miércoles, 29 de agosto de 2007

O VINDEIRO FIN DE SEMÁN XOGAREMOS DOUS PARTIDOS

Fin de semán con dous encontros:

O sábado 1 de setembro desplazarémonos ó Municipal de Xermade para enfrentarnos o cadro desa localidade que milita no grupo sexto de segunda autonómica. Un dos equipos punteiros da categoría que alcanzou a final na última edición da Copa Deputación. Este enfrontamento será as seis e media da tarde.

E o domingo xogaremos un partido, ainda que sexa amistoso, de máxima rivalidade ante os nosos veciños de Galdo, equipo recén ascendido á segunda autonómica. Para máis datos pincha sobre o cartel.

viernes, 24 de agosto de 2007

UD FOLGUEIRO 2 - SD CAÑOLES 1

U.D. Folgueiro: Guillermo, Pablo (Kubala), Hugo, Óscar, Abraham, Abel, Orlando, Borjita, Dani, Cristian (Álex) e Pedro.

S.D. Cañoles: Soto, Dido (Dani), Borja, Adrián, Diego Mañón, Enrique, Choco, Pernas (Rodro), Jorge, Emilio e Diego.

Goles: 1-0 Orlando, 2-0 Álex, 2-1 Emilio.

O Folgueiro vence pola mínima no partido de adestramento disputado onte en Boavista, nun partido no que o equipo local foi de máis a menos ante un Cañoles que buscou o empate nos últimos minutos de encontro.
O choque comezou cun Folgueiro que quería lavar a cara do seu último encontro no campo de Esteiro, e cun cadro visitante mostrando as mesmas armas que no anterior choque, equipo ben colocado a espera de coller unha contra e cunha defensa presionando para buscar o fora de xogo.
O xogo transcurría en campo coruñés, no que o equipo adestrado por Quesada movía o balón buscando a entrada polas bandas de Dani e Borjita, sacando neste inicio varias faltas e córners que levanban o perigo a meta defendida por Soto.
Nun dos ataques do cadro visitante, Jorge recolle un balón solto na área e bate a Guillermo, pero o tanto e anulado por fora de xogo ante as protestas dos xogadores amarillos. O encontro seguía co mesmo guión do principio, cun Folgueiro rondando a area do equipo de Barqueiro, ata que Orlando despois de regaear a un defensa puxo o balón en donde non podía chegar Soto para establecer o 1-0 no marcador.
A partir de ahí, acabouse o fútbol, xa que as continuas faltas, interrupcións e o xogo aéreo voltaron o partido bronco e con continuas protestas.
A segunda metade transcurriu como os últimos minutos da primeira, deixando todo a expensas do balón parado ou de algún rechace. Nesta segunda metade, o equipo adestrado por Blanco adiantou as súas liñas para buscar o empate, cousa que aproveitaba o cadro vermello para sair en perigosas contras, ata que nunha delas, Álex, que entrara no descanso, foi derribado dentro da area, señalando o colexiado penalti. Pedro lanzou o penalti, pero Soto nunha gran parada enviou o balón a córner.
O cadro local creou varias ocasións na segunda metade, pero unhas veces o porteiro e outras a falla de puntería facían que a diferencia non se incrementase. E nunha das numerosas faltas que houbo, Óscar saca unha falta ó corazón da area que foi rematada por Álex para subir o segundo gol ó marcador.
O cadro visitante aumentaba o seu dominio, traducido no saque de varios córners e faltas, nos que buscaba conquerir algún gol, ata que un mal despexe da defensa local foi recollido por Emilio no borde da área para establecer o definitivo 2-1. Choco con un tiro dende fora da área puido conseguir o empate pero o lanzamento foi despexado polo porteiro local.
Os partidos da UDFolgueiro seguirán por partida dobre no primeiro fin de semana do mes de setembro, onde o día 1 visitará ó Xermade e o día 2 recibirá ó Galdo, ambos partidos disputaránse as seis da tarde.
Desexar á S.D. Cañoles sorte para a tempada e a todos os aficionados e compoñentes do clube unhas boas festas de Naseiro.

jueves, 23 de agosto de 2007

lunes, 20 de agosto de 2007

PRIMEIRO AVISO

S.D. CAÑOLES: Soto, Dido, Borja, Miguel, Diego Mañón, Enrique, Alberto, Pernas, Jorge, Emilio e Diego. Tamén xogaron Eric, Rodro, Choco, Dani.

