lunes, 26 de noviembre de 2007

HAT-TRICK DE BORJA ANTES DA SESTA

UDFolgueiro vence o Abadín por 3 goles a 1 no partido disputado na tarde do domingo no campo de Boavista, que por certo a pesar da baixas temperatras presentou unha aceptable presenza de afeccioados.

A película do partido xa a describe o titular na nova, xa que o cadro local xa tiña no seu marcador os tres goles os dez minutos de partido, e os tres marcados polo mesmo xogador, Borja, que neste partido se mostrou moi eficaz e nas tres primeiras ocasións das que dispuxo enviounas as redes da porta defendida por Marcos.
O conxunto vermello saíu con gañas de sentenzar o encontro nos primeiros minutos e conseguíuno o que non conquistou foi o obxectivo de incrementar a renta de goles nos minutos restantes, todo o contrario xa que a partir de ahí o cadro visitante dispuxo de varias e claras ocasións de marcar, pero unhas veces Martín e outras a falla de acerto dos dianteiros foráneos fixeron que so sumaran un gol no seu casilleiro.
A pesar da deixadez do cadro local, este dispuxo de varias ocasión para incrementar a renta, pero máis ben pola debilidade do contrario que por impulsos propios.
O Folgueiro formou con Martín, Hugo, Abraham, Pablo, Pedro, Fabían, Orlando, Borja, Dani (Diego) e Didier (Fran)
O seguinte partido será outro mundo, no que os nosos se xogarán algo máis que tres puntos ante un rival directo por lotar polos postos cabeceiros da táboa clasificatoria. Para esta visita recuperamos a Álex, Abel e Cristian; Dani que xa dispuxo duns minutos no último encontro tamén tratará de estar ó 100% para este complicado choque. Kubala seguirá ultimando a súa recuperación e Pablo será baixa por sanción, a non ser que a acta nos poida ser fallada polo comité.

lunes, 12 de noviembre de 2007

ÁLEX NON FALTA A SÚA CITA CO GOL


Álex marcou no campo de San Lorenzo de Aguiar contra o Matela o seu décimo gol do presente campeonato. Os seus goles están sendo decisivos para que o cadro que dirixe Quesada se manteña nos postos altos da clasificación. O xogador de Celeiro estará polo menos quince días sen sumar dianas debido a xornada de descanso da vindeira semana á que lle sumara outra xornada máis por ter que cumplir o seu primeiro ciclo de cartóns amarelos. Este xogador xa foi seguido o ano pasado por clubes de superior categoría, pero a súa incompatibilidade co traballo e o seu alto grado de compromiso ca camiseta vermella fan que os aficionados do Full podan disfrutar cada domingo do bo facer deste futbolista.
Nas dez xornada que van de competición só se quedou sin marcar en tres partidos (Momán, Candelaria e Cazás), fixo por partida doble contra o Codesido, Terras do Miño e San Ciprián; e anotoulle outro "chicharriño" a Sacido, Catro Roldas, Castroverde e Matela.
Esperemos que siga a súa racha goleadora, que unido o gran traballo defensivo que está a facer todo o equipo (cinco goles encaixados en dez xornadas), serán claves para competir cos equipos que se queren manter nos postos altos da clasificación.

A.D. MATELA 1 - U.D. FOLGUEIRO 1

A UDFolgueiro saca un punto na súa visita ó sempre dificil campo de Matela nun partido no que se desprazou con ta só 13 xogadores por mor das numerosas baixas.
As dimensións do campo, sobre todo no que se refire a anchura, fixeron que o fútbol brilara pola súa ausencia, moito centrocampismo e dependencia de ambolos dous conxuntos das xogadas a balón parado.
O cadro local adiantouse no marcador nun balón solto despois dun barullo nun saque de banda. Pouco despois, Álex marcaba o seu décimo gol da tempada que nos servía para acadar o empate.
O Folgueiro formou con Guillermo na portería; Pablo, Pedro e Óscar na liña defensiva; Fabián, Cristian, Abel e Diego no medio do campo; Orlando na mediapunta e Álex e Didier como homes máis avanzados.
O vindeiro fin de semana tocaranos descansar. O próximo encontro será o día 25 de novembro no Campo de Boavista contra o Abadín C.F.

jueves, 8 de noviembre de 2007

BLOG ARRANXADO

Antes de nada pedir disculpos polos problemiñas que tivemos co blog, que de momento quedaron solucionados.
Noutra orden de cousas, o equipo nestes último mes disputou cinco encontros San Ciprián, Candelaria e Cazás na casa; e Catro Roldas e Castroverde a domicilio.
No último encontro comentado neste espazo, co San Ciprián, a UDFolgueiro perdera o encontro por 2 goles a 4, pero unha aliñazón indebida do equipo visitante deu, despois do fallo da Federación, o encontro gañado ó noso equipo por 3-0.
O seguinte partido foi no campo da Canteira de Román ante o Catro Roldas, nun encontro no que o Folgueiro non fixo un bo fútbol pero marcou dous goles nos últimos dez minutos que lle serviron para conseguir tres puntos. Os autores dos goles foron Abel e Álex.
Na seguinte xornada o Candelaria visitou Boavista e levouse o partido. O cadro local non estivo atinado e non foi que de marcar nas numerosas ocasións das que dispuxo, si en cambio o fixo o Candelaria na súa única chegada.
O seguinte desprazamento foi ó Corgo para enfrentarse ó Castroverde, neste encontro o cadro de Quesada voltaría a senda da victoria despois dun partido no que dominou de dispuxo de ocasións dende o primeiro minuto colocándose moi cedo cun 0-2 no marcador, pero un gol do local Gelo os 20 minutos da segunda metade cambiou as tornas do encontro e fixo que pasaramos apuros nos últimos minutos do encontro. Álex e Orlando marcaron os goles.
E o pasado fin de semán foi o Cazás quen nos visitou, un cadro moi renovado respecto tempadas anteriores e que saiu derrotado de Boavista. Borja e Cristian firmaron os goles nun partido no que a falta de puntería evitou unha diferenza maior.
E xa mirando ó futuro, o seguinte encontro será no dificil campo de Matela, dificultade que será maior debido ás baixas. Kubala e Dani Cobo serano por lesión, Hugo causará baixa por motivos profesionais e Borjita terá que cumplir o partido de sanción. Esperemos que nos días previos o choque non se incremente o numero de baixas.

miércoles, 7 de noviembre de 2007

UN PRACER QUE ESTEA CONNOSCO: KUBALA



Para todos os menbros do clube, dende a directiva ata os xogadores pasando polos afeccionados, é todo un luxo que unha excelente persoa como Kubala xogue no noso equipo. Por eso queremos que siga moitos anos máis.


O pasado luns 5 de novembro o resto da provincia coñeceu un pouquiño máis a Kubala nunha páxina que o xornal El Progreso lle dedica.