lunes, 10 de agosto de 2009

O TROFEO "CONCELLO DE O VICEDO" QUEDA NA CASA

U.D. FOLGUEIRO Guillermo, Felipe, Diego, Cristian, Abel, Bouza, Pigueiras, Iván, Mangüel, Cataña e Álex. Tamen xogaron Borjita, Borja Lago, Óscar, Kubala, Pablo, Julio Docampo e Fran.
Goles: 1-0 Cataña; 1-1; 2-1 Borjita; 3-1 Cataña
Á cuarta foi a vencida e o Trofeo Concello de O Vicedo de Fútbol queda na casa despois de impoñerse a Unión Deportiva Folgueiro ó Fútbol Club Ortigueira por tres tantos a un.
Esta edición queda marcada pola renuncia da Sociedade Deporiva Cervo a disputar o torneo alegando falta de efectivos, polo que o triangular se convertiu nun so encontro que enfrontaba ó cadro local co representante de Ortegal.
Este foi o primeiro partido no que a afección local puido ver ás novas caras no plantel vermello e que tanto eles como os seus compañeiros que levan máis tempo no equipo deixaron un moi bo sabar de boca despois do xogo mostrado.
A Unión Deportiva Folgueiro colle o relevo da Unión Deportiva Xove Lago, Viveiro Clube de Fútbol e Clube Deportvo Foz como vencedores da edición disputadas anteriormente.

No hay comentarios: