martes, 14 de diciembre de 2010

O ENTRENO DE HOXE É NO CAMPO DE BOAVISTA, 19:30

lunes, 6 de diciembre de 2010

GUIÓN REPETIDO

E.D. LOURENZÁ 2 - 1 U.D. FOLGUEIRO

(pincha sobre o título da entrada para ver os goles do E.D. Lourenzá)
Comentade sobre o primeiro gol, baixo o noso punto de vista Recalde está en fora de xogo

E.D. Lourenzá: Xoel, Maíkel, Carro, Omar, Carlos, Pachi, Pablo, Moncho, Garrafín, Recalde e Lucas. Tamén xogaron Bruno, Isra, Noé e Izar.

U.D. Folgueiro: Marcelo, Diego, Chiqui, Luchi, Cholo, Pedro, Orlando (Borjita), Peinó (Poti), Didier, Pipe e Adrán.

Goles: 1-0 Recalde; 2-0 Carro; 2-1 Luchi

Arbitro: Diego Vázquez Valín

Nova derrota da Unión Deportiva Folgueiro con condición de foráneo nun partido moi nivelado e no que os locais tiveron fortuna nos goles, no primeiro pola nula axuda do xuez de liña o colexiado nun claro fora de xogo de Recalde e no segundo nun centro chut de Carro que entrou na meta defendida por Marcelo.

A primeiro acto transcurreu con moito centrocampismo e con igualdade de ocasións. Recalde de falta directa o longueiro e un man a man con Marcelo foron as máis claras dos locais e un lanzamento de Didier e un remate de cabeza de Pipe polos foraneos.

A segunda metade iniciouse co mesmo voceto de antes do intermedio ata que un plantillazo de Moncho sobre Luchi fixo que este tivera que estar cinco minutos fora do rectángulo de xogo, tempo que aproveitaron os de Segundo López para adianterse no marcador cun gol polémico, pase en profundidade a Recalde que sae en posición legal pero o balón foi tocado polo dianteiro laurentino Lucas ata a zona do 10 local, invalidando este toque a legalidade da posición inicial do autor do gol, que de calquera maneira defineu con moita calidade cunha vaselina dende fora da area. Ainda non se repuxeran os vicedenses do primeiro tanto, cando unha xogada entre o lateral Carro e Moncho acaba cun centro do primeiro que se envenena en entra polo segundo pao da meta defendida por Marcelo.

A partir de ahí, os de Quesada estiranse na busca do gol e consígueno nun maxistral lanzamento de falta de Luchi que se cola na meta de Xoel. Nos dez últimos minutos do encontro os nosos lanzanse sobre a meta local estando a punto de conquerrir o empate, Chiqui saca un córner en corto sobre Borjita que despois de desfacerse do xogador local da o pase da morte, pero cando o balón vai entrar na portería local o colexiado pita falta de Adrán sobre Pablo.



VOAN DOUS PUNTOS

U.D. FOLGUEIRO 1 - 1 A.D. BÓVEDA

U.D. Folgueiro: Marcelo, Diego, Chiqui, Cristian, Cholo, Pigueiras, Orlando (Poti), Adrán (Álex), Pipe, Pedro e Didier (Peinó)

A.D. Bóveda: Bene, Chispi, José, Ibi, Moya, Diego, Borja, Gonzalo, Musa, Cid, Castro. Tamén xogaron Pape, Lai e Iván.

Goles: 1-0 Cristian; 1-1 Pape

Arbitro: Juan Carlos Polo Fernández; expulsou ó local Pigueiras e os visitantes Bene e Castro.

O Campo de Boavista foi testigo dun partido de claro dominio local, no que incluso os visitantes se quedaron con nove homes, e no que un gol de falta directa de Pape nos últimos minutos fixo que un punto se subira no autobús para viaxar a terras do sur da provincia.

