jueves, 29 de mayo de 2008

TRABALLO EXTRA PARA OS DIRIXENTES

Trala marcha de Quesada do banquillo, a directiva da Unión Deportiva Folgueiro está a traballar na contratación do novo "mister" cara a tempada que entra. Nun breve prazo informaremolos das novidades que se poidan dar.

QUESADA NON SEGUIRÁ DE ADESTRADOR A TEMPADA 2008-2009



Na tarde-noite do día de onte confirmouse a non presenza de Quesada como máximo responsable técnico da Unión Deportiva Folgueiro para a próxima tempada. A directiva do Folgueiro intentou ata o último momento convencer o adestrador asturiano, pero este decidiu elexir outra oferta para adestrar outro equipo (cando Quesada ou o seu novo equipo confirmen públicamente a nova, poñeremolo neste blog). Unha vez máis, o pouco poder económico do clube, foi un impedimento para conseguir que o adestrador que acaba de ascender o equipo a segunda autonómica, seguira unha tempada máis no banquillo.
Dende o clube queremos agradecer a Quesada o seu gran traballo á fronte do equipo, culminado co ascenso; o bo facer do técnico levou a ilusión os nosos aficionados ata o último acto da tempada - a cea do 24 de maio- no que moitos deles lle deron mostra do cariño e do respeto que lle colleron durante o último ano.
Tamén queremos desexar toda a sorte do mundo na nova etapa como adestrador.

martes, 20 de mayo de 2008

A HISTORIA EN DERBIS

Con motivo do quinto aniversario da Unión Deportiva Folgueiro, a directiva quere celebrar este evento no que se reunen tres equipos veciños. O rivais foron elexidos para tamén repasar o que foron estes cinco anos de vida do conxunto local, nos que estes derbis movían xente das tres localidades para competir en busca de algo máis que tres puntos ou que dun pase a seguinte ronda.
A primeira tempada da UDFolgueiro estaba encadrada na categoría de segunda autonómica, onde tamén competía o Sacido. O primeiro encontro destes conxuntos foi no Municipal de Viveiro rematando con empate a 1 tanto. Orlando adiantaba ó Sacido e Cataña empataba para o Folgueiro. O encontro da segunda volta o Folgueiro, que loitaba por evitar o descenso impoñíase por 6-2 a un Sacido que loitaba polo cambio de categoría. Abel(2), Juan Carlos, Santi, Álex e Morán marcaban para o Folgueiro e Manu anotaba os dous tantos do Sacido. Na mesma tempada, pero esta vez na copa o Folgueiro impoñíase no partido de ida disputado en Boavista por 1 tanto anotado por Chema; e faría o mesmo na volta cun tanto anotado por Cataña.
A seguinte tempada volveu a emparexar os dous conxuntos na mesma categoría, impoñendose o Sacido en Viveiro e o Folgueiro en Boavista, o resultado da ida foi de 2-0 con goles marcados por Cholo e Manel; e o resultado da volta en Boavisto foi de 1-0 con un gol de Abel. Este ano na copa pasaría o Sacido, que en partido único disputado no Folgueiro vecía por 0-2 con goles de Manel de falta e Orlando de penalti.
A tempada 2005-2006 trouxo o descenso de categoría da UDFolgueiro, o Sacido sería rival na liga e Galdo na copa. Nesta tempada tamén o enfrontamento da 1ª volta sería en Viveiro no que non se movería o marcador. Na segunda volta en Boavista adiantabase o cadro local cun gol de penalti de David pero Amador nos últimos compases poñía o empate definitivo. A segunda eliminatoria de copa deste ano traíanos o primeiro compromiso oficial entre o Galdo e quipo vermello, o Cadro de Tras Vías eliminara na primeiro ronda o Sacido e o conxunto dirixido naquel momento por Ángel viña de eliminar a S.D. Ourol; o Galdo adiantaríase no marcador cun gol en propia meta de David e conseguiría aguantar ese resultado ata o final do encontro, a pesar de que o mesmo David errara unha máxima pena nos últimos minutos de encontro.
A tempada 2006-2007 o conxunto vermello competía en terceira autonómica, mesma categoría que o Galdo, equipo que o final conseguiría ascender a segunda autonómica. O primeiro encontro foi no campo de Tras Vías e remataría con victoria local de 2 tantos a 1. Cataña adiantaba o Galdo na primeira metade e nos últimos minutos de encontro Abel poñía o empate que parecía definitivo, pero outra vez Cataña en tempo e desconto marcaba para o Galdo. O partido de Boavista acabaría co mesmo resultado que o da primeira volta, Fabían adiantaba os vermellos, Diego en propia meta establecía o empate antes de que Dani marcara o penalti que poñía o 2-1 definitivo. A copa desta tempada tamén traería dous derbis, en primeira ronda o Folgueiro eliminaba o Sacido a doble partido, gañando por 3-1 en Boavista e perdendo por 2-1 en Viveiro, o que lle daba o pase a seguinte ronda para enfrentarse o Galdo que tamén sucumbía en Boavista por 3 a 0.
E nesta tempada que acaba de rematar, volverían os enfrentamentos ligueiros entre o Sacido e o Folgueiro, e como as tempadas anteriores o primeiro sería en Viveiro, 2-1 sería o resultado con gol de Álex que adiantaba os visitantes e goles de Diego en propia meta e Adrán que valían para que o Sacido lle dera volta o marcador. Na segunda volta o equipo de Boavista impoñíase por 3 tantos a 0. Pigueiras, Dani e Álex anotarían os goles. Este ano o derbi co Galdo sería na copa, o 2-0 da volta en Galdo con goles de Bruno e Anxo daban o pase o Galdo que no partido de ida empataba en Boavista a 1 tanto (Llamas para os visitantes e Borja para os locais)
A vindeira tempada enfronta os tres equipos en segunda autonómica.

lunes, 19 de mayo de 2008

APUNTATE XA!!!!


lunes, 12 de mayo de 2008

REMATOU A TEMPADA

N.R. GALDO: 2 Luis, Edu, Castilla, Senén, Popi, Paguato, Llamas, Fran, Chefo, Anxo e Bruno. Tamén xogaron Manolito, Fredi e Adrián

U.D. FOLGUEIRO: 0 Guillermo, Abraham, Bruno, Pablo, Cristian, Abel, Pigueiras, Quesada, Álex, Dani e Borjita. Tamen entraron Orlando, Fabián Diego e Óscar.

GOLES: 1-0 Bruno; 2-0 Anxo

viernes, 9 de mayo de 2008

PARTIDO DE VOLTA


lunes, 5 de mayo de 2008

O PASE DECIDIRASE EN GALDO

U.D. FOLGUEIRO: 1 Guillermo, Abraham, Diego, Óscar, Cristian, Abel, Fabián, Pedro, Álex, Dani e Pigueiras. Tamén xogaron Borja, Pablo e Kubala.
N.R. GALDO: 1 Luis, Senén, Castilla, Popi, Casti, Pardi, Fredi, Chefo, Llamas, Paguato e Fran. Tamén xogaron Anxo, Edu.
Goles:
0-1 Llamas
1-1 Borja