martes, 9 de diciembre de 2008

MONDOÑEDO C.F. 1 - 1 U.D. FOLGUEIRO

Domingo, 7 de decembro de 2008. Municipal Viñas da Veiga (Mondoñedo).
Arbitro: Francisco García
Goles: 1-0 min 60 Jacobo; 1-1 min 89 Pedro.
Crónica: Un gol no último minuto do encontro deu un punto a Unión Deportiva Folgueiro na súa visita o campo mindoniense de Viñas da Veiga.
O encontro empezou con dominio parexo, con dous conxuntos que se preocupaban máis de defender que de atacar. A primeira ocasión clara do choque foi do celeste Borja, que despois de quedarse só diante de Guillermo, este sacou o seu remate co pé. O conxunto de Moncho Cabanas acercouse en dous saques de esquina que Dani cerrou o primeiro pao e que ámbolos dous foron sacados polo meta Roberto con apuros. Mentres o cadro da cidade episcopal só se acercaba en balóns colgados ó area que en ningún momento poñían en apuros á defensa capitaneada por Óscar e Cristian, o cadro vermello saía en perigosas contras buscando a velocidade de Catanha. Noutro saque de falta lateral por medio de Dani, Pedro remataba de chilena alto despois de recoller o despexe da zaga local. Máis tarde, Orlando facía traballar a Roberto nun libre directo dende a frontal da área.
Xa no segundo período, o cadro de O Vicedo iríase en busca dos tres puntos adiantando as posicións das súas liñas, pero os quince minutos deste acto, despois dunha pérdida no centro do campo, Jacobo colleu a desfensa descolocada e despois de regatear a Cristian poñía o balón nas redes para adiantar o seu equipo no marcador. Despois do gol, o cadro mindoniense atrasou as súas liñas para defender a renta e así poder saír a contra. O Folgueiro máis que nunca buscou o gol, e puido conseguilo en sendas ocasións de Catanha, do xuvenil Luis -que debutaba co cadro vermello- despois dun barullo no área, nun remate de tacón de Pedro a saída dun saque de esquina e mesmo nunha volea de Cristián que o meta local non foi quen de atallar e saíu a escasos centímetros do poste. En pleno acoso o área local, os membros do conxunto foráneo, reclamaron un claro penalti sobre Álex que o colexiado non sinalou.
E xa cando o tempo tocaba o seu fin, no enésimo balón colgado o área, o porteiro local deixou o esférico morto para que Pedro subira o empate o marcador, e con el permitía que o seu equipo siga avantaxando nun punto o cadro titular do campo.

lunes, 1 de diciembre de 2008

U.D. FOLGUEIRO 2 - 1 C.D. GOIRIZ

Partido correspondente á xornada 12, Campo de Boavista. Comezo ás 16.15 do domingo 30 de novembro, tarde moi fría.
Na primeira metade do partido, o cadro local, consciente do valor dos tres puntos que estaban en xogo, saíu con gañas de poñer o resultado ó seu favor antes do remate deste período.
A primeira ocasión clara foi obra de Catanha, nunha xogada individual, que provocou a súa entrada na área e que rematou cunha parada do porteiro, cando Álex estaba só para empuxar o esférico as mallas da rede visitante. A seguinte oportunidade fabricouna Dani, que driblou pola súa banda esquerda e tirou á portería ca súa perna menos boa tendo o porteiro rival dificultades para atallar o balón, acabando este nos pés de Álex e obrigou ó meta a facer unha boa parada logo de recoller o rexeite. Por outro lado, o Goiriz quería pero non podía fabricar claras ocasións de gol xa que o mediocampo local estaba moi ben situado no terreo de xogo. Cando transcurría o minuto 32 desta primeira metade, Orlando que recibiu un pase de Álex, sacou un disparo na área que rexeitou nun defensa e o mesmo dianteiro que protagonizara a acción empurrrou o esférico para lograr o 1-0, con este tanto, Álex anotaba o seu sexto tanto esta tempada. Desta forma acabarían os primeiros 45 minutos, sen apenas ocasións polo bando visitante e clara posesión do conxunto local.
Na segunda metade, o Goiriz parecía que saia a por algo máis, xa que nada mais comezar tiveron unha ocasión que atallou Guillermo sen problemas. Os poucos minutos, o conxunto vermello protagonizou unha xogada colectiva que rematou cun remate a rentes da portería chairega. Nesta seguna parte o xogo foi un ir e vir noa dous campos, aínda que as ocasións máis claras tivoas o Folgueiro tanto a balón parado como xogada dinámica.
O encontro resultaría afectado por unha decisión do árbitro de expulsar a un xogador visitante mediada esta segunda parte. A partir de ahí o partido rompeuse dando ocasións ós dous bandos pero o Folgueiro conseguíu tomar máis vantaxe no marcador nunha xogada na que Álex deu o pase da morte a Catanha deixándoo só diante do porteiro, éste rematou a xogada cun magnífico lanzamento pegado ó pao, sendo imposible de atallar para o gardamallas do Goiriz. Co resultado a favor e xogando na casa, o Folgueiro non soubo templar o encontro dándolle oportunidades ós rivais que aproveitaron nunha falta ó borde da área e que non deu atallado o porteiro local, quedando o balón morto para que un xogador do equipo visitante lograra o seu único gol.
Ca saída ó campo de Fabián, Kubala e o debutante Brais, o Folgueiro tomou ás rendas do partido e dispuxo de ocasións para sentenciar o encontro. O marcador xa non se movería, e no minuto 94 o árbitro daba por rematado o partido.