U.D. FOLGUEIRO: Martín, Pablo, Hugo, Kubala (Abel), Óscar (Diego), Abraham, Borjita, Pedro, Álex, Dani e Zidane (Fran)

Goles: 0-1 Pedro, 1-1 Diego, 2-1 Emilio, 3-1 Diego, 4-1 Diego, 5-1 Choco, 5-2 Álex, 5-3 Abel.

O Cañoles deu o primeiro aviso da tempada ó Folgueiro vecendo por 5-3 nun partido nos que os locales estuveron máis frescos de pernas e tiveron máis gañas de vencer o encontro. Tamén decir que foi un partido no que Quesada fixo moitas probas de xogadores que actuaron en postos nos que no soen facer habitualmente.
O partido empezou sen un dominador claro, no que o equipo local puxo a súa liña defensiva moi adiantada e presionaba a saída do balón a un Folgueiro que non tocaba o coiro coma nos partidos anteriores, a pesar de ser un rival da mesma categoría que a nosa. Pedro, o creador do xogo vermello, non entraba en xogo; tanto os centrais como os laterais non se encontraban cómodos cos balóns nos pés; e ós interiores chegabanlles poucos balóns para poder desbordar e sacar centros.
A pesar do citado anteriormente, o Folgueiro conseguiu poñerse por diante no marcador cun penalti transformado por Pedro. Pero a partir de ahí o cadro visitante desapareceu do térreo de xogo e o Cañoles, a pesar de non facer un bó futbol, comenzaba a crear moitos problemas a zaga vermella, na que Óscar e Kubala eran desbordados unha e outra vez polo dianteiro Diego, que unha vez máis, esta con tres goles, demostrou que é a referencia ofensiva do seu equipo.
O Cañoles empatou o partido tras aproveitar o citado Diego unha mala cesión de Pablo a Martín, o dianterio amarelo quedouse só diante do porteiro e tras regatealo mandou o balón as mallas.
Ainda non pasaran dous minutos, cando outra vez Diego deixaba en evidencia os centrales visitantes, e despois de facer varios regates enviou un centro a Emilio para que este puxera o 2-1 no marcador.
A vagaxe do Folgueiro nestes minutos limitabase as xogadas a balón parado pero que en ningún momento sorprendían a un sempre atento Soto.
A segunda metade iniciouse con cambios no cadro visitante, no que Quesada deixou na ducha os dous centrais, Óscar e Kubala, e puxo nesa posición a Hugo e Abraham, entrando Diego no lateral esquerdo e Abel de mediocentro. Os visitantes adiantaron a defensa e intentaban remontar o partido, pero a falla de presión no mediocampo facían que o Cañoles buscase en longo as tres "balas" que tiña máis adiantadas, xa que Diego, Jorge e Rodro volvían loca a zaga visitante. E en dous deses balóns longos o equipo local conseguiu aumentar a ventaxa con outros dous goles de Diego, un dende os once metros e outro despois de regatear ó porteiro visitante Martín. Nese momento sólo existía un equipo sobre o campo, un Cañoles que sabía ó que xogaba empezaba a tocar o balón ante un cadro visitante que non foi a sombra do de partidos anteriores.
Choco nunha falta dende 25 metros puxo o quinto gol no marcador que empezaba xa a pesar nunhos xogadores visitantes que nos últimos minutos tiraron de orgullo para intentar reducir a diferencia no marcador ata poñela no 5-3 definitivo con goles de Álex de penalti e Abel tras rematar un córner.
Bojita, ex-xogador do Porto de Celeiro debutou ca camiseta da UDFolgueiro, sendo un dos mellores do cadro entrenado por Quesada que acabou o encontro moi enfadado coa actitude dos seus pupilos.
O próximo encontro da UDFolgueiro será o xoves día 23 as oito e media da tarde no campo de Boavista outra vez contra o Cañoles.

jueves, 16 de agosto de 2007

O TROFEO DAS FESTAS QUEDASE NA CASA

U.D. Folgueiro: Guillermo, Pablo, Diego (Hugo), Óscar (Abraham), Kubala (Fran), Abel, Orlando, Pedro, Álex, Dani e Zidane (Martín)

U.D. Xove Lago: Eloy, Álex, Cholo, Trigo, Mutiu, Felipe, Paquito, Pigueiras, Montero, Anxo e Bouza. Tamen xogaron: Marco, Catanha e Carlos.

Goles: 0-1 (Pigueiras), 1-1 (Pedro)

Penalties: Anxo (gol), Álex (gol), Felipe (gol), Pedro (gol), Álex (o largueiro), Abraham (fora), Pigueiras (gol), Abel (fora), Catanha (para Guillermo), Orlando (gol), Marco (para Guillermo) e Dani (gol).

A tantas veces fatídica tanda de penalties, esta vez sonrieu a UDFolgueiro para quedarse co trofeo das Festas de Nosa Señora 2007.

O encontro comezou cun cadro local que tentaba sair co balón xogado dende atrais, e cun Xove que presionaba moi ben a saída do balón facendo gala a súa mellor condición física. Os dous equipos non daban un balón por perdido, e cada xogada a balón parado convertíase nunha guerra para intentar coller a posición.
O primeiro gol do encontro chegou nun saque de banda de Álex que prolongou Bouza e tras unha serie de rechaces dentro da área o esférico chegoulle a Pigueiras que non tuvo máis que empuxar o coiro.
O gol deulle alas ó equipo visitante, que comezou a tocar ben o balón e en defensa roubaba balóns en zoas perigosas que lle permitían chegar con facilidade a porta de Guillermo. Os xogadores locais déronse conta deste perigo e deixaron de complicarse en zoas cercanas a súa área. Nesta fase de xogo lesionouse o capitán local Óscar que esperemos que sólo fose victima das intensas sesións de adestramentos, o que deu paso ó debut de Abraham ca camiseta da Unión.
O Xove tivo tres ou catro xogadas a balón parado nas que levou moito perigo á porta local, incluso o xogador verde Anxo quedouse só diante de Guillermo e despois de regatear a este quedouse sen ángulo e o posterior remate foise o pau.
Esta ocasión parece que despertou o cadro local, que a partir de ahí comezou a trazar boas xogadas de ataque a partir dun Abel que se cansou de roubar balóns no medio do campo, Pedro tocaba e tocaba o balón entre lineas e servía balóns as bandas onde Dani e Orlando sacaban centros moi perigosos á portería de Eloy.
Froito desa forte presión, Dani rouboulle o balón a Alex e foise cara a portería sendo derribado por Mutiu no borde da área dando lugar a unha falta moi perigosa, Álex lanzou a falta de forma envenenada o sitio que ocupaba Eloy, este rexeitou con apuros Dani colleu o rechace e meteu o balón de novo na área pequena onde estaba Pedro para poñer o empate no marcador.
O equipo local seguía tocando e levando perigo, feito que agradecían os afeccioados que cada vez se senten máis identificados co equipo.
Na segunda metade, o encontro volveuse soso cos cambios e os dous equipos sólo creaban perigo a balón parado, moito centrocampismo e sólo reseñar unha ocasión de Catanha que se encontrou cun balón dentro da área regateou o porteiro e o seu pase atrais foi quitado pola defensa local. A afección local tomouna co arbitro, que a falta de tres minutos non pitou un clarísimo penalti a Pedro.
O encontro tocou o fin e quedaba todo a expensas dos lanzamentos de 11 metros, nos que o equipo local estivo máis acertado.
Novo encontro ante un rival de superior categoría no que equipo local deu a cara cunha defensa moi acertada e cun ataque que saca os aplausos dos afeccioados en moitas ocasións.
O seguinte encontro da UDFolgueiro será o vindeiro domingo 19 de agosto as sete da tarde no campo de Esteiro ante a SD Cañoles.

