martes, 31 de marzo de 2009

XXVI COPA DEPUTACIÓN

NOTA: Na 2ª ronda o cadro local será o que aparezca no cadro na parte superior

" O delegado a Área de Deporte da Deputación, Antonio Veiga, presentou este sábado a XXVI Edición da Copa Deputación no Pazo de San Marcos. No acto tamén estiveron presentes o delegado provincial e o membro da Federación Galega de Fútbol, Carlos Mouriz e José Ángel Latas, e o responsable técnico da Área de Deporte, Eduardo Fernández Abel. Na súa intervención, Antonio Veiga resaltou a “colaboración e a predisposición” e todos e cada un dos clubs que participaron da última edición da Copa Deputación, data na que o trofeo conmemoraba o seu 25 aniversario. Ademais, no ano 2008 tivo lugar a primeira Supercopa disputada entre o equipo campión das categorías 1ª autonómica e preferente autonómica, 2ª e 3 ª autonómica, e a Sociedade Deportiva de Lugo. A maiores, este ano tamén se disputará a primeira Copa Deputación de Fútbol Feminino. Esta iniciativa pretende potenciar o deporte feminino, especialmente o fútbol, en todas as comarcas lucenses. Xa que, na actualidade, Lugo só conta con dous equipos de fútbol feminino federados, o Club Friol e o Atlétic Muralla, que disputarán a final deste novo torneo.Para a posta en marcha desta última edición da Copa Deputación, a Área de Deportes conta cun orzamento de case 100.000 euros. Nesta liña, Antonio Veiga notificoulles ao clubs deportivos participantes no trofeo que o campión e subcampión da categoría 1ª autonómica e preferente autonómica, será premiado con 5.000 e 4.000 euros respectivamente. Ademais, cada equipo recibirá 450 euros por partido xogado. En 2º e 3º autonómica, os premios alcanzarán os 4.000 e os 3.000 euros, e os clubs percibirán 385 euros por partido disputado.Nas categorías 1ª autonómica e preferente autonómica xogarán un total de 19 equipos. Retiráronse da competición os clubs e sociedades deportivas de Castro, Burela, Foz, Valadouro e Ribadeo. En 2ª e 3ª autonómica o número de clubs participantes elévase a 32. Lugo, 27/03/2009 "

Fonte: http://www.deputacionlugo.org/contenido.asp?id=5092

lunes, 30 de marzo de 2009

REACCIÓN

C.D. GOIRIZ 2 - 5 U.D. FOLGUEIRO


A Unión Deportiva Folgueiro logrou impoñerse na súa visita ó Campo de O Ventiño por dous tantos a cinco despois de seis xornadas sen coñocer a victoria. O cadro vicedense disputaba un partido transcedental de cara a súa continuidade na Segunda Autonómica.

O partido non podía empezar de peor forma para os visitantes, xa que os 7 minutos o colexiado do encontro inventabase unha pena máxima que sorprendeu máis os locais que o cadro foráneo, os de azul, que nesta xornada perdían de forma matemática a categoría, aproveitaron o regalo e puxeronse por diante no marcador.

O cadro dirixido por Cabanas, en vez de virse abaixo, sacou casta e en 10 minutos deronlle a volta o marcador con goles de Álex e Dani; Dani puido subir o terceiro o marcador pero o xuez seguía sen impartir xustiza e anulaba un gol a Dani por un fora de xogo inexistente. Pero nun saque de falta de Quesada, que volvía ó equipo, Pigueiras adiantabase o porteiro e establecía ca cabeza o terceiro gol. Co resultado de 1 gol a 3 chegabase o descaso e ca sensación de que a renta podía ser maior.
Na segunda metade os rojillos sairon a conservar a ventaxa e dispuxeron de perigosas contras, pero os primeiros en conseguir gol serían os locais que conseguían perforar a meta visitante despois dunha mala saída de Guillermo. Este gol levaba a incertidumbre o resultado e os primeiros nervos o cadro de Boavista. Pero pouco despois, Pigueiras anotaba o seu segundo gol a saída dun córner e con el volvía a tranquilidade. O quinto puido vir en moitas contras pero unhas veces a falta de tino e outras a multitude de fóra de xogo sinaladas atrasaban o tanto ata que Álex nunha gran xogada persoal establecía o marcador definitivo.