jueves, 27 de noviembre de 2008

A EMPRESA VILLASUSO ORTEGAL COLABORARÁ CA U.D. FOLGUEIRO


A empresa Villasuso Ortegal pasará a formar parte da lista de empresas colaboradoras ca Unión Deportiva Folgueiro.

A empresa afincada en Ortigueira e dedicada a construcción e a obra pública, suministrará unhos chandals que o clube empezará a vestir a vindeira semán.

lunes, 24 de noviembre de 2008

Bonxe 1 -3 U.D. Folgueiro


Partido correspondente á xornada 11, campo de Telefunken (Bonxe).

Foi un partido moi igualado na primeira parte, con ocasións claras para os dous equipos.
Nada mais comezar o encontro, Catanha trenzaba unha xogada na que regateaba ó porteiro e logo fallaba o intentar o mesmo co último defensor, mentras Aléx esperaba sólo o pase de gol no segundo pao. Pouco despois Catanha, en xogada individual, esta vez si deu o pase o segundo pao pero quedouselle atrais a Aléx, o que dificultou moito o seu remate .
O Bonxe avisaría con dous centros dende a banda esquerda que saían desviados por moi pouco. Ata que nunha xogada pola banda dereita, despois de un mal despexe de Fabían, Mariano dende o pico da área, lanzaba un disparo forte que se colaba pola escuadra despois de que Guille tocase o balón.
Os visitantes buscaban o gol pero sen ocasións claras, ata que no derradeiro minuto da primeira parte, Dani sacaba unha falta que cando xa se colaba no marco local era peinada por Abel para establecer o empate.
Na segunda parte non houbo color, o partido foi un monólogo do Folgueiro.
Mediado o segundo acto, nunha xogada que nacía nunha falta de Catanha o seu defensor, Orlando roubaba e deixaballe o balón a Abel en banda para que centrase a Aléx, e este pasara a Pigueiras que sólo diante do porteiro era obxeto de penalti. Antes do lanzamento da pena máxima, un xogador insultou o árbitro, a expulsión era clara pero reclamaba a falta anterior. Esta xogada marcou o resto do partido porque o Bonxe estaba mais pendente do árbitro que do partido.
O penalti foi transformado por Aléx, e pouco despois o árbitro perdonaba unha clara expulsión sobre Dani.
No minuto 35, Catanha recibía un pase de Pigueiras e con dous defensores encima cruzaba o balón para establecer o derradeiro 1-3.
Mais tarde, o porteiro do cadro local ameazaba ó colexiado que cansado de perdoarlle a vermella, por protestas anteriores, acababa expulsandoo.
Na última xogada do partido, Catanha puido facer o cuarto pero o marcador xa non se movería.
Destacar a reaparición de Dani e Kubala que despois de dous meses sen xogar, víanse obrigados a facelo polo elevado número de baixas do equipo, que neste encontro presentaba 12 xogadores.

Goles:
1-0 Mariano.
1-1 Abel.
1-2 Álex, de penalti.
1-3 Catanha.

jueves, 30 de octubre de 2008

ESTAMOS EN OBRAS

Perdoen o pequeno caos no blog nestes días, estamos traballando para mellorar os servizos.

