lunes, 30 de noviembre de 2009

GOLEADA Ó COLISTA

U. D. FOLGUEIRO 5 - 0 S.D. SAN CIPRIÁN

U.D. FOLGUEIRO: Guillermo, Iván (Óscar), Chiqui, Luchi, Cholo, Cristian, Pigueiras (Julio), Borjita (Álex), Cataña, Bouza (Abel)(Fran) e Borja.

Goles: 1-0 Borja; 2-0 Catanha; 3-0 Luchi; 4-0 Bouza; 5-0 Catanha.

A Unión Deportiva Folgueiro tivo ante o San Ciprián o partido máis cómodo da presente temporada. O tempraneiro gol de Borja, que recolleu un rexeite do poste tras o lanzamento dun penalti, aclarou as cousas para un cadro local que puido conseguir moitos goles antes de chegar o descanso. Xa na segunda mentade, os vermellos saíron con gañas de sentenciar o partido e conseguirono con bo xogo e goles, que o final puideron ser máis dos cinco definitivos.

lunes, 23 de noviembre de 2009

BENDITO DESCONTO

A UNIÓN DEPORTIVA FOLGUEIRO EMPATA UN PARTIDO QUE PERDÍA NO MINUTO 91 POR 3-1.

NOVAS RAÍCES GALDO 3 -3 UNIÓN DEPORTIVA FOLGUEIRO

N.R. GALDO: Cadenas, Miguel, Quico (Bruno), Morán, Tejado, Schuster, Chefo, Jacobo (Iván), Rodri, Abraham e Fran.
U.D. FOLGUEIRO: Guillermo, Felipe, Chiqui, Luchi, Cristian, Cholo, Iván (Borjita), Borja, Catanha, Bouza e Pigueiras.
GOLES: 1-0 Chefo; 2-0 Schuster; 2-1 Borjita; 3-1 Abraham; 3-2 Borjita; 3-3 Catanha.
Dous goles no tempo de desconto deron un punto o cadro vermello na súa vista o campo de Trasvías de Galdo. O cadro visitante levou a iniciativa do xogo en todo momento ante un Galdo que esperaba replegado para saír en perigosas contras. Dous erros na entrega nas proximidades da área dos de Molo poñerían moi costa arriba o enconto para o Folgueiro; primeiro foi Chefo o encargado de aproveitar o regalo dos visitantes para sumar o primeiro gol, e máis tarde sería Schuster, no que nunha xogada calcada, subiría o segundo. Con este resultado chagaríase o descanso.
A segunda metade transcurriu polos mesmos derroteiros do primeiro acto, cadro local replegado, e neste parte cun dominio moito máis claro, monólogo dos de Molo, que tiveron múltiples ataques e vían como o gol non chegaba, ata que Borjita a falta de 20 minutos subía o primeiro na conta dos foráneos. E cando máis estaban atacando os de O Vicedo, repetíuse de novo a xogada da primeira metade, fallo de entrega na saída do xogo que faría que Abraham se quedara co coiro e marcara a placer o 3-1.
Con cinco minutos e desconto por diante, o Folgueiro en vez de baixar os brazos buscou aínda con máis ahínco recortar distancias e sería Borjita no minuto 46 e medio o que transformaría un penalti e poñía o 3-2. E xa no minuto 49, envío longo de Guillemo que peina Borja e recolle Catanha para establecer as táboas definitivas.

jueves, 19 de noviembre de 2009

PASO ATRAIS NO NOREÑA BASANTA DE PARGA

PARGA F.C. 2 - 0 U.D. FOLGUEIRO

PARGA F.C.: Víctor, Luis, Sergio, Varela, Óscar, Cascudo, Rubán, Alberto, Fran, Jabucho e
Adrián. Tamén dispuxeron de minutos Jorge e Robincha.
U.D. FOLGUEIRO: Guillermo, Fabían, Chiqui, Luchi, Cholo, Pigueiras, Iván, Borjita, Álex, Bouza e Borja (Óscar).
ARBITRO: Carlos Méndez.
Goles: 1-0 Sergio; 2-0 Jorge.
A Unión Deportiva Folgueiro fixo bó o dito "o que perdoa, paga"; xa que nos primeiros minutos de encontro dispuxo de varias ocasións para poñerse por diante no marcador; o gol non chegou polo bando visitante pero sería o cadro locatario o que despois de recoller un balón solto dentro do área adiantabase no marcador. A partir de ahí os locais colleron folgos e o cadro visitante andaba na procura do empate, pero non erá quen de entrar na defensa chairega como o fixera nos primeiros minutos. Álex, Cholo, Luchi e Borja rondaron o empate xa contra o final do encontro, pero o que atinaría a marcar foi o Parga F.C. aproveitando unha contra nos minutos de desconto.

lunes, 9 de noviembre de 2009

TRES PUNTOS SUFRIDOS

U.D. FOLGUEIRO 2 -1 BONXE F.C.

U.D. FOLGUEIRO: Guillermo, Felipe (Iván), Chiqui, Luchi, Cholo, Cristian, Pigueiras, Catanha, Álex (Borjita), Bouza e Borja.
BONXE F.C.:
Goles: 1-0 Álex; 2-0 Luchi; 2-1 Cobas.
A Unión Deportiva Folgueiro aproveitou os primeiros minutos do encontro para coller unha vantaxa de dous goles que lle sirveu par conquerir os tres puntos. O gol visitante, tamén anotado no primeiro acto, foi un punto de inflexión no partido, xa que os homes de Rozados colleron folgos e pasaron a dominar o partido que puideron empatar en varias acción na segunda parte. O final o marcador non se movería nesta parte e esta victoria sirve os de Molo para situarse a un punto dos postos de privilexio.

lunes, 2 de noviembre de 2009

VOLTA Á SENDA DA VICTORIA

S.D. RIOAVESO MACHINANGO 0 - 2 U.D. FOLGUEIRO

S.D. RIOAVESO: Alberto, Nito, Roberto Carlos, Suso, Alberto, Cristian, Piti, Corvo, Andrés, (),(). Tamén xogaron Rafa, Pibe e Carlos
U.D. FOLGUEIRO: Guillermo, Óscar, Chiqui, Luchi, Cholo, Cristian, Pigueiras, Catanha, Álex, Bouza e Borja. Tamén xogaron Borjita e Fabían.
GOLES: 0-1 Álex; 0-2 Catanha
A Unión Deportiva Folgueiro repuxose das dúas derrotas consecutivas logrando unha victoria no campo vilalbés de Paraños ante un cadro local que viña de encadear tres triunfos. O cadro vermello saíu dende o minuto un a polo partido e de ahí o primeiro gol que marcou Álex nos primeiros minutos de encontro. Despois dun dominio claro con continuas ocasións para os de Molo chegaríase con ese resultado o descanso. No segundo acto, os de Boavista controlaron o partido e non deixaron que os locais fixeran ocasións e lograron sentenciar o partido cun tanto de Catanha despois dunha boa xogada colectiva.

lunes, 26 de octubre de 2009

REPAStORICENSE

U.D. FOLGUEIRO 1 - 4 U.D. PASTORICENSE

U.D. FOLGUEIRO: Guillermo (Gaty), Óscar, Felipe, Cholo, Cristian, Abel (Fabián), Iván, Bouza (Álex), Borjita (Fran), Pigueiras e Borja Lago.
U.D. PASTORICENSE: Guillermo, Iván, Juanma, Cami, Iago, Fontela, Raúl, Rafa, Iñaki, Farra e Santi.
Goles: 0-1 Rafa; 0-2 Farra; 0-3 Cami; 0-4 Raúl; 1-4 Álex
A Unión Deportiva Folgueiro encoixou a súa segunda derrota como local contra un Pastoricense, que fixo os catro goles na primeira metade. O cadro chairego saiu moi enchufado e xa tomou ventaxa no minuto 2, logo controlou o partido a pracer e foi sumando goles ata o descanso; xa na segunda metade os visitantes baixaron o pistón e o cadro de Boavista intentou lavar a mala imaxen mostrada nos primeiros cuarenta e cinco minutos.

lunes, 19 de octubre de 2009

FREAZO EN FRIGSA

A.D. LUIS PIMENTEL-A PIRINGALLA 2 -1 U.D. FOLGUEIRO

A.D. LUIS PIMENTEL: Rúas, Jacobo, Lamelo I, Luis, Vilanova, Andrés, César, Dani, Amal, Diego Quiroga y Rubén Darío. Tamen xogaron Birja, Héctor, Marco, Luis e Lamelo II.
U.D. FOLGUEIRO: Guillermo, Fabián, Felipe, Cristian, Cholo, Abel, Balanta (Didier), Borja, Álex, Bouza e Borjita (Julio).
GOLES: 1-0 Rubén Darío, 1-1 Borjita, 2-1 Amal.
Arbitro: Bilbao Vizcaíno.
A Unión Deportiva Folgueiro sacou en Lugo a súa peor versión no que vai do presente curso. Os de Molo sentironse incómodos en todo momento e non foron quen de despregar o seu habitual xogo e tiveron nos balón longos a única resposta ante un equipo local que intentaba triangular pero sen chegar con excesivo perigo a porta vermella. Pese a facer o peor partido, os de Boavista puideron sumar un punto nos últimos minutos do encontro disputado sobre o céspede artificial do campo Luis López Gorgoso de Frigsa.

martes, 13 de octubre de 2009

O DERBI QUEDA NA CASA

U.D. FOLGUEIRO 2 - 1 S.D.R. SACIDO

U.D. FOLGUEIRO: Guillermo, Fabián, Felipe, Abel, Cholo, Bouza, Óscar, Borja, Álex (Cristian), Pigueiras e Borjita (Julio).

S.D.R. SACIDO: Lolo, Fernando, Ladra, Ánxel, Félix, Popi, Manu, Pipa, David, Amador e Rumi. Tamén xogaron Alfonso, Borja, Poti e Diego.
GOLES: 1-0 Borjita; 2-0 Borja; 2-1 Fernando
ARBITRO: Cesáreo Vidal.
A Unión Deportiva Folgueiro impuxose por dous goles a un ó Sacido no derbi disputado na quinta xornada de liga no campo de Boavista. O cadro local dominou o partido dende o primeiro minuto e dispuxo de varias ocasións para aumentar a ventaxa e deixar o partido resolto, pero un gol de Fernando no tramo final animou o encontro e deu alas a un Sacido que puido empatar na última xogada.

lunes, 5 de octubre de 2009

IMPORTANTE VICTORIA EN ALFOZ

C.D. ALFOZ 0 - 2 U.D. FOLGUEIRO
C.D. ALFOZ: Simón, Rubén, Quelle, Joaquín, Jonathan, Gil, Roberto Carlos, Martín, Hugo, Montero, ()
U.D. FOLGUEIRO: Guillermo, Fabián, Felipe, Cholo, Abel, Bouza, Óscar, Borja, Álex (Fran), Pigueiras e Balanta (Julio).
ÁRBITRO: Jesús Martín Flores.
Goles: 0-1 Borja; 0-2 Borja.
A Unión Deportiva Folgueiro conseguiu en Alfoz a súa primeira vitoria a domicilio no presente campeonato. O cadro dirixido por Molo realizou un partido moi serio a nivel defensivo e aproveitou a inspiración de Borja para resolver con dous goles o partido no tramo final do mesmo.

lunes, 28 de septiembre de 2009

VOAN OS PRIMEIROS PUNTOS DE BOAVISTA

U.D. FOLGUEIRO 1-2 S.D.C. XERMADE

U.D. Folgueiro: Guillermo, Óscar, Felipe, Cholo, Cristian, Bouza, Borjita, Catanha, Álex, Pigueiras e Borja. Tamén xogou Balanta.

S.D.C. Xermade: Picayo, Lucho, Luisma, Iván, Set, Toni, Iñiguez, Oscarín, Rubén Esteban e Jamal. Tamén xogaron Eladio e Peón.

Goles: 1-0 Bouza; 1-1 Rubén; 1-2 Toni de penalti.


Boavista veu como escaparon os primeiros puntos da tempada ata Xermade. O cadro local saíu moi metido no partido e dominou claramente na primeira métade, tralo descanso a pouca intensidade posta polo cadro vermello fixo que os visitantes se viñeran arriba e lograron levar os tres puntos.

lunes, 21 de septiembre de 2009

DESCONTO FATÍDICO

MEIRA F.C. 2 - 2 U.D. FOLGUEIRO

MEIRA F.C.: Emilio, Román, Sito, Jorge, Cundi, Fontao, Vitiño, Victor, Marcos, Fondoy e Rubén. Tamén xogaron Kanú, Fernando, Gallo, Mariñeiro.
U.D. FOLGUEIRO: Guillermo, Iván, Felipe, Cristian, Cholo, Abel, Borjita (Álex), Pigueiras, Catanha (Fran), Bouza e Borja.
ARBITRO: Álvaro Valín.

Goles: 1-0 Rubén; 1-1 Catanha; 1-2 Pigueiras; 2-2 Mariñeiro.

Á Unión Deportiva Folgueiro escaparonselle dous puntos no desconto do partido disputado no campo meirense da Lomba. Despois dun partido bronco con moito contacto, un gol de Mariñeiro no minuto 91 establecía o definitivo empate a dous. Antes o cadro vermello, fora quen de levantar o marcador e poñerse por diante con goles de Catanha e Pigueiras que contrarrestaban o do cadro local anotado por Rubén.

lunes, 14 de septiembre de 2009

ESTRENO CON VITORIA

U.D. FOLGUEIRO 3 - 1 S.D. CANDELARIA

U.D. FOLGUEIRO: Guillermo, Iván, Felipe, Óscar, Cristian, Abel (Álex), Borjita, Pigueiras (Fabián), Catanha e Borja.
S.D. CANDELARIA: Suso, Cachito, Juanri, Julián, Devesa, Manu, David, Jose, Bruno, Angel e César. Tamén xogaron Desi e Maiki.
ARBITRO: Cesareo
GOLES: 1-0 Borjita; 1-1 Bruno de penalti; 2-1 Cristian; 3-1 Catanha.
Partido dominado polo cadro local donde dispuxo de moitas ocasións de gol ante un Candelaria que nunca perdeu a cara o partido e demostrou ser un conxunto ben posicionado e que sabe o que xoga. O conxunto de Rúa dominou os cinco primeios minutos de encontro e foise arriba despois de conquerir o empate, o resto do encontro foi para os de Molo, que fixeron un partido no que a afición de Boavista saíu moi contenta pola búsqueda da portería contaria dende o pitido inicial.

ENTREVISTA A MOLO

Despois de moitos anos adestrando en categorías superiores e do gran traballo feito na canteira do Viveiro C.F. ¿Qué foi o que o animou a recalar na U.D. Folgueiro?
O gran interés mostrado pola directiva tanto o ano pasado como este ano; o ano pasado non puido ser, pero este, con un pequeno esforzo por ambas partes, chegamos a un acordo.
¿Qué deficiencias e qué cousas positivas se encontra na estructura do clube?
Deficiencias, sobre todo o terreo de xogo, e pequeno e está en mal estado; Tamén a pouca sente que traballa na directiva, algo común nestes equipos modestos; e os poucos xogadores que poden adestrar.
Como cousas positivas, o esforzo dos directivos que queren ter un equipo de fútbol neste pobo tan pequeno.
Deportivamente, ¿Cómo ve a tempada que acaba de empezar?
Pois espero unha liga igualada, donde esperamos facer bon fútbol.
¿En qué postos está maís coxo o plantel?
No lateral esquerdo, pois non temos un xogador específico para ese posto. E tamén no medio do campo, donde nos fai falta un xogador que organice o xogo de ataque.
¿Qué equipos conta que serán os rivais a batir?
Aínda que non teño referencias concretas, creo que vai ser unha categoría moi igualada, donde sobresairá pos presuposto o Pastoricense, Rioaveso e Xermade, despois o Sacido; e con este grupo e donde esperamos estar nos.
Qué obxetivo se marca?
O primeiro obxetivo e intentar xogar ben o fútbol e facer unha boa cohesión de grupo. O segundo e quedar o máis arriba posible sin pasar ningún tipo de apuro, mirando sempre para o grupo de cabeza.

jueves, 10 de septiembre de 2009

miércoles, 2 de septiembre de 2009

BOAS SENSACIÓNS A PESAR DA DERROTA

IBERIA C.F 4 - 0 U.D. FOLGUEIRO

A Unión Deportiva Folgueiro deu un nivel máis que aceptable na primeira metade do encontro disputado no campo das Valgas, dispoñendo de moitas ocasións para adiantarse no marcador, tuteando en todo momento a un equipo de superior categoría.
Todo o contrario na segunda metade, na que o elevado número de cambios e o cansancio fisico da xente que dispuxo de tódolos minutos fixeron que o Iberia dominara en todo o segundo tramo do encontro.

Polo cadro vermello xogaron Guillermo, Iván, Felipe, Cristián, Cholo, Abel, Pigueiras, Borja, Cataña, Bouza e Borjita. Na segunda metade tamén participaron Álex, Óscar Balanta, Kubala, Pablo e Fran.

martes, 11 de agosto de 2009

lunes, 10 de agosto de 2009

O TROFEO "CONCELLO DE O VICEDO" QUEDA NA CASA

U.D. FOLGUEIRO Guillermo, Felipe, Diego, Cristian, Abel, Bouza, Pigueiras, Iván, Mangüel, Cataña e Álex. Tamen xogaron Borjita, Borja Lago, Óscar, Kubala, Pablo, Julio Docampo e Fran.
Goles: 1-0 Cataña; 1-1; 2-1 Borjita; 3-1 Cataña
Á cuarta foi a vencida e o Trofeo Concello de O Vicedo de Fútbol queda na casa despois de impoñerse a Unión Deportiva Folgueiro ó Fútbol Club Ortigueira por tres tantos a un.
Esta edición queda marcada pola renuncia da Sociedade Deporiva Cervo a disputar o torneo alegando falta de efectivos, polo que o triangular se convertiu nun so encontro que enfrontaba ó cadro local co representante de Ortegal.
Este foi o primeiro partido no que a afección local puido ver ás novas caras no plantel vermello e que tanto eles como os seus compañeiros que levan máis tempo no equipo deixaron un moi bo sabar de boca despois do xogo mostrado.
A Unión Deportiva Folgueiro colle o relevo da Unión Deportiva Xove Lago, Viveiro Clube de Fútbol e Clube Deportvo Foz como vencedores da edición disputadas anteriormente.

miércoles, 5 de agosto de 2009

PRESENTACIÓN, VENRES DÍA 7

O venres día sete é o escollido polo directiva da Unión Deportiva Folgueiro para realizar a presentación do equipo á afición.
A partir das nove da noite, ademáis dan habituais fotos, todos os aficionados que o desexen poderán degustar da churrascada preparada para a ocasión.

PRIMEIRO TEST EN CANTARRANA

A Unión Deportiva Folgueiro viaxe esta tarde a Cantarrana para medirse a partir das 20:30 ó Viveiro C.F., este encontro supón o debut de Molo no banco vermello. Será o primeiro encontro nos que aficionados poderán ver as novas caras do cadro de Boavista, plantel que ainda non está cerrado.

IV TROFEO CONCELLO DE O VICEDO

O vindeiro sábado a partir das seis da tarde dará comezo unha nova edición do Trofeo Concello de O Vicedo, que dende a súa posta en escena se disputou no modelo coñecido como "3 en 1". Este ano, acompañaran o clube local a Sociedade Deportiva Cervo, equipo que ven de acadar a Primeira Autonómica e que presente unha serie de novidades importantes no seu plantel que farán do cadro azulón un equipo moi competitivo durante a vindeira tempada. O terceiro clube en liza será o Fútbol Clube Ortigueira, equipo da Segunda Autonómica Coruñesa, que despois dun mao a mao durante a pasada tempada co Eume Deporivo quedouse a un paso do ascenso de categoría.
Os enfrontamentos son os seguintes:
18:00 S.D. CERVO - U.D. FOLGUEIRO
19:00 S.D. CERVO - F.C. ORTIGUEIRA
20:00 F.C. ORTIGUEIRA - U.D. FOLGUEIRO

lunes, 6 de julio de 2009

XOVE F.C. GAÑA O TORNEO DE FÚTBOL

O Xove F.C., composto por moitos dos xogadores que alcanzaron a Preferente Autonómica co Xove Lago, fíxose co título no torneo de O Vicedo cun gol de Álvaro a 2 segundos do final do encontro.