jueves, 26 de marzo de 2009

FINAL DE INFARTO


Previsiblemente, estes catro equipos xogaranse a praza de descenso que queda libre, sempre e cando o C.D. Goiriz non faga un final de liga impresionante (tería como mínimo ganar catro dos cinco partidos que quedan por disputar), ou o Mondoñedo C.F. remate de forma nefasta o campionato (ahora esta a sete puntos do descenso).
Tan só tres puntos separan os catro conxuntos a falta de quince por disputarse, a UDF optará a 18 por ter un partido máis, o aprazado no seu día cando os de Cabanas visitaban Pol.
COMPARATIVA ENTRE OS CONXUNTOS
XORNADAS RESTANTES

ENFRONTAMENTOS DIRECTOS

miércoles, 25 de marzo de 2009

PROBLEMAS CARA O GOL

U.D. FOLGUERO 0 - 2 BONXE C.F.

A Unión Deportiva Folgueiro saíu derrotada do enfrontamento correspondente á vixesimo sexta xornada de liga que o enfrontaba o Bonxe Clube de Fútbol.

O cadro local saltou o campo a por todas dende o primeiro minuto de xogo e dispuxo de numerosas ocasións de gol durante a primeira parte, pero a falta de acerto cara o gol negou ese tanto que dera ventaxa o cadro local. E cando máis estaban a atacar os locais, unha perda de balón no centro do campo orixinou unha contra que remataría co primeiro gol visitante. Co resultado de 0 a 1 chegaríase o descanso.
Na segunda metade o cadro de Boavista atacou con máis corazón que cabeza, a ocasión máis clara sería un remate de Pedro que se marchou fora por pouco. Despois chegaría a xogada desgraciada do partido, ataque visitante, Cristian fai falta, o que lle supón a vermella directa, no saque de falta sen aparente perigo o sol xogalle unha mala pasada a Guillermo que non pode atallar e deixa o esférico franco para que o dianteiro suba o segundo tanto. A partir de ahí os visitantes puideron aumentar a renta, xa que dispuxeron de numerosas contras.

REFORZO DE LUXO

QUESADA ÚNESE Ó PLANTEL
Ante a proximidade da zona de decenso, sumado os problemas de efectivos que está a ter o equipo nas últimas xornadas, fixo que a directiva se puxera máns a obra na busca de reforzos para os partidos que quedan.

O presidente, Fernando Pigueiras, despois de recibir o beneplácito do Viveiro C.F. puxose en contacto con Quesada para convencelo para que se sumara a plantilla para axudar a evitar o descenso a terceira autonómica.

Ante a resposta afirmativa, Quesada pasa a formar parte do plantel de xogadores do clube, que compaxinará ca súa laboura de entrenador do equipo xuvenil do Viveiro C.F. que está a competir na liga galega

lunes, 16 de marzo de 2009

ÚLTIMOS MINUTOS FATÍDICOS

U.D. PASTORICENSE 2 - 1 U.D. FOLGUEIRO

U.D. Pastoricense: Trabado, Poupariña, Iván, Cami, Iago, Fiz, Fontela, Javi, Farra, Ivan Fernández e Mel.

U.D. Folgueiro: Guillermo, Pablo, Kubala, Óscar, Cristian, Abel, Brais, Orlando, Felipe, Pigueiras e Fabián.

Goles: 0-1 Cristian; 1-1 Iago; 2-1 Cami.

A Unión Deportiva Folgueiro comprícase a vida despois dos resultados da última xornada no grupo sexto de Segunda Autonómica, xa que ademáis do tropezo do club vermellón en Bretoña, úneselle a victoria de todos os seus perseguidores, o que deixa ó cadro de O Vicedo a tres puntos dos postos de descenso a Terceira Autonómica.





No partido contra o Pastoricense, o cadro de Boavista saíu dormido e veuse superado en todo momento polo cadro local nos primeiros compases do xogo. Os locatarios desperdiciaban ocasións de gol, mentres que os de Moncho Cabanas solo chegaban en arreóns individuais de Fabián e Pigueiras. O final dos primeiros 45 minutos o marcador non se movería por sorte para os foráneos, que a este encontro chegaban mermados por importantes baixas, xa que o cadro branco levaba moito perigo nas xogadas a balón parado debido a alta estatura dos seus xogadores.


