lunes, 25 de mayo de 2009

SUSPENSE ATA O FINAL



A U.D. Folgueiro segue adiante na Copa Deputación despois de vencer ó C.D. San Román cun gol de Pigueiras no minuto 88 de partido. O cadro local colleu ventaxa cun gol materializado por Cándido dende o punto de penalti. Dende a mesma distancia, pero esta vez na outra área, Álex establecía a igualada; pouco despois Brais adiantaba o caro de Boavista, para chegar co 1-2 ó descanso.


Na segunda metade, No subía a empate a dous tantos; e logo duns minutos de emoción e suspense, Pigueiras poñía nota ó gran traballo de todo equipo na tarde de onte no campo de A Chá.


O C.D. Alfoz, que eliminou o Mondoñedo na tanda de penalti, será o próximo rival do cadro vermello na eliminatoria de cuartos de final, esta vez o choque será en Boavista.

lunes, 18 de mayo de 2009

ELIMINATORIAS DE OCTAVOS


A U.D. Folguerio medirase ó C.D. San Román o vindeiro domingo no Campo de Chá.

jueves, 14 de mayo de 2009

ARRASTRES, ASCENSOS, DESCENSOS, DESAPARICIONS...


CON ESTE CADRO, INTENTAMOS EXPLICAR COMO ESTARIA A DIA DE HOXE A TEORICA CONFIGURACION DAS CATEGORIAS E GRUPOS, TAMEN DECIR, QUE E MOI PREMATURO PARA AVALIAR O TEMA ANTES DA DISPUTA DAS DISTINTAS FASES DE ASCENSO.