O Almacén, un conxunto moi xoven composto por rapaces de Cervo e Burela, adiantouse na final con goles de Jandri e Carlos, o que facía presaxiar un triunfo da escadra cervense; pero o cadro verde conseguiulle dar a volta o marcador con goles de Álvaro, Antonio e novamente Álvaro cando tan só quedaban 2 segundos.

Máis información no enlace da dereita.

Xove F.C.

O Almacén

viernes, 3 de julio de 2009

MOLO SERÁ O ADESTRADOR


Na tarde de onte a Unión Deportiva Folgueiro e Xosé Ramón González López, conocido futbolísticamete co nome de Molo, firmaron o acordo polo cal este se convirte no responsable técnico do equipo na vindeira tempada.

Molo, que a tempada pasada comezou adestrando o Muras, ten un amplo historial de éxitos en todos os equipos nos que estivo como poden ser o ascenso co San Ciprián a Primeira Autonómica e a consecución da Copa Deputación, o dobre ascenso o Alfoz, ó que levou dende Segunda Autonómica ata Preferente; tamén cambiou de categoría co Iberia C.F. levandoo dende a Primeira ata Preferente; ou o seu último ascenso co Viveiro CF Xuvenil a Liga Galega. Tamén conseguiu unha Copa Deputación na súa estancia no Santaballés.

Con esta fichaxe o clube quere buscar a consolidación na categoría.

lunes, 8 de junio de 2009

CEA BAILE FIN DE TEMPADA

DÍA 13 DE XUÑO

A Unión Deportiva Folgueiro celebrará a cea de fin de tempada o vindeiro sábado 13 de xuño as dez e media da noite no Chiringuito da Abrela.
O menú estará composto por:
  • Percebes
  • Cigalas
  • Mexilóns
  • Ameixas
  • Tenreira asada
  • Postre
  • Café
  • Rioxa tinto
  • Albariño

A cea estará amenizada polo grupo de moda na zona, INTERVALO, que conta nas súas filas co alcalde de O Vicedo, Jesús Novo.

O PRECIO POR PERSOA É DE 33 €

A reserva de entradas rematará o venres 12 de xuño as 20 horas, as mesmas podénse retirar no Bar Alba, Bar Rogelio, Chiringuito da Abrela ou en calquera membro da xunta directiva.

Para máis información, podénse dirixir o teléfono 696 843 741.

martes, 2 de junio de 2009

FIN DE CURSO


A U.D. Folgueiro caeu derrotada por 1 gol a 3 no encontro de cuartos de final da Copa Deputación disputado o pasado domingo no Campo de Boavista. O cadro local non estivo a altura dos últimos choques e deu demasiadas ventaxas a un equipo que tiña as cousas moi claras na forma de afrontar o partido.

O Alfoz colleu unha ventaxa de dous goles antes do descanso, con tantos de Hugo e Quesada en propia meta; xa na segunda metade o cadro vermello intentou dar a volta o marcador pero máis con corazón que cabeza, ainda así Óscar á saída dun córner poñía o 1-2 no marcador que enchía os últimos minutos de emoción; antes do desconto o cadro local dispuxo de varias opcións para empatar o encontro pero o gol que subiría o marcador foi o de Borja, que no desconto do partido sentenciaba co 1-3 definitivo.

lunes, 25 de mayo de 2009

SUSPENSE ATA O FINAL



A U.D. Folgueiro segue adiante na Copa Deputación despois de vencer ó C.D. San Román cun gol de Pigueiras no minuto 88 de partido. O cadro local colleu ventaxa cun gol materializado por Cándido dende o punto de penalti. Dende a mesma distancia, pero esta vez na outra área, Álex establecía a igualada; pouco despois Brais adiantaba o caro de Boavista, para chegar co 1-2 ó descanso.


Na segunda metade, No subía a empate a dous tantos; e logo duns minutos de emoción e suspense, Pigueiras poñía nota ó gran traballo de todo equipo na tarde de onte no campo de A Chá.


O C.D. Alfoz, que eliminou o Mondoñedo na tanda de penalti, será o próximo rival do cadro vermello na eliminatoria de cuartos de final, esta vez o choque será en Boavista.

lunes, 18 de mayo de 2009

ELIMINATORIAS DE OCTAVOS


A U.D. Folguerio medirase ó C.D. San Román o vindeiro domingo no Campo de Chá.

jueves, 14 de mayo de 2009

ARRASTRES, ASCENSOS, DESCENSOS, DESAPARICIONS...


CON ESTE CADRO, INTENTAMOS EXPLICAR COMO ESTARIA A DIA DE HOXE A TEORICA CONFIGURACION DAS CATEGORIAS E GRUPOS, TAMEN DECIR, QUE E MOI PREMATURO PARA AVALIAR O TEMA ANTES DA DISPUTA DAS DISTINTAS FASES DE ASCENSO.

martes, 31 de marzo de 2009

XXVI COPA DEPUTACIÓN

NOTA: Na 2ª ronda o cadro local será o que aparezca no cadro na parte superior

" O delegado a Área de Deporte da Deputación, Antonio Veiga, presentou este sábado a XXVI Edición da Copa Deputación no Pazo de San Marcos. No acto tamén estiveron presentes o delegado provincial e o membro da Federación Galega de Fútbol, Carlos Mouriz e José Ángel Latas, e o responsable técnico da Área de Deporte, Eduardo Fernández Abel. Na súa intervención, Antonio Veiga resaltou a “colaboración e a predisposición” e todos e cada un dos clubs que participaron da última edición da Copa Deputación, data na que o trofeo conmemoraba o seu 25 aniversario. Ademais, no ano 2008 tivo lugar a primeira Supercopa disputada entre o equipo campión das categorías 1ª autonómica e preferente autonómica, 2ª e 3 ª autonómica, e a Sociedade Deportiva de Lugo. A maiores, este ano tamén se disputará a primeira Copa Deputación de Fútbol Feminino. Esta iniciativa pretende potenciar o deporte feminino, especialmente o fútbol, en todas as comarcas lucenses. Xa que, na actualidade, Lugo só conta con dous equipos de fútbol feminino federados, o Club Friol e o Atlétic Muralla, que disputarán a final deste novo torneo.Para a posta en marcha desta última edición da Copa Deputación, a Área de Deportes conta cun orzamento de case 100.000 euros. Nesta liña, Antonio Veiga notificoulles ao clubs deportivos participantes no trofeo que o campión e subcampión da categoría 1ª autonómica e preferente autonómica, será premiado con 5.000 e 4.000 euros respectivamente. Ademais, cada equipo recibirá 450 euros por partido xogado. En 2º e 3º autonómica, os premios alcanzarán os 4.000 e os 3.000 euros, e os clubs percibirán 385 euros por partido disputado.Nas categorías 1ª autonómica e preferente autonómica xogarán un total de 19 equipos. Retiráronse da competición os clubs e sociedades deportivas de Castro, Burela, Foz, Valadouro e Ribadeo. En 2ª e 3ª autonómica o número de clubs participantes elévase a 32. Lugo, 27/03/2009 "

Fonte: http://www.deputacionlugo.org/contenido.asp?id=5092

lunes, 30 de marzo de 2009

REACCIÓN

C.D. GOIRIZ 2 - 5 U.D. FOLGUEIRO


A Unión Deportiva Folgueiro logrou impoñerse na súa visita ó Campo de O Ventiño por dous tantos a cinco despois de seis xornadas sen coñocer a victoria. O cadro vicedense disputaba un partido transcedental de cara a súa continuidade na Segunda Autonómica.

O partido non podía empezar de peor forma para os visitantes, xa que os 7 minutos o colexiado do encontro inventabase unha pena máxima que sorprendeu máis os locais que o cadro foráneo, os de azul, que nesta xornada perdían de forma matemática a categoría, aproveitaron o regalo e puxeronse por diante no marcador.

O cadro dirixido por Cabanas, en vez de virse abaixo, sacou casta e en 10 minutos deronlle a volta o marcador con goles de Álex e Dani; Dani puido subir o terceiro o marcador pero o xuez seguía sen impartir xustiza e anulaba un gol a Dani por un fora de xogo inexistente. Pero nun saque de falta de Quesada, que volvía ó equipo, Pigueiras adiantabase o porteiro e establecía ca cabeza o terceiro gol. Co resultado de 1 gol a 3 chegabase o descaso e ca sensación de que a renta podía ser maior.
Na segunda metade os rojillos sairon a conservar a ventaxa e dispuxeron de perigosas contras, pero os primeiros en conseguir gol serían os locais que conseguían perforar a meta visitante despois dunha mala saída de Guillermo. Este gol levaba a incertidumbre o resultado e os primeiros nervos o cadro de Boavista. Pero pouco despois, Pigueiras anotaba o seu segundo gol a saída dun córner e con el volvía a tranquilidade. O quinto puido vir en moitas contras pero unhas veces a falta de tino e outras a multitude de fóra de xogo sinaladas atrasaban o tanto ata que Álex nunha gran xogada persoal establecía o marcador definitivo.






jueves, 26 de marzo de 2009

FINAL DE INFARTO


Previsiblemente, estes catro equipos xogaranse a praza de descenso que queda libre, sempre e cando o C.D. Goiriz non faga un final de liga impresionante (tería como mínimo ganar catro dos cinco partidos que quedan por disputar), ou o Mondoñedo C.F. remate de forma nefasta o campionato (ahora esta a sete puntos do descenso).
Tan só tres puntos separan os catro conxuntos a falta de quince por disputarse, a UDF optará a 18 por ter un partido máis, o aprazado no seu día cando os de Cabanas visitaban Pol.
COMPARATIVA ENTRE OS CONXUNTOS
XORNADAS RESTANTES

ENFRONTAMENTOS DIRECTOS

miércoles, 25 de marzo de 2009

PROBLEMAS CARA O GOL

U.D. FOLGUERO 0 - 2 BONXE C.F.

A Unión Deportiva Folgueiro saíu derrotada do enfrontamento correspondente á vixesimo sexta xornada de liga que o enfrontaba o Bonxe Clube de Fútbol.

O cadro local saltou o campo a por todas dende o primeiro minuto de xogo e dispuxo de numerosas ocasións de gol durante a primeira parte, pero a falta de acerto cara o gol negou ese tanto que dera ventaxa o cadro local. E cando máis estaban a atacar os locais, unha perda de balón no centro do campo orixinou unha contra que remataría co primeiro gol visitante. Co resultado de 0 a 1 chegaríase o descanso.
Na segunda metade o cadro de Boavista atacou con máis corazón que cabeza, a ocasión máis clara sería un remate de Pedro que se marchou fora por pouco. Despois chegaría a xogada desgraciada do partido, ataque visitante, Cristian fai falta, o que lle supón a vermella directa, no saque de falta sen aparente perigo o sol xogalle unha mala pasada a Guillermo que non pode atallar e deixa o esférico franco para que o dianteiro suba o segundo tanto. A partir de ahí os visitantes puideron aumentar a renta, xa que dispuxeron de numerosas contras.

REFORZO DE LUXO

QUESADA ÚNESE Ó PLANTEL
Ante a proximidade da zona de decenso, sumado os problemas de efectivos que está a ter o equipo nas últimas xornadas, fixo que a directiva se puxera máns a obra na busca de reforzos para os partidos que quedan.

O presidente, Fernando Pigueiras, despois de recibir o beneplácito do Viveiro C.F. puxose en contacto con Quesada para convencelo para que se sumara a plantilla para axudar a evitar o descenso a terceira autonómica.

Ante a resposta afirmativa, Quesada pasa a formar parte do plantel de xogadores do clube, que compaxinará ca súa laboura de entrenador do equipo xuvenil do Viveiro C.F. que está a competir na liga galega

lunes, 16 de marzo de 2009

ÚLTIMOS MINUTOS FATÍDICOS

U.D. PASTORICENSE 2 - 1 U.D. FOLGUEIRO

U.D. Pastoricense: Trabado, Poupariña, Iván, Cami, Iago, Fiz, Fontela, Javi, Farra, Ivan Fernández e Mel.

U.D. Folgueiro: Guillermo, Pablo, Kubala, Óscar, Cristian, Abel, Brais, Orlando, Felipe, Pigueiras e Fabián.

Goles: 0-1 Cristian; 1-1 Iago; 2-1 Cami.

A Unión Deportiva Folgueiro comprícase a vida despois dos resultados da última xornada no grupo sexto de Segunda Autonómica, xa que ademáis do tropezo do club vermellón en Bretoña, úneselle a victoria de todos os seus perseguidores, o que deixa ó cadro de O Vicedo a tres puntos dos postos de descenso a Terceira Autonómica.





No partido contra o Pastoricense, o cadro de Boavista saíu dormido e veuse superado en todo momento polo cadro local nos primeiros compases do xogo. Os locatarios desperdiciaban ocasións de gol, mentres que os de Moncho Cabanas solo chegaban en arreóns individuais de Fabián e Pigueiras. O final dos primeiros 45 minutos o marcador non se movería por sorte para os foráneos, que a este encontro chegaban mermados por importantes baixas, xa que o cadro branco levaba moito perigo nas xogadas a balón parado debido a alta estatura dos seus xogadores.