Os vermellos saíron dende o primeiro minuto na busca dos tres puntos e dispuxeron de claras ocasións no inicio do choque, sobre todo a balón parado. Tan só Diego nun un contra un que desbaratou Marcelo levou perigo por parte bovedense; antes de que o local Cristian marcara de cabeza a saída dun saque de esquina.

A segunda metade seguia polos mesmos derroteiros da primeira, e o equipo de Cabanelas quedouse con dous elementos menos polas expulsións primeiro de Castro e lo do porteiro Bene. Con nove homes e co lateral esquerdo José defendendo o marco os locais eran incapaces de facer unha lectura axeitada do encontro e os visitantes aferrabanse as contras levadas sobre todo por Pape. Este nunha falta lonxana establecía o empate. Os últimos minutos foron un querer e non poder e tan só Álex nun tiro dende a frontal e Cristian na saída dun córner puxeron en perigo a José despois de que a expulsión de Pigueiras diminuira a ventaxa de compoñentes dos de Quesada.


domingo, 21 de noviembre de 2010

TRABALLADA VICTORIA

TABOADA C.F. 0 - 1 U.D. FOLGUEIRO

Taboada C.F.: Roi, Montes, Nico, Pablo, Iván, Feás, Poyán, Guerreiro, Mosqui, Marcos e Andrés. Tamén xogaron Chiqui, Mejuto, Victor e Luismi.
U.D. Folgueiro: Marcelo, Diego, Chiqui, Luchi, Cholo, Cristian, Orlando, Pigueiras, Didier -Poti-, Pedro e Adrán.
Arbitro: Rodríguez Ledo.
Goles: 0-1 Adrán.

Un Folgueiro moi serio tácticamente e arriscando menos que en anteriores deprazamentos consigue una valiosísima victoria no campo de A Medela, a pesar das numerosas baixas cas que se presentaba no escenario taboadés.


Un tanto de Adrán nos últimos minutos do primeiro acto deron os tres puntos os de Quesada, este trocou o debuxo táctico co fin de cambiar as abultadas derrotas que conqueriron os vermellos nos últimos desprazamentos.
Gran traballo e demostración de orgullo dos xogadores ó longo dos 100 minutos que durou o encontro. Marcelo detivo un penalti ó local Marcos, xogada que foi clave no desenlace do partido.

miércoles, 19 de mayo de 2010

BOAVISTA EN OBRAS



Na mañá de hoxe, deron comezo as obras do terreo de xogo do campo de Boavista. O que en principio sería unha pequena actuación na mellora do piso convertíuse no levantado total do céspede actual.
A esta obra uniraselle a colocación da cuberta na actual grada e a reforma case que total dos vestiarios.
Coa finalización destas tres actuacións, Boavista cambiará por completo a súa cara.

domingo, 16 de mayo de 2010

viernes, 14 de mayo de 2010

A ENTRADA NO SACIDO - FOLGUEIRO SERÁ DE BALDE

A Federación Galega de Fútbol non permite que os equipos locais nas eliminatorias a partido único cobren polo acceso o recinto deportivo. Nas normas desta edición da Copa Deputación, o ente provincial deixa ben claro que so se poderá cobrar entrada na eliminatoria de primeira ronda e na das semifinais, as únicas que se celebran a dobre partido.
Polo que esperemos que acuda o maior número de aficionados do noso clube, a pesar, de que os últimos minutos de encontro coincidan ca última xornada da Liga BBVA, na que os dous grandes do fútbol nacional se xogan o título.