Disculpen as molestias.

martes, 19 de agosto de 2008

IBERIA C.F. 1 - U.D. FOLGUEIRO 0

O Iberia adxudicouse o trofeo do emigrante ó derrotar a UDFolgueiro por un tanto a cero.
O cadro que dirixe Moncho Cabanas lavou a mala imaxe que dera dous días antes no seu torneo, e deu en todo momento a cara ante un equipo de primeira autonómica.
Un gol de Carri a pouco do final deu o partido os de San Miguel.

O III TROFEO CONCELLO DE O VICEDO VIAXA A XOVE

A Unión Deportiva Xove Lago adxudicouse o III Trofeo Concello de O Vicedo e unese ó Viveiro C.F. e C.D. Foz como vencedores deste trofeo.
O cadro local non puido ca lóxica e caeu derrotado nos dous encontros. O primeiro ante o Clube Deportivo As Pontes de rexional preferente, por un resultado de tres a cero.
No segundo partido do torneo entre o equipo de As Pontes e o elenco xovense foi onde se deciciu o vencedor do torneo, despois da igualada a un ó longo dos 45 minutos foi o punto de penalti que levou ó cadro verde á victoria final.
O cadro que dirixe José Manuel tiña que confirmar ese empate gañando a UDFolgueiro polo mesmo marcador que o fixo o cadro pontés, e logrouno nun partido no que o cadro de Boavista estivo moi desdibuxado.

lunes, 11 de agosto de 2008

S.D.C. CABREIROS 0 - U.D. FOLGUEIRO 1

A UDFolgueiro impuxose ó Cabreiros por un tanto a cero no partido amistoso celebrado na tarde de onte no campo de a Acea.
O equipo visitante saíu ó terreo de xogo coas ideas moi claras, ben colocado e con moita seriedade defensiva pa intentar plantarlle clara o cadro local que intentaba combinar pero tan só o lograba lonxe da portería de Vitiño.
Os de Moncho Cabanas saíron con Vitiño (Guillermo), Felipe (Fran), Diego, Kubala, Cristian, Pigueiras (Abel), Óscar, Fabián (Pablo), Álex, Pedro e Dani.
O gol do cadro vermello chegou nunha boa combinación entre Pedro e Alex que culminou o primeiro cun gran remate dende fora da área.

lunes, 4 de agosto de 2008

U.D. FOLGUEIRO 1 - S.D. BURELA 1

A U.D. Folgueiro conseguiu en empate no seu primeiro partido amigable desta pretempada ante un rival de superior categoría. O encontro foi típico dos amigables veraniegos, moitas imprecisións e falta de ritmo nos dous conxuntos.
A UDFolgueiro formou con Guillermo, Fran, Diego, Kubala, Cristian, Meitín (Felipe), Óscar, Pérez (Didier), Álex, Pedro e Dani.
Nécega adiantou os visitantes no minuto 82, cando un balón despexado pola defensa local lle deu na cabeza e introduxose na portería.
Álex estableceu o empate no minuto 85 cun auténtico golazo que quitou as telarañas da portería defendida po Chochu.
No cadro de Boavista debutaron Meítin, Pérez e Felipe.

jueves, 31 de julio de 2008

DOMINGO 3 DE AGOSTO PRIMEIRO TEST DE PRETEMPADA

A UD Folgueiro enfrentase o vindeiro domingo 3 de agosto ás seis e media da tarde no campo de Boavista á S.D. Burela.

miércoles, 16 de julio de 2008

A U.D. FOLGUEIRO 2008/09 PRESENTASE ESTE VENRES

A U.D. Folgueiro abrirá a tempada 2008/2009 ca presentación do seu plantel o vindeiro venres día 18 de xullo ás 20:30 no campo de Boavista. Nela ademáis do novo adestrador, Moncho Cabanas, veránse as novas caras do cadro de xogadores para a esixente tempada que se aveciña.

Ese mismo día presentaránse as fichaxes á afección e sacaránse as típicas fotos de pretempada (individuais e colectivas).

Os xogadores recibirán do clube a roupa de adestramentos para esta tempada e conocerán da mán do adestrador o traballo da pretempada.

Despois afección e plantel disfrutarán dunha churrascada.

lunes, 7 de julio de 2008

A MASEIRA - PELOLO GAÑA O MARATÓN DE FÚTBOL

O cadro focense de A Maseira-Pelolo logra impoñerse no primeiro Maratón de Fútbol "Folgueiro" organizado este pasado fin de semán pola Unión Deportiva Folgueiro.
O equipo vencedor formado por Rubén, Martín, Juanrri, Nacho, Javi Chinchón, Canario, José, Iván Gayol, Cris, Devesa, Menotti, entre outros; venceu na final por un tanto a cero ó Xove F.C. no que militaban Bruzos, Moncho, Álvaro, Trigo, Luchi, Adam, Prosi, Antonio Rey, Fran, Vicente e Cazú.
O equipo máis deportivo foi o Aliamar Playas de O Vicedo; Simón do Alfoz Beleza Natural foi o porteiro menos goleado e Cazú do Xove F.C. con seis tantos foi o máximo goleador.
No enlace da dereita están todos os resultados deste campionato.
Dende a organización lembrarnos de Omar do Aliamar Playas que sufriu un choque con outro participante e sufre unha lesión na naríz; e de Pallu que sufreu unha grave lesión na súa perna esquerda. Dende a UDFolgueiro desexamoslle unha pronta recuperación.

viernes, 20 de junio de 2008

CONFIGURADA A 2ª AUTONÓMICA 2008/2009

Na reunión da FGF celebrada onte quedou configurada a composición do grupo sexto de segunda autonómica, no que esta encadrada a UDFolgueiro, ca novidade de 16 equipos, en vez dos 15 da tempada anterior.
Guitiriz, Cervo, Pastoricense, Xermade, Galdo, Parga,Cospeito, Mondoñedo, Alfoz, Rioaveso, Goiriz, Pol, Bonxe, Sacido, San Ciprián e Folgueiro.
Na seguinte asmblea establecerase a data de inicio da competición.

jueves, 12 de junio de 2008

A UDF ORGANIZA UN TORNEO DE FÚTBOL 11

A Unión Deportiva Folgueiro organiza un maratón de fútbol os días 5 e 6 de xullo no campo de Boavista. A cuantía dos premios sumarán 950 € repartidos da seguinte maneira; o primeiro clasificado levaráse 500€, mentres que 250 € serán para o segundo, sendo 100 € o premio que se levarán tanto o terceiro como o cuarto.
Ademais dos trofeos que se levarán os catro primeiros, tamén se repartirán galardóns ó máximo goleador, ó mellor porteiro e ó equipo máis deportivo.
Os equipos que queiran participar terán que ingresar 100 € na conta de Caixa Galicia en O Vicedo 2091 0147 81 3000024573.
Para máis información poden dirixirse os números de teléfono 696 843 741 ou 663 057 208.
A organización facilitará os participantes zonas de acampada e mesas previa petición dos interesados.

jueves, 5 de junio de 2008

RAMÓN CABANAS, NOVO ADESTRADOR


Os dirixentes da Unión Deportiva Folgueiro chegaron a un acordo no día de onte con Ramón Cabanas para que se faga responsable técnico do equipo para a vindeira tempada.

Nos seguintes días, Moncho comezará a planificar o vindeiro curso no que o clube partipará na segunda autonómica. O adestrador coñeceu da mán da directiva as renovacións do plantel, e tamén falaron de posibles fichaxes para formar un grupo que estea listo para comezar a pretempada a finais do mes de xullo.


Traballo, humildade, ilusión, gañas e respeto os compañeiros son os pilares no que se asentará o novo proxecto que dirixirá Cabanas, ex-adestrador de Cañoles, Sacido e Ourol.

jueves, 29 de mayo de 2008

TRABALLO EXTRA PARA OS DIRIXENTES

Trala marcha de Quesada do banquillo, a directiva da Unión Deportiva Folgueiro está a traballar na contratación do novo "mister" cara a tempada que entra. Nun breve prazo informaremolos das novidades que se poidan dar.

QUESADA NON SEGUIRÁ DE ADESTRADOR A TEMPADA 2008-2009



Na tarde-noite do día de onte confirmouse a non presenza de Quesada como máximo responsable técnico da Unión Deportiva Folgueiro para a próxima tempada. A directiva do Folgueiro intentou ata o último momento convencer o adestrador asturiano, pero este decidiu elexir outra oferta para adestrar outro equipo (cando Quesada ou o seu novo equipo confirmen públicamente a nova, poñeremolo neste blog). Unha vez máis, o pouco poder económico do clube, foi un impedimento para conseguir que o adestrador que acaba de ascender o equipo a segunda autonómica, seguira unha tempada máis no banquillo.
Dende o clube queremos agradecer a Quesada o seu gran traballo á fronte do equipo, culminado co ascenso; o bo facer do técnico levou a ilusión os nosos aficionados ata o último acto da tempada - a cea do 24 de maio- no que moitos deles lle deron mostra do cariño e do respeto que lle colleron durante o último ano.
Tamén queremos desexar toda a sorte do mundo na nova etapa como adestrador.

martes, 20 de mayo de 2008

A HISTORIA EN DERBIS

Con motivo do quinto aniversario da Unión Deportiva Folgueiro, a directiva quere celebrar este evento no que se reunen tres equipos veciños. O rivais foron elexidos para tamén repasar o que foron estes cinco anos de vida do conxunto local, nos que estes derbis movían xente das tres localidades para competir en busca de algo máis que tres puntos ou que dun pase a seguinte ronda.
A primeira tempada da UDFolgueiro estaba encadrada na categoría de segunda autonómica, onde tamén competía o Sacido. O primeiro encontro destes conxuntos foi no Municipal de Viveiro rematando con empate a 1 tanto. Orlando adiantaba ó Sacido e Cataña empataba para o Folgueiro. O encontro da segunda volta o Folgueiro, que loitaba por evitar o descenso impoñíase por 6-2 a un Sacido que loitaba polo cambio de categoría. Abel(2), Juan Carlos, Santi, Álex e Morán marcaban para o Folgueiro e Manu anotaba os dous tantos do Sacido. Na mesma tempada, pero esta vez na copa o Folgueiro impoñíase no partido de ida disputado en Boavista por 1 tanto anotado por Chema; e faría o mesmo na volta cun tanto anotado por Cataña.
A seguinte tempada volveu a emparexar os dous conxuntos na mesma categoría, impoñendose o Sacido en Viveiro e o Folgueiro en Boavista, o resultado da ida foi de 2-0 con goles marcados por Cholo e Manel; e o resultado da volta en Boavisto foi de 1-0 con un gol de Abel. Este ano na copa pasaría o Sacido, que en partido único disputado no Folgueiro vecía por 0-2 con goles de Manel de falta e Orlando de penalti.
A tempada 2005-2006 trouxo o descenso de categoría da UDFolgueiro, o Sacido sería rival na liga e Galdo na copa. Nesta tempada tamén o enfrontamento da 1ª volta sería en Viveiro no que non se movería o marcador. Na segunda volta en Boavista adiantabase o cadro local cun gol de penalti de David pero Amador nos últimos compases poñía o empate definitivo. A segunda eliminatoria de copa deste ano traíanos o primeiro compromiso oficial entre o Galdo e quipo vermello, o Cadro de Tras Vías eliminara na primeiro ronda o Sacido e o conxunto dirixido naquel momento por Ángel viña de eliminar a S.D. Ourol; o Galdo adiantaríase no marcador cun gol en propia meta de David e conseguiría aguantar ese resultado ata o final do encontro, a pesar de que o mesmo David errara unha máxima pena nos últimos minutos de encontro.
A tempada 2006-2007 o conxunto vermello competía en terceira autonómica, mesma categoría que o Galdo, equipo que o final conseguiría ascender a segunda autonómica. O primeiro encontro foi no campo de Tras Vías e remataría con victoria local de 2 tantos a 1. Cataña adiantaba o Galdo na primeira metade e nos últimos minutos de encontro Abel poñía o empate que parecía definitivo, pero outra vez Cataña en tempo e desconto marcaba para o Galdo. O partido de Boavista acabaría co mesmo resultado que o da primeira volta, Fabían adiantaba os vermellos, Diego en propia meta establecía o empate antes de que Dani marcara o penalti que poñía o 2-1 definitivo. A copa desta tempada tamén traería dous derbis, en primeira ronda o Folgueiro eliminaba o Sacido a doble partido, gañando por 3-1 en Boavista e perdendo por 2-1 en Viveiro, o que lle daba o pase a seguinte ronda para enfrentarse o Galdo que tamén sucumbía en Boavista por 3 a 0.
E nesta tempada que acaba de rematar, volverían os enfrentamentos ligueiros entre o Sacido e o Folgueiro, e como as tempadas anteriores o primeiro sería en Viveiro, 2-1 sería o resultado con gol de Álex que adiantaba os visitantes e goles de Diego en propia meta e Adrán que valían para que o Sacido lle dera volta o marcador. Na segunda volta o equipo de Boavista impoñíase por 3 tantos a 0. Pigueiras, Dani e Álex anotarían os goles. Este ano o derbi co Galdo sería na copa, o 2-0 da volta en Galdo con goles de Bruno e Anxo daban o pase o Galdo que no partido de ida empataba en Boavista a 1 tanto (Llamas para os visitantes e Borja para os locais)
A vindeira tempada enfronta os tres equipos en segunda autonómica.

lunes, 19 de mayo de 2008

APUNTATE XA!!!!


lunes, 12 de mayo de 2008

REMATOU A TEMPADA

N.R. GALDO: 2 Luis, Edu, Castilla, Senén, Popi, Paguato, Llamas, Fran, Chefo, Anxo e Bruno. Tamén xogaron Manolito, Fredi e Adrián

U.D. FOLGUEIRO: 0 Guillermo, Abraham, Bruno, Pablo, Cristian, Abel, Pigueiras, Quesada, Álex, Dani e Borjita. Tamen entraron Orlando, Fabián Diego e Óscar.

GOLES: 1-0 Bruno; 2-0 Anxo

viernes, 9 de mayo de 2008

PARTIDO DE VOLTA


lunes, 5 de mayo de 2008

O PASE DECIDIRASE EN GALDO

U.D. FOLGUEIRO: 1 Guillermo, Abraham, Diego, Óscar, Cristian, Abel, Fabián, Pedro, Álex, Dani e Pigueiras. Tamén xogaron Borja, Pablo e Kubala.
N.R. GALDO: 1 Luis, Senén, Castilla, Popi, Casti, Pardi, Fredi, Chefo, Llamas, Paguato e Fran. Tamén xogaron Anxo, Edu.
Goles:
0-1 Llamas
1-1 Borja

lunes, 28 de abril de 2008

A U.D. FOLGUEIRO ASCENDE A SEGUNDA AUTONÓMICA






U.D. FOLGUEIRO: 0 Guillermo, Óscar, Diego, Pedro, Cristian, Abel, Orlando (Dani), Quesada, Álex (Fabián), Pigueiras e Borja.


MEIRA F.C.: 0 Portela, Alvite, Jacobo, Jartín, Cundi, Alberto, Diego, (), Farra, Fondoi e Eladio. Tamen xogaron Cristian e Labrada.


A U.D. Folgueiro é novo equipo de segunda autonómica despois de empatar a cero goles contra o Meira F.C.
O partido foi emocionante ata o último minuto, onde os dous conxuntos deron todo o que tiñan para lograr o seu obxetivo.
O encontro estivo marcado pola gran afluencia de público.

Dende estas liñas dar a noraboa a todos os integrantes do clube, plantel, directiva, aficionados.



DEIXADE A VOSA OPINIÓN SOBRE O PARTIDO

martes, 22 de abril de 2008

lunes, 21 de abril de 2008

SAN ROMÁN 0 - FOLGUEIRO 3

SAN ROMÁN: 0 Jorge, Rafa, Alberto, (), Simón, Cándido, Adrián, Alfonso, Ramón, () e ().
FOLGUEIRO: 3 Guillermo, Pablo, Óscar, Pedro, Cristián, Abel, Orlando, Quesada, Álex, Pigueiras e Borja. Tamén xogaron: Dani, Diego, Fabián, Kubala e Fran.
Goles:
0-1 Álex
0-2 Borja
0-3 Quesada

lunes, 14 de abril de 2008

U.D. FOLGUEIRO 5 - CELTA BARREIROS 0

U.D. FOLGUEIRO: 5 Guillermo, Pablo (Óscar), Bruno, Pedro, Cristian, Abel, Orlando, Quesada (Kubala), Álex (Dani), Pigueiras (Diego) e Borja (Fabián).
Goles:
1-0 Pigueiras
2-0 Álex
3-0 Álex
4-0 Álex
5-0 Dani

lunes, 7 de abril de 2008

PRÓXIMO ADESTRAMENTO

VENRES 11 DE ABRIL ÁS 8:30 DA TARDE

ABADÍN 1 - FOLGUEIRO 5

Folgueiro: Guillermo, Abraham, Diego, Pedro, Óscar, Abel, Fabián, Quesada, Álex, Pigueiras e Borja. Tamen xogaron: Pablo, Orlando, Kubala e Fran.

