lunes, 6 de julio de 2009

XOVE F.C. GAÑA O TORNEO DE FÚTBOL

O Xove F.C., composto por moitos dos xogadores que alcanzaron a Preferente Autonómica co Xove Lago, fíxose co título no torneo de O Vicedo cun gol de Álvaro a 2 segundos do final do encontro.

O Almacén, un conxunto moi xoven composto por rapaces de Cervo e Burela, adiantouse na final con goles de Jandri e Carlos, o que facía presaxiar un triunfo da escadra cervense; pero o cadro verde conseguiulle dar a volta o marcador con goles de Álvaro, Antonio e novamente Álvaro cando tan só quedaban 2 segundos.

Máis información no enlace da dereita.

Xove F.C.

O Almacén

viernes, 3 de julio de 2009

MOLO SERÁ O ADESTRADOR


Na tarde de onte a Unión Deportiva Folgueiro e Xosé Ramón González López, conocido futbolísticamete co nome de Molo, firmaron o acordo polo cal este se convirte no responsable técnico do equipo na vindeira tempada.

Molo, que a tempada pasada comezou adestrando o Muras, ten un amplo historial de éxitos en todos os equipos nos que estivo como poden ser o ascenso co San Ciprián a Primeira Autonómica e a consecución da Copa Deputación, o dobre ascenso o Alfoz, ó que levou dende Segunda Autonómica ata Preferente; tamén cambiou de categoría co Iberia C.F. levandoo dende a Primeira ata Preferente; ou o seu último ascenso co Viveiro CF Xuvenil a Liga Galega. Tamén conseguiu unha Copa Deputación na súa estancia no Santaballés.

Con esta fichaxe o clube quere buscar a consolidación na categoría.