ARRANCAN AS OBRAS

As reunións dos representantes da Unión Deportiva Folgueiro co Concello de O Vicedo empezan a dar os seus froitos, funcionarios municipais comenzaron o pasado luns cas obras no campo do Colexio de O Vicedo, co fin de adaptar este para que cadro vermello poida adestrar nestas instalacións sitas no recinto de educación.
Así mesmo, o torneo de fútbol celebrado este últimos no campo de Boavista disputarase este ano no mencionado campo, por mor das obras no Campo Municipal de Boavista, que consistiran na mellora do piso do recinto deportivo e a reforma case que total dos vestiarios, así como o cuberto das gradas, unha das cousas máis demandadas polos aficionados vermellóns.

jueves, 13 de mayo de 2010

viernes, 26 de marzo de 2010

REPÓKER DE OPINIÓNS

Os adestradores dos cinco equipos inmersos na loita polo ascenso a primeira autonómica fan os séus pronósticos sobre os partidos que lles queda o seus clubes e mailo dos seus rivais. Como se soe decir nestes casos, todos tiran para a casa, xa que todos ven ó Pastoricense como o candidato a subir e cada un mete o seu equipo como acompañante do equipo do Acebreiro; agás o adestrador destes que une ó Folgueiro como acompañante seu.

ADIANTO













martes, 23 de marzo de 2010

viernes, 19 de febrero de 2010

A PREVIA

CHEGOU O MOMENTO DE DISFRUTAR DA COMPETICIÓN

O campo do líder, Unión Deportiva Pastoricense, recibirá a visita, domingo 21 - 16:15 horas, da Unión Deportiva Folgueiro nun partido determinante para establecer os obxetivos polos que loitará ata o remate de tempada o cadro dirixido por Molo.

O cadro local, que ainda non perdeu ningún partido no seu feudo, nin deixou escapar un só punto no que vai de ano, pode dar un golpe á competición deixando os de Boavista a 10 puntos no caso de conquerir a victoria; ou serán os de O Vicedo os que poñan a liga nun puño se son capaces de traer os tres puntos de O Acebreiro.


ENTREVISTA Ó ADESTRADOR DA U.D. PASTORICENSE

O actual líder, "votoulle" a un prato que os últimos anos colleitou o sabor do terceiro posto, os ingredentes necesarios para saborear o ascenso, e fichou de a un experimentado cociñeiro -Manolo Vilachá- , e os primeiros resultados da tempada non foron malos, pero estes melloraron ca marcha do cociñeiro - para unha cociña máis grande en teoría- e coa toma do mando do seu pinche -Fiz-. Este ten a deferencia de contestarnos unhas breves preguntas.


P- Como ves o partido do vindeiro domingo?
R- Vai ser un partido moi igualado, dado o potencial dos dous equipos e o que hai en xogo. Creo que é bastante máis importante para o Folgueiro, que de perder irianselle moitas das opcións de ascenso.
P- Era realmente o ascenso o voso obxetivo a principio de temporada?
R- O noso equipo está feito de xente da Pastoriza e arredores, somos un grupo de amigos fóra do campo que nos xuntamos para xogar. Levamos moitos anos competindo moi ben na categoría e este ano eramos conscientes de que había posibilidades importantes de loitar polo ascenso, e así o estamos facendo.
P- Como deixarían o teu equio os tres resultados posibles deste envite?
R- Se conseguimos gañar dariamos un paso importantisimo para conseguir o ascenso. De non gañar non pasaría nada, temos un colchón de 7 puntos que nos permite cometer un par de erros, que outros non poden cometer.
P- Que coñeces da U.D. Folgueiro?
R- O Folgueiro ten un gran adestrador, con experiencia en categorías superiores e eso é moi importante. En canto aos xogadores coñezo a Guillermo, Pigueiras, Abel,.. pero sobre todo destacaría a Catanha e a dúas das últimas fichaxes, Chiqui e Luchi, que lle dan un salto de calidade importante ao equipo e a categoría.
P- Como ves o que lle resta a competición?
R- A liga cambiou bastante desde o paron de nadal, daquela estaba todo moi igualado e agora hai dous equipos, Sacido e Pastoricense, que se distanciaron e colleron unha ventaxa que pode ser importante, aínda que quedan moitos enfrontamentos directos, pode pasar de todo e Folgueiro, Pol e Xermade aínda teñen moito que decir. Por abaixo creo que descenderán o San Ciprián e a Candelaria, se hai arrastres poden estar implicados Parga, Luis Pimentel e Bonxe