NOVA FICHAXE: ABRAHAM

O xogador de Celeiro, Abraham, pasa a ser a nova fichaxe da UDFolgueiro. Despois de levar varios días entrenando co resto do plantel, o entrenador vermello decide que pase a formar parte do equipo.
Abraham xa disputou o trofeo das festas contra a UD Xove Lago no que rindeu dunha forma moi aceptable.

lunes, 13 de agosto de 2007

2000 VISITAS NUN MES!!!

O Blog da UDFolgueiro tivo 2000 visitas dende a súa creación, esperemos que sirva de información e apoio a todos os socios e afeccionados da UDFolgueiro.
Gracias a todos.

O VIVEIRO C.F. GANA O TROFEO "CONCELLO DE O VICEDO"

O Viveiro C.F. fixose coa segunda edición do trofeo "Concello de O Vicedo" tras conseguir catro dos seis puntos posibles. O clube local foi segundo por diante da S.D. Burela que sólo logrou un punto.

S.D. Burela: Chochu, Marcos, Julio, Álvaro, Abel, Raúl, Rodrigo, Barcia, Pipe, Óscar e Piru.
U.D. Folgueiro: Martín, Fran, Diego, Kubala, Óscar, Abel, Orlando, Martín II, Álex, Pedro e Fabián.

O torneo comezou co enfrontamento entre o clube local e cadro bureles, que rematou co resultado inicial. O Burela levou a iniciativa en todo momento ante o Folgueiro, que se mostrou ben colocado sobre o térreo de xogo e buscando a contra. A medida que avanzaban os minutos o Burela chegaba con máis claridade a porta local, pero unhas veces a falta de definición e outras o porteiro local Martín facían que o cadro verde non se adiantara no marcador. Rodrigo tivo a ocasión máis clara do equipo da Marosa con un penalti que parou Martín. A falta de poucos minutos para o remate do encontro, Pedro e Álex trenzaron unha contra que Orlando non chegou por moi pouco, cando os aficionados locales xa cantaban o gol. En definitiva un punto para cada equipo, e os dous equipos con opción á victoria á falta do enfrontamento co Viveiro C.F.
Viveiro C.F.: Kiko, René, Álvaro, Shuster, Adan, Breijo, Xusto, Pablo Lago, Aurelio, Abraham e Kiko Rey.
S.D. Burela: Borja, Juan, Julio, Óscar, Abel, Rául, Óscar, Piru, Rodrigo, Diego Hermida y Dani.
Partido entre os dous cadros de preferente autonómica no que o Viveiro C.F. se encontrou máis fino ante un Burela con pouca circulación no centro do campo. O cadro celeste saiu máis enchufado e adiantouse no marcador tras un falta sacada por Aurelio a un dos valores máis firmes da escadra do Landro, a cabeza de Kiko Rey, que convirteu en gol tras quedarse sólo no segundo pau. O Burela buscaba en balóns largos a Dani para que intentará tocar para o rápido Hermida, pero a defensa vivariense semre acabou anticipándose os atacantes, O Burela sólo creou perigo e centros de Piru e nun servicio de Hermida a Rodrigo que lle collera a espalda a Adam, pero o xogador verde non logrou controlar. Máis tarde chegou o regalo do torneo, cando Aurelio veu recibir o balón a posición do dez e logo de dous regates hacia o medio do campo levantou a cabeza e puxo o coiro na escadra esquerda de Borja que pouco puido facer. Abraham e Pablo lago puideron aumentar o marcador pero non logaron atinar ca porta.
Viveiro C.F.: Kiko, René, Álvaro, Xusto, Adam, Moyá, Iago, Edi, Abraham, Javi Pedreira e Erni. Tamén xogaron: Shuster, Breijo, Aurelio, Pablo Lago e Jose.
U.D. Folgueiro: Guillermo, Hugo, Diego, Cristian, Óscar, Abel, Pedro, Pablo, Dani, Álex e Zidane. Tamén xogou Orlando.
E chegaba o encontro no que se decidía o trofeo, con un Folgueiro cerrado esperando unha contra e o Viveiro atacando en busca dunha nova victoria. Nada máis empezar o encontro, Edi puido adiantar o cadro visitante, pero o seu remate quitouno o porteiro local. O encontro seguiu con un Viveiro que non facia una ataque moi vertical, este feito aproveitouno o cadro de Boavista para encontrarse cada vez máis cómodo sobre o campo. Os balóns largos eran a única arma que aproveitaron os locais para intentar perforar a portería celeste. O Viveiro realizou unha serie de cambios que lle deron máis empuxe e dispuxo de duas novas ocasións, con un remate de cabeza de Aurelio e un disparo a bocaxarro de Edi, o único xogador que mostrou profundidade, que atallou Guillermo. E quedando moi pouco tempo para o remate, Álex recibeu un balón no vertice da área, e despois de regatear a un defensa puxo o balón no pau contrario, ó que respondeu Jose, que sustituiu a Kiko con unha man providencial, o rechace quedoulle a Zidane pero xa case sen ángulo foi incapaz de enviar o balón a rede. Ese gol daríalle o triunfo o cadro local que se mostrou cas ideas moi claras e fixo que os seus aficionados se foran contentos para a casa.
O seguinte encontro da UDFolgueiro será o vindeiro mércores no campo de Boavista ante a U.D. Xove Lago, co trofeo das festas en xogo. O partido será as sete da tarde con entrada gratuíta.