A segunda parte empezou cun Folgueiro máis centrado e mellor colocado no campo, o que se notaba con máis chegadas a porta defendida por Trabado. Nun saque de falta de Pablo, Cristian enviaba o coiro as mallas e poñía por diante no marcador a UDFolgueiro. A partir de ahí, os locais arriesgaron o xogar con tres defensas e pasar a Iago, o seu mellor home onte, o medio do campo. No ecuador desta parte, o noso equipo controlaba os ataques locais e saía con perigo a contra pero nestre intre os nosos xogadores xa escomenzaban a estar mosqueados ca actitude do colexiado, que ía comendo a moral en pequenos detalles. Xa nos últimos minutos os de Nacho apretaron e nunha xogada sen aparente perigo, Fiz consigue roubar un balón na área e sacar un centro (os nosos xogadores protestaron xa que consideraban que o balón saira pola liña de fondo) pasado que Pablo non foi de sacar cando tiña toda a ventaxa, o coiro roubouno de novo un xogador local que de novo, voltou a centrar a cabeza de Iago que rematou a portería, o balón deu na mán de Óscar e o arbitro sinalou penalti. O mesmo Iago foi o encargado de transformar a pena máxima. E catro minutos máis tarde, nunha falta sacada perfectamente por Andrés, Cami subía o segundo tanto o marcador para a desolación da expedición vermella.


A Unión Deportiva Folgueiro estivo a poucos minutos de sacar un resultado positivo do campo de Bretoña, pero os dez últimos minutos de partido transformaron a ilusión en impotencia.

viernes, 13 de marzo de 2009

U.D. PASTORICENSE

A Unión Deportiva Folgueiro visitará o vindeiro domingo 15 de marzo o sempre díficil campo de Bretoña, feudo onde disputa os seus partidos como local a Unión Deportiva Pastoricense, o equipo que deixou mellor impresión no Campo de Boavista no que vai de liga.

A cercanía dos postos de descenso fan que cada partido que pase, o noso equipo, se vexa obrigado, a arrancar puntos en todolos campos, pero neste caso non será nada sinxelo xa que nos vamos enfrentar a un equipo chamado a estar ano tras ano nos postos altos da clasificación.

O equipo da Pastoriza partía este ano ca premisa de repetir as actuacións das pasadas tempadas, e decir, de rematar a liga entre os cinco primeiros, e a poder ser poder logar o ascendo; para eso, neste exercicio, o "volante" do equipo foi dado a Nacho, que pasou de facer unha extraordinaria labor no posto de central a levar as rendas do equipo como adestrador no canto de Moirón (que este ano e o encargado de levar o timón do Mondoñedo F.C.).

O equipo reforzouse en varios postos, á defensa chegou Iago, e nos postos máis adiantados ficharon a Farra do Meira e Javi do Pol, pero quizá o talón de Aquiles este ano sexa a portería, ata seis gardametas pasaron por defender a portería este ano, sen conseguir unha continuidade, e o equipo pasou de ser un dos conxuntos máis fortes defensivamente (mencionar que en anos anteriores Rubén, actual porteiro do Xove Lago e Cupeiro, agora no Mondoñedo foron dos porteiros menos batidos da categoría), a ser este ano un conxunto que encaixa goles con facilidade.

O cadro branco empezou a liga con dúbidas, pero nove xornadas sen perder colocabano nos postos altos, o que facía presaxiar que o conxunto adestrado por Nacho podía estar de novo loitando polo ascenso ata a última xornada como ocorrera o ano pasado, pero tres xornadas negativas nas que non conseguiron a victoria (4-3 en Bonxe, 1-1 na casa co Cospeito e 5-3 na visita a Mondoñedo) apartarono definitavemente da loita polo ascenso.


NOME: Unión Deportiva Pastoricense

CAMPO: Bretoña

EQUIPACIÓN: camiseta, patalón e medias brancas.


NOTA: Para este encontro ten sancionados os xogadores Carlos e Treitas.


RESULTADOS DA TEMPADA 2008-2009


martes, 10 de marzo de 2009

AUSENCIA DE GOLES

U.D. FOLGUEIRO 0 - 0 PARGA F.C.

viernes, 6 de marzo de 2009

ANÁLISE DO RIVAL: PARGA F.C.

O vindeiro rival que visitará o campo de Boavista para medirse a Unión Deportiva Folgueiro será o Parga Fútbol Club, equipo pertencente o Concello de Guitiriz e que actualmente ocupa a decimoterceira posición con 21 puntos.

Este conxunto guitiricense saía a principios da tempada co obxetivo de estar nos primeiros postos da clasificación, pero un cúmulo de circunstacias a principio da liga, entre as que destacan as lesións e as sancións, fixeron que este conxunto se quedara estancado nas últimas posicións, e incluso o adestrador que comezou este exercicio, Epi, deixara o posto nas mans de Paulo César. Co novo adestrador, chegou algún fichaxe e, unido a recuperación de lesionados fixo que o cadro que viste tamén de vermello fora escalando posicións chegando a sair dos postos de descenso.
Na actualidade, ocupa a decimoterceira posición con 21 puntos, a tan só 5 do Folgueiro, o que fai do partido do vindeiro sábado unha auténtica final.

NOME: Parga Fútbol Club
CAMPO: Noreña Basanta
EQUIPACIÓN: Camiseta e medias vermellas, pantalón azul
WEB: http://www.pargafutbolclub.es.tl/
DATOS DE INTERESE: Nos últimos días perdeu a un dos seus mellores xogadores, Diego, que fichou polo Sporting Sada de Preferente Autonómica. Leva dúas victorias a domicilio(Cospeito 1 - Parga 3 e Guitiriz 0 - Parga 1) e outros tantos empates (Goiriz 1 - Parga 1 e Pol 1 - Parga 1).


ÚLTIMOS PARTIDOS A DOMICILIO

RESULTADOS TEMPADA 08-09

jueves, 5 de marzo de 2009

O QUE MAL EMPEZA...

S.D. CERVO SARGADELOS 4 - 1 U.D. FOLGUEIRO

S.D. CERVO: Ratoeira, Bili, Simón, Trigo, Diego, Raúl, Carlos, Marcos, Cayón, Gayol e Paco. Tamén xogaron Marcos Quelle, Pedro Reimunde, Jairo e Alfonso.
U.D. FOLGUEIRO: Guillermo, Fabián, Kubala, Óscar, Pablo, Pedro, Brais, Dani, Álex, Pigueiras e Catanha. Tamen dispuxeron de minutos Luis e Fran.
Arbitro: Jesús Martín Flores.
Goles: 1-0 Gayol; 2-0 Carlos; 2-1 Álex; 3-1 Carlos; 4-1 Alfonso.
Un desofortunado comezo de partido marcou o desenrrolo do choque desputado polo cadro de Boavista na súa visita o campo cervense da Bidueira. Un gol de penalti de Iván Gayol no primeiro minuto e outro de Carlos cando transcurrío o quinto poñían o partido moi costa arriba.
A este inicio seguía outro tramo de desconcerto no cadro visitante, motivados pola avalancha de ataques locais, o desconcerto polo díficil do resultado e a lesión de Pablo, que obrigou a Moncho a trastocar o esquema.
Pouco a pouco, os vermellos ían asentandose no campo e nun ataque, Pigueiras entra no área co balón controlado e un defensa local faille penalti, Álex encargaríase do lanzamento e subía o tanto visitante o marcador. Xa transcurridos uns minutos, Gayol recibe un balón no medio do campo e pon un pase medido a Carlos que encara a Guillermo e eleva o coiro por encima deste para subir o terceiro tanto o marcador. Con este resultado chegaríase o descanso.
No segundo tempo, o cadro vicedense saíu a recortar distancias, adiantou as súas liñas e encerrou o cadro azulón no seu campo na busca do segundo gol deixando moitos espacios en defensa que permitían perigosas contras do cadro local. E nunha destas contras, Alfonso poñía o 4-1 definitivo no tempo de desconto.