Goles: 0-1 Borja, 1-2 Quesada, 1-3 Borja, 1-4 Álex, 1-5 Quesada

FOLGUEIRO 3 - MATELA 1

1-1 Quesada
2-1 Diego
3-1 Fabián

CAZÁS 3 - FOLGUEIRO 7

0-1 Álex
1-2 Orlando
1-3 Pedro
1-4 Álex
1-5 Pedro
3-6 Álex
3-7 Pigueiras

FOLGUEIRO 4 - CASTROVERDE 0

Goles: 1-0 Orlando (penalti); 2-0 Álex; 3-0 Álex; 4-0 Cristian

lunes, 24 de marzo de 2008

CAMBIO DE DÍA DE ADESTRAMENTOS

MERCORES 2 - 20:30 H.
SÁBADO 5 - 11 H.

lunes, 25 de febrero de 2008

DESCONTO FATÍDICO

S.D. CANDELARIA: 2 Xuxo, Julián, Lamelas, Laure, Marcos, Andrés, Canoura, Manu, (), Angel e Juanrri. Tamen xogaron Irimia e Bene.

U.D. FOLGUEIRO: 2 Guillermo, Abraham, Óscar, Kubala; Cristian, Pedro, Orlando, Pigueiras, Álex, Diego e Didier. Tamén xogou Fran.

Goles: 0-1 Cristian, 1-1 Ángel, 1-2 Pedro, 2-2 Andrés.

Candelaria e Folgueiro xogaron un partido entretido para o espectador que se decidiu nunhos últimos minutos frenéticos.
Cristian adiantou o Folgueiro cun gol dende o medio do campo, que sería contrarrestado polo De Ángel que poñería as táboas antes do descanso.
Pedro adiantou o cadro visitante no minuto 88 de partido, pero Andrés, a saída dun córner, estableceu o empate no minuto 92.
Unha vez máis as numerosas baixas non impediron que o cadro vermello puntuase, nun partido no que Abraham xogou moi mermado por unha lesión. Dez baixas tiña o conxunto de Boavista neste encontro.

martes, 19 de febrero de 2008

FRENAZO EN SECO

U.D. FOLGUEIRO: 0 Guillermo, Abraham, Bruno, Hugo, Kubala, Abel, Orlando, Álex, Diego (min 46 Didier) e Pigueiras
A.D. CATRO ROLDAS: 0
A UDFolgueiro non foi quen de pasar do empate ante un defensivo Catro Roldas. O cadro local, o pasado domingo moi mermado polas baixas, foi incapaz de perforar a portería defendida por Iago a pesar de ter numerosas ocasións de gol, unha vez a falta de puntería dos atacantes e outras as paradas do porteiro visitante fixeron que non se movera o marcador inicial.
Destacar a actuacións de Abel e Quesada, que xogaron coxos a totalidade do encontro; Pablo que tamén o intentou non pasou a sesión de quencemento e foi sustituído por Hugo non once.

COBRAR POR SOPLAR

ARBITRO: Francisco García Prado. Un especialista en complicar a vida os nosos xogadores, espulsou a Quesada por decirlle que deixara seguir, que dera ventaxa. Un dos moitos que é arbitro pola pasta e que sempre que nos arbitra nos jode. Non queremos que nos metan os goles, nin que nos axuden, pero si queremos que impartan xustiza. Pitou o final do partido no minuto 45 da segunda metade despois de que o Catro Roldas fixera todos os cambios e se perdera moitisimo tempo. Despois queren que os xogadores lles axudemos e a seguinte metenola ben metida. Non nos gusta queixarnos pero estamos cansos de tanta parafernalia. Pouco a pouco o fútbol estase a converter nunha empresa no que unhos poucos ademais de levar os cartos están asegurados por todos os lados, e ata algún está desexando que o agredan para estar na casa cobrando sen facer nada. Son uns enamorados dos cartos e cada vez queda máis demostrado que non lles gusta o fútbol. A veces creen que os presupostos dos equipos veñen do aire, pois non señores!!! costa moito xuntalo e en cada partido xogamonos moito, porque xogamos porque nos gusta non coma vos, e queremos estar o máis arriba posible. Os deportistas axudanse entre si, e hai arbitros que da gusto falar con eles e axudarlles, pero en especial este individuo que pitou o domingo pasado é un auténtico pesetero, e moitos de nos temos que levantarnos todos os días as sete da maña para gañar os cartos para poder vivir e incluso para poder facer deporte; e non coma outros que a fonte de ingresos empeza a correr o fin de semán cando pitan tres ou catro partidos, eso si, hai que salir o venres e o sábado, e o mellor incluso chegar sen dormir para pitar un partido sen saber o que se están xogando os dous equipos.

lunes, 11 de febrero de 2008

UN PUNTIÑO NA CASA DO LIDER

SAN CIPRIÁN: 1 Samuel, Busi, Poceiro, Aitor, Nené, Lamelas, Kowal, Paco, Toni, Beto e Poceiro. Tamen xogarón Chusqui, Ballesteros, Rebollo e Basanta.

FOLGUEIRO: 1 Guillermo, Pablo, Bruno, Pedro, Cristian, Abel, Orlando, Quesada, Álex, Dani e Pigueiras. Tamén dispuxeron de minutos Óscar, Diego e Abraham.

GOLES: 0-1 Quesada; 1-1 Aitor
ARBITRO: Jesús Martín; moi protestado polos aficionados e xogadores visitantes.

A UDFolgueiro veu con un punto da súa visita ó campo do líder, no partido que o cadro vermello ía ganando ata a falta de cinco minutos para a conclusión.

O inicio do partido foi moi igualado con chegadas as dúas áreas, e con dous conxuntos que deron todo para conseguir algo positivo. Quesada, cun golazo de falta directa, adiantou os visitantes. o dianteiro local Toni errou un penalti durante a primeira metade.

A segunda metade transcurreu no campo do Folgueiro, con continuas faltas pitadas polo colexiado, moitas delas protestadas polos visitantes, e os perigosos saques de banda de Toni, que poñía o balón na área. Pero non foi ata a falta de cinco minutos cando Aitor na saída dun córner puxo as táboas no marcador.


lunes, 4 de febrero de 2008

TRES PUNTOS VITAIS

U.D. FOLGUEIRO: 3
Guillermo, Pablo , Bruno, Pedro, Cristian, Abel, Orlando, Quesada , Álex , Dani e Pigueiras. Tamén tiveron minutos Óscar, Abraham, Diego e Kubala.

S.D.R. SACIDO: 0
Lolo, Senin, Ladra, Fernando, Angel, Félix, Luis, Borja, Rumi, Amador e Sergio. Entraron como cambios Iván, Fran e Adrán.
ARBITRO: Aitor López Chao.
GOLES: 1-0 Pigueiras; 2-0 Dani; 3-0 Álex
A UDFolgueiro conseguiu tres puntos de ouro no derbi diante dun Sacido que poñía fin a unha magnífica racha de resultados. O encotro estivo marcado polas malas condicións meteorolóxicas que fixeron que o campo de Boavista acumulase moitísima auga na súa superficie.
O cadro local saíu moi metido no partido e dende o pitido inicial foi polo partido. Un saque de banda de Bruno peinado por Álex no primeiro pao chegou a cabeza de Pigueiras que puxo o 1-0 no marcador. O equipo visitante protestou moito o gol por unha posible falta de Álex á hora de peinar o coiro, pero tamén decir, que dende o primeiro minuto protestaron todo o que pitaba o colexiado.
Os vermellos estaban ben colocados no campo e saían con perigo, así nunha subida de Pablo pola banda dereita o balón chegou a Dani para establecer o segundo gol.
Tralo descanso a tónica do partido foi a mesma, un Sacido que o intentaba pero non podía sobrepasar unha magnífica defensa local. Así nunha contra, Álex volvía a ver porta despois de varias xornadas e estableceu o 3-0 definitivo.
Dende estas liñas, a UDFolgueiro quere mostrar o seu máis sentido pésame ó adestrador do Sacido, Manolito, polo finamento da súa nai.