A segunda parte empezou cun Folgueiro máis centrado e mellor colocado no campo, o que se notaba con máis chegadas a porta defendida por Trabado. Nun saque de falta de Pablo, Cristian enviaba o coiro as mallas e poñía por diante no marcador a UDFolgueiro. A partir de ahí, os locais arriesgaron o xogar con tres defensas e pasar a Iago, o seu mellor home onte, o medio do campo. No ecuador desta parte, o noso equipo controlaba os ataques locais e saía con perigo a contra pero nestre intre os nosos xogadores xa escomenzaban a estar mosqueados ca actitude do colexiado, que ía comendo a moral en pequenos detalles. Xa nos últimos minutos os de Nacho apretaron e nunha xogada sen aparente perigo, Fiz consigue roubar un balón na área e sacar un centro (os nosos xogadores protestaron xa que consideraban que o balón saira pola liña de fondo) pasado que Pablo non foi de sacar cando tiña toda a ventaxa, o coiro roubouno de novo un xogador local que de novo, voltou a centrar a cabeza de Iago que rematou a portería, o balón deu na mán de Óscar e o arbitro sinalou penalti. O mesmo Iago foi o encargado de transformar a pena máxima. E catro minutos máis tarde, nunha falta sacada perfectamente por Andrés, Cami subía o segundo tanto o marcador para a desolación da expedición vermella.


A Unión Deportiva Folgueiro estivo a poucos minutos de sacar un resultado positivo do campo de Bretoña, pero os dez últimos minutos de partido transformaron a ilusión en impotencia.

viernes, 13 de marzo de 2009

U.D. PASTORICENSE

A Unión Deportiva Folgueiro visitará o vindeiro domingo 15 de marzo o sempre díficil campo de Bretoña, feudo onde disputa os seus partidos como local a Unión Deportiva Pastoricense, o equipo que deixou mellor impresión no Campo de Boavista no que vai de liga.

A cercanía dos postos de descenso fan que cada partido que pase, o noso equipo, se vexa obrigado, a arrancar puntos en todolos campos, pero neste caso non será nada sinxelo xa que nos vamos enfrentar a un equipo chamado a estar ano tras ano nos postos altos da clasificación.

O equipo da Pastoriza partía este ano ca premisa de repetir as actuacións das pasadas tempadas, e decir, de rematar a liga entre os cinco primeiros, e a poder ser poder logar o ascendo; para eso, neste exercicio, o "volante" do equipo foi dado a Nacho, que pasou de facer unha extraordinaria labor no posto de central a levar as rendas do equipo como adestrador no canto de Moirón (que este ano e o encargado de levar o timón do Mondoñedo F.C.).

O equipo reforzouse en varios postos, á defensa chegou Iago, e nos postos máis adiantados ficharon a Farra do Meira e Javi do Pol, pero quizá o talón de Aquiles este ano sexa a portería, ata seis gardametas pasaron por defender a portería este ano, sen conseguir unha continuidade, e o equipo pasou de ser un dos conxuntos máis fortes defensivamente (mencionar que en anos anteriores Rubén, actual porteiro do Xove Lago e Cupeiro, agora no Mondoñedo foron dos porteiros menos batidos da categoría), a ser este ano un conxunto que encaixa goles con facilidade.

O cadro branco empezou a liga con dúbidas, pero nove xornadas sen perder colocabano nos postos altos, o que facía presaxiar que o conxunto adestrado por Nacho podía estar de novo loitando polo ascenso ata a última xornada como ocorrera o ano pasado, pero tres xornadas negativas nas que non conseguiron a victoria (4-3 en Bonxe, 1-1 na casa co Cospeito e 5-3 na visita a Mondoñedo) apartarono definitavemente da loita polo ascenso.


NOME: Unión Deportiva Pastoricense

CAMPO: Bretoña

EQUIPACIÓN: camiseta, patalón e medias brancas.


NOTA: Para este encontro ten sancionados os xogadores Carlos e Treitas.


RESULTADOS DA TEMPADA 2008-2009


martes, 10 de marzo de 2009

AUSENCIA DE GOLES

U.D. FOLGUEIRO 0 - 0 PARGA F.C.

viernes, 6 de marzo de 2009

ANÁLISE DO RIVAL: PARGA F.C.

O vindeiro rival que visitará o campo de Boavista para medirse a Unión Deportiva Folgueiro será o Parga Fútbol Club, equipo pertencente o Concello de Guitiriz e que actualmente ocupa a decimoterceira posición con 21 puntos.

Este conxunto guitiricense saía a principios da tempada co obxetivo de estar nos primeiros postos da clasificación, pero un cúmulo de circunstacias a principio da liga, entre as que destacan as lesións e as sancións, fixeron que este conxunto se quedara estancado nas últimas posicións, e incluso o adestrador que comezou este exercicio, Epi, deixara o posto nas mans de Paulo César. Co novo adestrador, chegou algún fichaxe e, unido a recuperación de lesionados fixo que o cadro que viste tamén de vermello fora escalando posicións chegando a sair dos postos de descenso.
Na actualidade, ocupa a decimoterceira posición con 21 puntos, a tan só 5 do Folgueiro, o que fai do partido do vindeiro sábado unha auténtica final.

NOME: Parga Fútbol Club
CAMPO: Noreña Basanta
EQUIPACIÓN: Camiseta e medias vermellas, pantalón azul
WEB: http://www.pargafutbolclub.es.tl/
DATOS DE INTERESE: Nos últimos días perdeu a un dos seus mellores xogadores, Diego, que fichou polo Sporting Sada de Preferente Autonómica. Leva dúas victorias a domicilio(Cospeito 1 - Parga 3 e Guitiriz 0 - Parga 1) e outros tantos empates (Goiriz 1 - Parga 1 e Pol 1 - Parga 1).


ÚLTIMOS PARTIDOS A DOMICILIO

RESULTADOS TEMPADA 08-09

jueves, 5 de marzo de 2009

O QUE MAL EMPEZA...

S.D. CERVO SARGADELOS 4 - 1 U.D. FOLGUEIRO

S.D. CERVO: Ratoeira, Bili, Simón, Trigo, Diego, Raúl, Carlos, Marcos, Cayón, Gayol e Paco. Tamén xogaron Marcos Quelle, Pedro Reimunde, Jairo e Alfonso.
U.D. FOLGUEIRO: Guillermo, Fabián, Kubala, Óscar, Pablo, Pedro, Brais, Dani, Álex, Pigueiras e Catanha. Tamen dispuxeron de minutos Luis e Fran.
Arbitro: Jesús Martín Flores.
Goles: 1-0 Gayol; 2-0 Carlos; 2-1 Álex; 3-1 Carlos; 4-1 Alfonso.
Un desofortunado comezo de partido marcou o desenrrolo do choque desputado polo cadro de Boavista na súa visita o campo cervense da Bidueira. Un gol de penalti de Iván Gayol no primeiro minuto e outro de Carlos cando transcurrío o quinto poñían o partido moi costa arriba.
A este inicio seguía outro tramo de desconcerto no cadro visitante, motivados pola avalancha de ataques locais, o desconcerto polo díficil do resultado e a lesión de Pablo, que obrigou a Moncho a trastocar o esquema.
Pouco a pouco, os vermellos ían asentandose no campo e nun ataque, Pigueiras entra no área co balón controlado e un defensa local faille penalti, Álex encargaríase do lanzamento e subía o tanto visitante o marcador. Xa transcurridos uns minutos, Gayol recibe un balón no medio do campo e pon un pase medido a Carlos que encara a Guillermo e eleva o coiro por encima deste para subir o terceiro tanto o marcador. Con este resultado chegaríase o descanso.
No segundo tempo, o cadro vicedense saíu a recortar distancias, adiantou as súas liñas e encerrou o cadro azulón no seu campo na busca do segundo gol deixando moitos espacios en defensa que permitían perigosas contras do cadro local. E nunha destas contras, Alfonso poñía o 4-1 definitivo no tempo de desconto.