miércoles, 25 de febrero de 2009

DERBI SIN GOLES

U.D. FOLGUEIRO 0 - 0 C.D. NOVAS RAÍCES GALDO

O encontro de rivalidade disputado o pasado sábado no campo de Boavista rematou co macador inicial. Os goles ausentaronse nun partido marcado polo estado do terréo de xogo, xa que presentaba un aspecto duro e irregular.
O xogo comezou con moito respeto entre os dous equipos, con moito mediocampismo e balóns longos, as ocasións foron contadas en todo o partido. Cada equipo tivo a súa métade, o cadro local dominou e dispuxo de opcións máis claras antes do descanso, e o Galdo fixo o mesmo no segundo acto.
A ocasión máis clara para os locales tivoa Pigueiras nun saque de córner directo que rematou no poste. Nos dez últimos minutos o partido abreuse e ámbolos dous conxuntos dispuxeron de contras para mover o marcador, pero as maís claras foron do cadro visitante nas que a falta de acerto dos seus dianteiros fixeron que o marcador dormira toda a tarde.

lunes, 16 de febrero de 2009

A U.D. FOLGUEIRO DISFRAZASE DE XOGUETE UNHA SEMANA ANTES DO ENTROIDO

C.D. ALFOZ 5 - U.D. FOLGUEIRO 2
"O peor partido do ano", "Así non podemos sair a un campo", "hai que olvidalo canto antes",...; son frases que se oían entre os xogadores ó remate do encontro disputado no Campo Municipal de Alfoz, e que resumen o transcurrir do xogo.
Pois si, o encontro de Alfoz quizá fose o peor do ano, pero xuntaronse moitas circunstacias, ademáis da falta de actitude, ó cadro local saíalle todo o que intentaba e incluso en moitas accións dispoñía de elevadas dosis de fortuna.
O choque iniciouse cun cadro vermello intentando combinar, pero sin as ideas claras nos últimos metros o que producía moitas perdas de balón no medio do campo que orixinaban perigosas contras. E nunha delas, a defensa visitante tivo que facer unha falta no borde da área que orixinaba o primeiro gol local, a falta era sacada por Adolfo e despois de que a barreira cambiara totalmente a traxectoría do coiro este entraría na meta defendida por Guillemo.
Pouco despois chegaría o empate nun córner sacado por Dani e que Pigueiras remataba de cabeza as mallas. Non tardaría moito o cadro alfocense en poñese por diante, noutra contra Dani Río quedabase só diante de Guillermo e batíao por baixo. Dous minutos máis tarde, Manolo logo dun saque de esquina subiría o terceiro o marcador. O Folgueiro intentabao, e Brais, titular onte, e Pigueiras tiveron as súas opcións pero o gol non chegou.
Despois do descando, o equipo adestrado por Moncho Cabanas intentaba reducir a desvantaxe adiantando máis as liñas, pero primeiro Hugo, cun auténtico golazo, e despois Manolo poñía un resultado de 5 goles a 1 a falta de media hora para rematar o partido. O Alfoz en perigosas contras puido aumentar o marcador, pero o seguinte gol sería visitante, Cristian establecía o segundo gol visitante despois de recoller o rexeite do poste nunha falta sacada por Pablo.

lunes, 9 de febrero de 2009

VICTORIA SUFRIDA

U.D. FOLGUEIRO 1 - C.D. COSPEITO 0

A Unión Deportiva Folgueiro conseguíu este fin de semán unha victoria importantísima de cara a conservar a categoría, o cadro vermello impuxose por un gol a cero a un Cospeito que loitou por conseguir algo positivo dende o primeiro ata o último minuto.
O encontro comenzou cun cadro chairego moito máis metido no partido que o cadro que dirixe Moncho Cabanas, controlando en todo momento os rexeites e as segundas xogadas ante un cadro local un tanto desdibuxado nestes primeiros minutos; ainda así os visitantes non levaron moito perigo a meta defendidapor Guillermo. Pouco a pouco, os de Boavista ían collendo posicións no campo e chegando con perigo a meta defendida por Diego, que na primeira metade salvou o seu equipo en varias ocasións. Neste tramo do xogo, o cadro tamén vermello pero que nesta ocasión vestía de verde só chegaba a porteria visitante en balóns aéreos en busca do seu espigado dianteiro.
Nunha falta na frontal da área visitante iase adiantar o cadro local despois dunha xogada de estratexia que Pedro ía culminar empurrando o balón as redes da meta defendida por Diego. Nesta fase do partido era cando máis cómodo estaba o cadro de O Vicedo, podendo marcar o segundo gol en varias ocasións, como nun remate de cabeza de Pedro, un disparo de Pigueiras ou un chut de Cristian dende a area pequena que saiu lixeiramente alto, pero o marcador non se movería e chegaríase ca victoria pola mínima o descanso.
O comezo da segunda metade foi un calco da primeira, os visitantes íanse arriba e o Folgueiro non era quen de asentarse no campo, pero a saída do campo do dianteiro "xigantón" restaba presenza en ataque ós chairegos.
Pero cando mellor estaban os locais, chegaría a expulsión de Felipe por dobre amarela o que faría que os de Moncho derán toda a iniciativa do xogo os visitantes. O marcador non se movería e permite a UDFolgueiro sumar a súa segunda victoria consecutiva como local nesta segunda volta.
Destacar a preseza dun trío arbitral pertencente o Colexio de A Coruña solicitado polo C.D. Cospeito.

lunes, 2 de febrero de 2009

CITAS DA SEMANA

Despois do aprazamento por parte da Federación Galega de Fútbol da xornada dezaoito correspondente o grupo sexto de Segunda Autonómica, e trala información que puido recalar o clube; informar de que o vindeiro partido da Unión Deportiva Folgueiro será o vindeiro domingo oito de febreiro as catro e cuarto da tarde, e donde o cadro vermello se enfrentará ó Clube Deportivo Cospeito no campo de Boavista.
Este partido será fundamental para o desenrrolo do que resta de tempada, xa que o equipo chairego ocupa o decimocuarto posto con quince puntos, sete menos que o cadro que dirixe Ramón Cabanas. Unha victoria local deixaría ó Cospeito a dez puntos mailo gol average o que permitiría os vermellos coller unha importante ventaxa sobre os postos de descenso; pero a derrota do conxunto de Boavista acercaría o conxunto da Terra Chá a tan só catro puntos. Por todoo exposto, o encontro do próximo domingo presentase trascendental.
AXENDA DA SEMÁN
Martes día 3, adestramento ás 8:30 en Boavista.
Venres día 6, adestramento ás 8:30 en Boavista.
Domingo día 8, U.D. Folgueiro-C.D. Cospeito ás 16:15 no campo de Boavista.

sábado, 31 de enero de 2009

De comida en Pol

viernes, 30 de enero de 2009

XORNADA SUSPENDIDA

A Federación Galega de Fútbol suspendeu todos os partidos a celebrar os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro.