lunes, 15 de febrero de 2010

MÁIS SINXELO DO ESPERADO

U.D. FOLGUEIRO 5
A.D. LUIS PIMENTEL A PIRINGALLA 0





U.D. FOLGUEIRO: Guillermo (Gaty), Iván, Chiqui, Luchi (Óscar), Cristian, Piki, Docampo (Pigueiras), Borja (Fran), Catanha, Bouza e Borjita (Eloy)

A.D. LUIS PIMENTEL: Luis, Iago, Santi, Dani, Diego Quiroga, Marcos, Borja, César, Héctor, Martín e Amal. Tamén participaron: Pablo, Jesús, Marco, Francisco e Anxo.
ÁRBITRO: Iago Vázquez

Goles: 1-0 Borja, 2-0 Chiqui, 3-0 Catanha, 4-0 Borja, 5-0 Óscar


A Unión Deportiva Folgueiro gañou contundentemente ó Luis Pimentel no encontro disputado no campo vicedense de Boavista, os capitalinos venceran na primeira volta a base de fútbol de toque, o que facía presaxiar máis igualdade do que indica o resultado.

Os primeiros minutos foron de tira e afloxa con dominio alterno, incluso o visitante Diego Quiroga envíou alto cando se encontraba nunha posición moi clara pa poñer en ventaxa os da Piringalla. A partir do primeiro gol anotado por Borja Lago, os de Molo fixéronse donos do partido e comenzaron a fabricar ocasións que moitas veces pola falta de acerto non rematará co coiro nas mallas. Antes do descanso, Chiqui de xogada de estratexia subiría o segundo tanto.


A segunda metade seguíu polos mesmos derroteiros que o primeiro acto, os vermellóns seguían co control do choque e os de Manolo García só se acercaban timidamente á portería local. Tres goles máis deixarían o resultado de cinco a cero definitivo.

jueves, 11 de febrero de 2010

DECLARACIÓNS DO DERBI NA PRENSA DA MARIÑA


EL PROGRESO A MARIÑA - DEPORTES

francisco palmeiro
A MARIÑA. El empate entre el Sacido y el Folgueiro no sirve a los intereses de ninguno de los dos equipos. El conjunto vivariense mantiene la segunda plaza, pero fue superado en dos puntos por el Pastoricense, que ahora es líder en solitario, mientras ve como se acerca el Pol, que se coloca a tres puntos tras su triunfo en Meira. ElFolgueiro, por su parte, tampoco consigue el objetivo de rebajar su desventaja con la zona de ascenso y sigue a cinco puntos del cuadro que entrena Manolito.
El técnico del Sacido admite que el resultado responde a lo que se vio en el partido. «Penso que o marcador é xusto porque os dous equipos xogamos con precaución.Eles practicaron un fútbol moi directo e nós tratamos de combinar, pero sen moito tino», asegura Manolito,que cree que el encuentro no fue bueno, «aínda que tivo a emoción da incertidume do resultado», apuntó. Manolito no se mostró demasiado contento del juego, ni del resultado. «Seguimos segundos, pero queda un mundo. Nos derbis non estamos dando todo o que temos, hai que presionar máis».
Molo, preparador del Folgueiro, cree que su equipo hizo méritos para ganar. «Eles non tomaron ningún risco, conformándose sempre co empate. Se algún equipo foi polo partido e mereceu gañar foi o noso», aseguró el técnico, que también criticó al árbitro.«Houbo un penalti non sinalado, un par de faltas ó borde da área que tampouco quixo pitar e algún fóra de xogo, sempre perjudicial para nós», concluyó.
LA VOZ DE GALICIA A MARIÑA - DEPORTES
El Sacido y el Folgueiro resolvieron el choque más interesante de la vigésima jornada en el grupo sexto de Segunda Autonómica con un empate a cero tantos que deja a los viveirenses en el segundo puesto, a dos puntos del líder, y a los vicedenses cuartos, a cinco puntos de sus vecinos.
Los técnicos de ambos conjuntos reconocieron que el mal estado del terreno de juego y el miedo a la derrota condicionó tremendamente un partido en el que las defensas se impusieron a los ataques. «Ademais de coñecernos moi ben entre nós, os dous equipos estivemos moi conservadores e considero que o resultado foi xusto», indicó Manolito, técnico del Sacido.
Su homólogo en el banquillo del Folgueiro señaló que el juego de sus jugadores se vio limitado por las importantes bajas con las que viajaron al Municipal de Viveiro: «Creo que arriscamos algo máis ca nós, pero a pesar de intentalo coas baixas que levábamos non fumos capaces de marcar ningún gol». Asimismo, Molo lamentó que «o árbitro non dese a lei da vantaxe nunha acción na que un xogador se quedou só diante do porteiro» y protestó un posible penalti sobre Borjita.
Finalmente, Manolito no consideró el empate un paso atrás, «porque seguimos tendo unha pequena vantaxe cos nosos perseguidores, aínda que é certo que o Pol se nos achegou un pouco máis», manifestó.



