben, se chega un xogador que poida reforzar o equipo en calquera outra posición será benvido.

miércoles, 18 de julio de 2007

O DÍA 4 DE AGOSTO EMPEZAMOS

O sábado 4 de agosto será o día da presentación.
Presentaránse os novos xogadores, faránse as fotos e entregaráse a roupa de adestrar.
Despois faremos unha pinchada no campo.

No caso de que se faiga o maratón de Landrove, a presentación será o día 3.

CUARTA FICHAXE

Juan Carlos convertese na cuarta fichaxe de cara a vindeira tempada.
Despois de estar moitos anos na UDFolgueiro, fai dous anos fichou polo Galdo e o ano pasado estuvo inactivo debido a unha lesión que arrastraba do ano anterior.
É un xogador que domina o xogo aéreo.

Con esta incorporación a plantilla de xogadores ascende a 18 xogadores, e só faltan dúas pezas para cerrar a mesma cos 20 xogadores que pide o adestrador para poder afrontar as esixencias dunha tempada moi larga.

lunes, 16 de julio de 2007

A LOTERÍA DE NADAL XA ESTÁ A VENTA

A Lotería de Nadal da UDFolgueiro xa está a venta dende a semana pasada, este ano xogamos ó número 59.642. Esperemos ter máis sorte que en anos anteriores.

Sorte a todos.

A SD Ourol non competirá a vindeira tempada



A SD Ourol non competirá a vindeira tempada no grupo 13 de terceira rexional. Según explican os seus directivos, os problemas nas súas intalacións, que xa veñen de tempos atrais, son a causa desta decisión.


Dende a UD Folgueiro queremos mandarlles unha mensaxe de ánimo os nosos amigos de Ourol, e esperemos que na tempada 2008-2009 podamos disfrutar da súa compañía nos terreos de xogo

viernes, 13 de julio de 2007

PARTIDOS DE PRETEMPORADA


Primeiros fichaxes

As primeiras fichaxes da UDFolgueiro cara a tempada 2007-2008 son Pablo Gueimunde, Pedrito Zidane e Orlando.

Pablo Gueimunde xa levaba uns anos sen xogar en ningún equipo federado, se ben antes fixerao tanto nas categorías inferiores do Viveiro como no Muras. É un xogador que se adapta a varias posicións do sistema de xogo.

Zidane levaba un ano sen estar federado, anteriormente xogou no sacido e nas categorías do Viveiro e do Xove Lago, equipo co que chegou a debutar en terceira división. A súa posición no campo é a de dianteiro.

Orlando, depois de xogar varios anos no Cañoles e no San Ciprián chega ó Folgueiro, é unha fichaxe que a directiva levaba varios anos tentando facer. Pode actuar en posición no mediocampo.

Quesada será o adestrador

A xunta directiva da Unión Deportiva Folgueiro chegou a un acordo con José Julio Fernández Quesada, concido no mundo do fútbol como Quesada, para que tome a dirección deportiva do equipo na tempada 2007-2008.
A dilatada traxectoria como xogador en clubes de superior categoría como poden ser o Viveiro e o Burela, entre outros, pode ser un factor importante para que o novo adestrador poida transmitir os seus coñecementes a un plantel que conta con moitos rapaces con ganas de mellorar.
Con esta incorporación, a xunta directiva, busca que o equipo loite polos postos altos da táboa, se ben, non se marca outro obxetivo que non sexa seguir medrando como clube.

MARATON DE FUTBOL 7 EN O VICEDO




A UNION DEPORTIVA FOLGUEIRO ORGANIZA NO CAMPO MUNICIPAL DE O VICEDO UN MARATON DE FUTBOL 7 OS DÍAS 28 E 29 DE XULLO