jueves 19 de noviembre de 2009

PASO ATRAIS NO NOREÑA BASANTA DE PARGA

PARGA F.C. 2 - 0 U.D. FOLGUEIRO

PARGA F.C.: Víctor, Luis, Sergio, Varela, Óscar, Cascudo, Rubán, Alberto, Fran, Jabucho e
Adrián. Tamén dispuxeron de minutos Jorge e Robincha.
U.D. FOLGUEIRO: Guillermo, Fabían, Chiqui, Luchi, Cholo, Pigueiras, Iván, Borjita, Álex, Bouza e Borja (Óscar).
ARBITRO: Carlos Méndez.
Goles: 1-0 Sergio; 2-0 Jorge.
A Unión Deportiva Folgueiro fixo bó o dito "o que perdoa, paga"; xa que nos primeiros minutos de encontro dispuxo de varias ocasións para poñerse por diante no marcador; o gol non chegou polo bando visitante pero sería o cadro locatario o que despois de recoller un balón solto dentro do área adiantabase no marcador. A partir de ahí os locais colleron folgos e o cadro visitante andaba na procura do empate, pero non erá quen de entrar na defensa chairega como o fixera nos primeiros minutos. Álex, Cholo, Luchi e Borja rondaron o empate xa contra o final do encontro, pero o que atinaría a marcar foi o Parga F.C. aproveitando unha contra nos minutos de desconto.

lunes 9 de noviembre de 2009

TRES PUNTOS SUFRIDOS

U.D. FOLGUEIRO 2 -1 BONXE F.C.

U.D. FOLGUEIRO: Guillermo, Felipe (Iván), Chiqui, Luchi, Cholo, Cristian, Pigueiras, Catanha, Álex (Borjita), Bouza e Borja.
BONXE F.C.:
Goles: 1-0 Álex; 2-0 Luchi; 2-1 Cobas.
A Unión Deportiva Folgueiro aproveitou os primeiros minutos do encontro para coller unha vantaxa de dous goles que lle sirveu par conquerir os tres puntos. O gol visitante, tamén anotado no primeiro acto, foi un punto de inflexión no partido, xa que os homes de Rozados colleron folgos e pasaron a dominar o partido que puideron empatar en varias acción na segunda parte. O final o marcador non se movería nesta parte e esta victoria sirve os de Molo para situarse a un punto dos postos de privilexio.

lunes 2 de noviembre de 2009

VOLTA Á SENDA DA VICTORIA

S.D. RIOAVESO MACHINANGO 0 - 2 U.D. FOLGUEIRO

S.D. RIOAVESO: Alberto, Nito, Roberto Carlos, Suso, Alberto, Cristian, Piti, Corvo, Andrés, (),(). Tamén xogaron Rafa, Pibe e Carlos
U.D. FOLGUEIRO: Guillermo, Óscar, Chiqui, Luchi, Cholo, Cristian, Pigueiras, Catanha, Álex, Bouza e Borja. Tamén xogaron Borjita e Fabían.
GOLES: 0-1 Álex; 0-2 Catanha
A Unión Deportiva Folgueiro repuxose das dúas derrotas consecutivas logrando unha victoria no campo vilalbés de Paraños ante un cadro local que viña de encadear tres triunfos. O cadro vermello saíu dende o minuto un a polo partido e de ahí o primeiro gol que marcou Álex nos primeiros minutos de encontro. Despois dun dominio claro con continuas ocasións para os de Molo chegaríase con ese resultado o descanso. No segundo acto, os de Boavista controlaron o partido e non deixaron que os locais fixeran ocasións e lograron sentenciar o partido cun tanto de Catanha despois dunha boa xogada colectiva.
 
Elegant de BlogMundi