"Á vista das recomendacións recibidas por parte da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e tras realizar as correspondentes consultas coas distintas Direccións Xerais de Protección Civil e o servizo 112, así como as diversas informacións publicadas a través dos distintos medios de comunicación, esta Federación Galega de Fútbol tomou a decisión de suspender todas as competicións previstas para os próximos días 31 de Xaneiro e 1 de Febreiro de ámbito territorial e nacional controladas por esta Federación Territorial, a excepción de a Autonómica Preferente nos seus dous grupos e a Terceira División Nacional, deixando a criterio dos colexiados designados e dos clubs contendentes a súa disputa, conforme ás condicións climatolóxicas existentes, recomendando por parte desta Federación que se adopten as medidas oportunas para garantir o normal desenvolvemento destas competicións. Así mesmo comunicamos que a competición oficial de Primeira Nacional "B" de Fútbol Sala queda suspendida. Oportunamente será comunicado por parte desta Federación Galega de Fútbol, as novas datas para a disputa das xornadas suspendidas. Pola FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL "

martes, 20 de enero de 2009

U.D. FOLGUEIRO 3 - S.D. RIOAVESO 1



A Unión Deportiva Folgueiro comeza con bo pé os seus partidos coma locatario nesta segunda volta da competición. Neste envite, o cadro dirixido por Ramón Cabanas impuxose con toda xustiza a Sociedade Deportiva Rioaveso por un marcador de tres goles a un.
O elenco vermello fixose co control do xogo dende o primeiro minuto, nun partido no que o cadro visitante saíu o campo sen a convinción necesaria para afrontar un encontro de liga, e incluso infravalorando a calidade -pouca ou moita, saberase o final de liga- do conxunto titular do campo.
Só a falta de puntería fixo que o equipo de O Vicedo non se adiantara no marcador antes do tempo de lecer, nun período no que o Rioaveso apenas se acercou pola portería defendida por Guillermo.
Pero, nada máis comenzar a segunda metade, na primeira xogada de ataque, os locais darían o primeiro aviso de gol. Este chegaría nunha xogada combinatiba do ataque local que Pigueiras acertaría a enviar as mallas. Pouco despois, Álex a saída dun córner establecía de cabeza o dous a cero, e con este tanto subía a oito a súa marca de goles no presente exercicio. O terceiro gol, chegaría despois dun lanzamento de Pedro que a defensa non acertou a despexar e o coiro rematou na rede despois de tocar en Pigueiras. Xa nos últimos minutos, Manolo de falta directa marcaría o gol do conxunto vilalbés.

lunes, 12 de enero de 2009

S.D. GUITIRIZ 2 - U.D. FOLGUEIRO 1

S.D. GUITIRIZ: 2 Yago, Iván Ansede, César, Diego Ferreiro, Iván Labrada, Mauro, Iván Cruz, Josito, David Fernández, Kiko e Jose. Tamén xogaron Suso, Iván Iñiguez, Miguel e Emilio.
U.D. FOLGUEIRO: 1 Guillermo, Pablo, Diego, Óscar, Cristian, Abel, Dani, Felipe, Pedro, Pigueiras e Orlando. Tamén xogaron Fabián e Kubala.
GOLES: 1-0 min. 21 Jose; 2-0 min. 40 Josito; 2-1 min. 71 Pedro.
ARBITRO: Cabanas Parrado, delegación de Lugo.
A Unión Deportiva Folgueiro estivo cerca de conseguir un resultado positivo na súa visita o dificil campo da Veiga, donde se mediu o lider da categoría.
O encontro comezou con dominio local que buscaba a portería vermella a base de combinacións, mentres que o cadro visitante partía cas liñas xuntas e retrasadas para buscar a contra as súas opcións de ataque.
O primeiro gol local chegou nun ataque pola bande dereita que rematou cun centro que Jose, libre de marca no segundo pau, remataba ó fondo das mallas. O cadro locatario seguía atacando na busca de aumentar o marcador, pero o Folgueiro comezaba a chegar con certo perigo a portería defendida por Iago, cun remate de Felipe dende fora da área e nunha xogada moi protestada polo bando visitante por un posible penalti sobre Pigueiras.
A pouco de rematar a primeira metade, e despois dun saque de esquina a favor do conxunto de Cabanas, o Guitiriz montou unha contra que remataba no segundo gol transformado por Josito. Chegaríase ó descanso co resultado de 2 goles a cero.
Na segunda metade o cadro de O Vicedo adiantou máis as liñas para intentar reducir a desventaxa. O equipo local dispoñía de máis espazos e chegaba con moito perigo a portería defendida por Guillermo. Pablo no rechace dunha falta estivo a punto de marcar o primeiro, pero este non chegou ata que mediada a segunda parte o conseguira Pedro cun forte lanzamento dende fora da área. O empate puido chegar cun remate de cabeza de Pigueiras que o meta local envíou a córner nunha gran parada. A S.D. Guitiriz puido deixar sentenciado o encontro nunha das moitas contras que tivo e incluso, nun penalti marrado por César no tempo de desconto, pero o marcador non se movería.
A crónica de sdguitiriz.com:


O SD Guitiriz vence 2-1 o Folgueiro
O SD Guitiriz comezou a segunda volta con unha nova victoria, nesta ocasión por 2-1 sobre o UD Folgueiro. O estado do terreo de xogo compricou moito a circulación do mesmo, a pesar disto a primeira metade rematou con 2-0 grazas os goles de Jose e Josito, e so a magnifica actuación do porteiro visitante Guillermo impediu que o encontro quedara xa sentenciado.Na segunda metade Guillermo volveu ser o protagonista o desbaratar numerosas ocasións de gol do SD Guitiriz incluído unha pena máxima. Un gol mediada a segunda metade do Folgueiro creou certa incertidumbre polo corto do resultado aínda que as ocasión seguiron sendo do SD Guitiriz.Alineación: Yago, Iván Ansede, César, Diego Ferreiro, Iván Labrada, Mauro, Iván Cruz, Josito, David Fernández, Kiko e Jose. Tamen xogaron Suso, Iván Iñiguez, Miguel e Emilio.