martes, 7 de agosto de 2007

PRESENTACIÓN DO 2º TROFEO CONCELLO DE O VICEDO


Foi presentado o 2º Trofeo Concello de O Vicedo no Concello que se disputará o vindeiro 11 de agosto no campo de Boavista, coa presenza do Alcalde Jesús Novo, os presidentes dos dous clubes invitados - S.D. Burela e Viveiro C.F.- e o directivo e alma mater da UDFolgueiro, Domingo González.


Dende a UDFolgueiro agradecer a presenza desinteresada dos presidentes de ambos clubes, Domingo González polo equipo da cidade do Landro e Rubén Blanco do cadro burelés.


O Cartel deste segundo "Concello de O Vicedo" presenta ós dous clubes que representarán ó fútbol mariñán na rexional autonómica, asi como o clube local, que participará un ano máis na terceira autonómica.


O Viveiro C.F. fai nesta tempada que está a punto de iniciarse, unha forte aposta pola xente da casa, intentado así ilusionar e encher de afeccioados o campo de Cantarrana. Seguro que será un dos equipos que loitará polos postos altos da clasificación.


A S.D. Burela intentará non pasar os apuros da pasada tempada, e renovou o seu plantel con futbolistas contrastados no fútbol da zona. Vai ser un equipo que lle dará moitos sustos ós equipos punteiros da categoría.


Por outro lado, máis modesto, camiñará a UDFolgueiro, que intentará da man de Quesada seguir medrando como clube.


Ás 18:30 comenzará o torneo coa disputa do encontro S.D. Burela - U.D. Folgueiro, no que o equipo local intentará dar a sorpresa ante o equipo dirixido por Javi López, o cal gañou o torneo o ano pasado ás ordes do C.D. Foz.


Unha hora máis tarde será o prato forte, os dous equipos de preferente enfrentaranse nun derbi de moita rivalidade, e a pesar de que é un encontro amistoso, nigún dos dous vai dar o brazo a torcer.


E para rematar, as 8:30 da tarde, entrará outra vez en escena o cadro local, que tratará de repetir, polo menos, o empate do ano pasado ante o Viveiro C.F.


A UDFolgueiro agradece a participación desinteresada de ambos clubes.