miércoles, 10 de febrero de 2010

A FEDERACIÓN NON TRAMITA O ACORDO DOS DOUS CONXUNTOS

A Federación Galega de Fútbol na súa Delegación de Lugo non permite os cambios de data e hora acordados entre o noso Clube e a Asociación Deportiva Luis Pimentel - A Piringalla, que posibilataban a disputa do encontro na tarde do sábado día 13 dando como razón a indispoñibilidade de colexiados na Delegación de Viveiro. O pitido inicial terá que corresponder cos horarios e datas federativas preestablecidos, noutras palabras, domingo 14 ás catro e cuarto.

lunes, 8 de febrero de 2010

CAMBIOS DE DATA E HORA

O encontro pertencente a vixesimoprimeira xornada da liga de Segunda Autonomica que enfrontara a Union Deportiva Folgueiro ca Asociacion Deportiva Luis Pimentel A Piringalla disputarase no campo de Boavista o vindeiro sabado 13 de febreiro as catro e media da tarde.

DEMASIADO RESPETO

S.D.R. SACIDO 0-0 U.D. FOLGUEIRO

S.D.R. SACIDO: Lolo, Fernando, Adran, Felix, Anxel, Popi, Poti, Pipa, Rumi, Amador e Manu. Tamen xogaron Borja, Peteno, David e Diego.

U.D. FOLGUEIRO: Guillermo, Felipe, Chiqui, Cristian, Cholo, Bouza, Docampo, Borja, Catanha, Pigueiras e Borjita. Tamen dispuxeron de minutos Piki e Oscar.

ARBITRO: Julian Gomez

O medo a perder e o respeto entre ambos conxuntos marcou o intenso derbi disputado no Municipal de Viveiro. O encontro apenas dispuxo de ocasions, e as mais claras chegaron por bando visitante, sobre todo a balon parado. Os locais queixaronse das multiples faltas sinaladas polo colexiado na sua contra, e os de Boavista pediron un penalti a Borjita e a non concesion da lei da vantaxa cando Catanha se quedaba so diante de Lolo. Chiqui nos ultimos minutos puido dar a victoria os visitantes pero o seu lanzamento de falta saiu rozando o longueiro.

*Un fallo no programa non deixa por os tildes.

viernes, 8 de enero de 2010

XORNADA SUSPENDIDA

O partido que enfrentoba a Unión Deportivo Folgueiro coa Sociedade Deportiva Candelaria, igual que os restantes pertencentes a decimosexta xornada, foi suspendido pola Delegación de Lugo da FGF polo mal tempo reinante na Provincia.