lunes, 6 de diciembre de 2010

GUIÓN REPETIDO

E.D. LOURENZÁ 2 - 1 U.D. FOLGUEIRO

(pincha sobre o título da entrada para ver os goles do E.D. Lourenzá)
Comentade sobre o primeiro gol, baixo o noso punto de vista Recalde está en fora de xogo

E.D. Lourenzá: Xoel, Maíkel, Carro, Omar, Carlos, Pachi, Pablo, Moncho, Garrafín, Recalde e Lucas. Tamén xogaron Bruno, Isra, Noé e Izar.

U.D. Folgueiro: Marcelo, Diego, Chiqui, Luchi, Cholo, Pedro, Orlando (Borjita), Peinó (Poti), Didier, Pipe e Adrán.

Goles: 1-0 Recalde; 2-0 Carro; 2-1 Luchi

Arbitro: Diego Vázquez Valín

Nova derrota da Unión Deportiva Folgueiro con condición de foráneo nun partido moi nivelado e no que os locais tiveron fortuna nos goles, no primeiro pola nula axuda do xuez de liña o colexiado nun claro fora de xogo de Recalde e no segundo nun centro chut de Carro que entrou na meta defendida por Marcelo.

A primeiro acto transcurreu con moito centrocampismo e con igualdade de ocasións. Recalde de falta directa o longueiro e un man a man con Marcelo foron as máis claras dos locais e un lanzamento de Didier e un remate de cabeza de Pipe polos foraneos.

A segunda metade iniciouse co mesmo voceto de antes do intermedio ata que un plantillazo de Moncho sobre Luchi fixo que este tivera que estar cinco minutos fora do rectángulo de xogo, tempo que aproveitaron os de Segundo López para adianterse no marcador cun gol polémico, pase en profundidade a Recalde que sae en posición legal pero o balón foi tocado polo dianteiro laurentino Lucas ata a zona do 10 local, invalidando este toque a legalidade da posición inicial do autor do gol, que de calquera maneira defineu con moita calidade cunha vaselina dende fora da area. Ainda non se repuxeran os vicedenses do primeiro tanto, cando unha xogada entre o lateral Carro e Moncho acaba cun centro do primeiro que se envenena en entra polo segundo pao da meta defendida por Marcelo.

A partir de ahí, os de Quesada estiranse na busca do gol e consígueno nun maxistral lanzamento de falta de Luchi que se cola na meta de Xoel. Nos dez últimos minutos do encontro os nosos lanzanse sobre a meta local estando a punto de conquerrir o empate, Chiqui saca un córner en corto sobre Borjita que despois de desfacerse do xogador local da o pase da morte, pero cando o balón vai entrar na portería local o colexiado pita falta de Adrán sobre Pablo.



No hay comentarios: