miércoles, 19 de mayo de 2010

BOAVISTA EN OBRAS



Na mañá de hoxe, deron comezo as obras do terreo de xogo do campo de Boavista. O que en principio sería unha pequena actuación na mellora do piso convertíuse no levantado total do céspede actual.
A esta obra uniraselle a colocación da cuberta na actual grada e a reforma case que total dos vestiarios.
Coa finalización destas tres actuacións, Boavista cambiará por completo a súa cara.

domingo, 16 de mayo de 2010

viernes, 14 de mayo de 2010

A ENTRADA NO SACIDO - FOLGUEIRO SERÁ DE BALDE

A Federación Galega de Fútbol non permite que os equipos locais nas eliminatorias a partido único cobren polo acceso o recinto deportivo. Nas normas desta edición da Copa Deputación, o ente provincial deixa ben claro que so se poderá cobrar entrada na eliminatoria de primeira ronda e na das semifinais, as únicas que se celebran a dobre partido.
Polo que esperemos que acuda o maior número de aficionados do noso clube, a pesar, de que os últimos minutos de encontro coincidan ca última xornada da Liga BBVA, na que os dous grandes do fútbol nacional se xogan o título.

ARRANCAN AS OBRAS

As reunións dos representantes da Unión Deportiva Folgueiro co Concello de O Vicedo empezan a dar os seus froitos, funcionarios municipais comenzaron o pasado luns cas obras no campo do Colexio de O Vicedo, co fin de adaptar este para que cadro vermello poida adestrar nestas instalacións sitas no recinto de educación.
Así mesmo, o torneo de fútbol celebrado este últimos no campo de Boavista disputarase este ano no mencionado campo, por mor das obras no Campo Municipal de Boavista, que consistiran na mellora do piso do recinto deportivo e a reforma case que total dos vestiarios, así como o cuberto das gradas, unha das cousas máis demandadas polos aficionados vermellóns.

jueves, 13 de mayo de 2010