lunes, 12 de enero de 2009

S.D. GUITIRIZ 2 - U.D. FOLGUEIRO 1

S.D. GUITIRIZ: 2 Yago, Iván Ansede, César, Diego Ferreiro, Iván Labrada, Mauro, Iván Cruz, Josito, David Fernández, Kiko e Jose. Tamén xogaron Suso, Iván Iñiguez, Miguel e Emilio.
U.D. FOLGUEIRO: 1 Guillermo, Pablo, Diego, Óscar, Cristian, Abel, Dani, Felipe, Pedro, Pigueiras e Orlando. Tamén xogaron Fabián e Kubala.
GOLES: 1-0 min. 21 Jose; 2-0 min. 40 Josito; 2-1 min. 71 Pedro.
ARBITRO: Cabanas Parrado, delegación de Lugo.
A Unión Deportiva Folgueiro estivo cerca de conseguir un resultado positivo na súa visita o dificil campo da Veiga, donde se mediu o lider da categoría.
O encontro comezou con dominio local que buscaba a portería vermella a base de combinacións, mentres que o cadro visitante partía cas liñas xuntas e retrasadas para buscar a contra as súas opcións de ataque.
O primeiro gol local chegou nun ataque pola bande dereita que rematou cun centro que Jose, libre de marca no segundo pau, remataba ó fondo das mallas. O cadro locatario seguía atacando na busca de aumentar o marcador, pero o Folgueiro comezaba a chegar con certo perigo a portería defendida por Iago, cun remate de Felipe dende fora da área e nunha xogada moi protestada polo bando visitante por un posible penalti sobre Pigueiras.
A pouco de rematar a primeira metade, e despois dun saque de esquina a favor do conxunto de Cabanas, o Guitiriz montou unha contra que remataba no segundo gol transformado por Josito. Chegaríase ó descanso co resultado de 2 goles a cero.
Na segunda metade o cadro de O Vicedo adiantou máis as liñas para intentar reducir a desventaxa. O equipo local dispoñía de máis espazos e chegaba con moito perigo a portería defendida por Guillermo. Pablo no rechace dunha falta estivo a punto de marcar o primeiro, pero este non chegou ata que mediada a segunda parte o conseguira Pedro cun forte lanzamento dende fora da área. O empate puido chegar cun remate de cabeza de Pigueiras que o meta local envíou a córner nunha gran parada. A S.D. Guitiriz puido deixar sentenciado o encontro nunha das moitas contras que tivo e incluso, nun penalti marrado por César no tempo de desconto, pero o marcador non se movería.
A crónica de sdguitiriz.com:


O SD Guitiriz vence 2-1 o Folgueiro
O SD Guitiriz comezou a segunda volta con unha nova victoria, nesta ocasión por 2-1 sobre o UD Folgueiro. O estado do terreo de xogo compricou moito a circulación do mesmo, a pesar disto a primeira metade rematou con 2-0 grazas os goles de Jose e Josito, e so a magnifica actuación do porteiro visitante Guillermo impediu que o encontro quedara xa sentenciado.Na segunda metade Guillermo volveu ser o protagonista o desbaratar numerosas ocasións de gol do SD Guitiriz incluído unha pena máxima. Un gol mediada a segunda metade do Folgueiro creou certa incertidumbre polo corto do resultado aínda que as ocasión seguiron sendo do SD Guitiriz.Alineación: Yago, Iván Ansede, César, Diego Ferreiro, Iván Labrada, Mauro, Iván Cruz, Josito, David Fernández, Kiko e Jose. Tamen xogaron Suso, Iván Iñiguez, Miguel e Emilio.


No hay comentarios: