lunes, 21 de septiembre de 2009

DESCONTO FATÍDICO

MEIRA F.C. 2 - 2 U.D. FOLGUEIRO

MEIRA F.C.: Emilio, Román, Sito, Jorge, Cundi, Fontao, Vitiño, Victor, Marcos, Fondoy e Rubén. Tamén xogaron Kanú, Fernando, Gallo, Mariñeiro.
U.D. FOLGUEIRO: Guillermo, Iván, Felipe, Cristian, Cholo, Abel, Borjita (Álex), Pigueiras, Catanha (Fran), Bouza e Borja.
ARBITRO: Álvaro Valín.

Goles: 1-0 Rubén; 1-1 Catanha; 1-2 Pigueiras; 2-2 Mariñeiro.

Á Unión Deportiva Folgueiro escaparonselle dous puntos no desconto do partido disputado no campo meirense da Lomba. Despois dun partido bronco con moito contacto, un gol de Mariñeiro no minuto 91 establecía o definitivo empate a dous. Antes o cadro vermello, fora quen de levantar o marcador e poñerse por diante con goles de Catanha e Pigueiras que contrarrestaban o do cadro local anotado por Rubén.

No hay comentarios: