lunes, 6 de diciembre de 2010

VOAN DOUS PUNTOS

U.D. FOLGUEIRO 1 - 1 A.D. BÓVEDA

U.D. Folgueiro: Marcelo, Diego, Chiqui, Cristian, Cholo, Pigueiras, Orlando (Poti), Adrán (Álex), Pipe, Pedro e Didier (Peinó)

A.D. Bóveda: Bene, Chispi, José, Ibi, Moya, Diego, Borja, Gonzalo, Musa, Cid, Castro. Tamén xogaron Pape, Lai e Iván.

Goles: 1-0 Cristian; 1-1 Pape

Arbitro: Juan Carlos Polo Fernández; expulsou ó local Pigueiras e os visitantes Bene e Castro.

O Campo de Boavista foi testigo dun partido de claro dominio local, no que incluso os visitantes se quedaron con nove homes, e no que un gol de falta directa de Pape nos últimos minutos fixo que un punto se subira no autobús para viaxar a terras do sur da provincia.

Os vermellos saíron dende o primeiro minuto na busca dos tres puntos e dispuxeron de claras ocasións no inicio do choque, sobre todo a balón parado. Tan só Diego nun un contra un que desbaratou Marcelo levou perigo por parte bovedense; antes de que o local Cristian marcara de cabeza a saída dun saque de esquina.

A segunda metade seguia polos mesmos derroteiros da primeira, e o equipo de Cabanelas quedouse con dous elementos menos polas expulsións primeiro de Castro e lo do porteiro Bene. Con nove homes e co lateral esquerdo José defendendo o marco os locais eran incapaces de facer unha lectura axeitada do encontro e os visitantes aferrabanse as contras levadas sobre todo por Pape. Este nunha falta lonxana establecía o empate. Os últimos minutos foron un querer e non poder e tan só Álex nun tiro dende a frontal e Cristian na saída dun córner puxeron en perigo a José despois de que a expulsión de Pigueiras diminuira a ventaxa de compoñentes dos de Quesada.


No hay comentarios: