viernes, 7 de septiembre de 2007

A UD FOLGUEIRO VENCE NO ÚLTIMO TEST DE PRETEMPADA

O Folgueiro impuxose ó Viveiro CF Xuvenil no último encontro de pretempada disputado na tarde-noite de onte no Municipal de Viveiro.
Borja, Cristian, Pedro e Álex foron os autores dos goles do equipo visitante que ademáis se mostrou forte en defensa e non encaixou ningún gol.
O vindeiro domingo comeza a liga, e este tipo de partidos servenlle a Quesada para ir definindo o seu once.

lunes, 3 de septiembre de 2007

FÚTBOL, OCASIÓNS...PERO SIN GOLES

U.D. FOLGUEIRO: 0 Martín, Fran (Abel), Hugo, Abraham, Kubala, Óscar, Fabián (Orlando), Borjita, Álex, Pedro e Dani.

N.R. GALDO: 2 Luis, Eijo (Edu), Quico (Rafa), Popi, Castiñeiras (Pancho), Pardi (Chefo), Castiñeiras (Manolito), Fran, Castilla, Paguato (Adrián)

Goles: 0-1 Edu; 0-2 Adrián

A UDFolgueiro desaproveitou múltiples ocasións de gol ante o Galdo, que marcou dous goles en poucas máis ocasións de gol.

O encontro iniciouse con un Galdo dominador do xogo, sacando neste momento do partido varios córners e faltas perigosas cara a porta de Martín. O equipo local non acababa de coller o sitio no térreo de xogo e soamente facía dano a contra.

A partir do minuto 25 da primeira metade, o porteiro visitante Luis e a falta de puntería empezaron a ser os protagonistas do choque. Nunha contra ben levada por Álex deixou a Borjita diante de Luis pero o meta aguantou ben e detivo o coiro. Novamente Borjita, despois de regatear a dous defensas quedouse só diante do gardameta visitante, pero o tiro do dianteiro saeu moi froixo e centrado.
Respondeu o Galdo cun lanzamento de Fran dende fora da área que se colaba pola escadra de non ser pola magnífica intervención de Martín que sacou o balón a córner.
Noutro ataque do cadro local, chegoulle o esférico a Hugo que remotou moi forzado o longueiro da portería do Galdo.
A segunda metade seguía co mesmo guión, o equipo local atacaba e perdoaba, pero nesta parte o Galdo sería máis efectivo xa que despois de levarse o balón, con dous rexeites incluídos, Edu quedouse en posición de disparo, e cruzou o balón para establecer o 0-1 no marcador.
Despois máis ocasións: Dani disparaba cruzado e o balón saía rozando o poste, Álex despois dunha falta sacada dende a frontal disparaba e obrigaba a Luis a envíar a córner, novamente, Dani a saída dun córner, disparaba dende a frontal e con Luis xa batido, Quico sacou o balón debaixo dos paos.
E nunha das contras o balón chegoulle a Adri para poñer o 0-2 definitivo; pero o cadro local, en vez de baixar os brazos seguiu atacando e dispuxo de novas ocasións. Dani disparou dende fora da área e o bote fixo que o balón se envenenara e Luis non puidera suxetar o balón que lle chegou a Borjita que estado só enviou o balón alto. Novamente Borjita, omnipresente en ataque, recibiu un preciso pase de Álex pero o seu remate sacouno Luis cos pés.
O Novas Raíces saía en perigosas contras ante un Folgueiro que non deixaba de atacar facendo gala a unha gran condición física. E nunha falta sacada por Dani hacia atrais, de novo Borjita disparou cruzado obrigando a Luis, o mellor so seu equipo, a facer unha gran parada, o rexeite chegoulle a Pedro que envíou o balón alto, estaba claro que o equipo de Boavista non tiña o seu día. Ata no derradeiro saque de esquina, Kubala non atinou a rematar un balón solto na área.
O Folgueiro errou numerosas ocasións, de todos os tipos, ante un rival moi efectivo.
O segunte partido da Unión será o vindeiro xoves as oito da tarde no Municipal de Viveiro, ante o Viverio C.F. Xuvenil, equipo recén ascendido á liga galega.

O FOLGUEIRO DA A TALLA EN XERMADE

S.D. XERMADE: 0 Picallo, Lucho, Santi, Campello, Set, Toni, Santi Parga, Luisma, Esteban, Cuqui e Oscarín. Tamén xogaron: Anselmo, Pablo, Piñón e Lucho.

U.D. FOLGUEIRO: 0 Guillermo, Pablo, Diego, Abraham, Óscar, Abel, Borjita, Orlando, Álex, Pedro e Dani. Tamén xogaron: Fran, Fabián, Kubala, Hugo e Cristian.

O Folgueiro saca un empate no partido amistoso celebrado no Municipal de Xermade ante o cadro local que militará na segunda autonómica.
O encontro comezou cun Xermade moi metido no encontro, presionando a saída do balón e elaborando as xogadas con moitos toques, facendo que o cadro visitante apenas saíse do seu campo.
O Folgueiro esperaba replegado os numerosos ataques dos locais, que movían e movían o balón dun lado o outro do campo, sacando numerosos centros á area da porteria defendida por Guillermo. O cadro vermello, a sábado de branco, esperaba que os seus dianteiros tentaran unha xogada aislada para poder sacar a súa defensa do borde da súa área.
O Xermade sacou moitos córners e faltas laterais que levaban moito perigo, como un que se paseou por diante da portería sen que encontrase rematador ou outro que rematou Set dende a área pequena e parou Guillermo en dous tempos. Nunha falta dende o borde da área que rozou o longueiro, Toni puido adiantar o cadro da Terra Chá.
Case acabando a primeira metade, Álex nunha xogada individual levouse a dous rivais e o seu posterior disparo deu en Campello, cando o balón se colaba, o rexeite chegoulle a Dani que disparou o lateral da rede. Con esta ocasión Chegabase ó descanso.
No intermedio, Quesada cambiou de esquema de xogo, pasando a ser o Folgueiro o total dominador da segunda metade ante un Xermade que acusaba a forte presión realizada na primeira metade.
Pedro colleu a manixa do encontro, a defensa adiantou as liñas, Dani e Orlando recibían en banda cousa que na primeira metade apenas existiu, e Álex e Borja movianse en punta creando moitos espacios. E con estes cambios, Dani en dúas ocasións, Orlando e Borjita en outras dúas, nunha delas anularonlle o gol por fora de xogo, despois dun pase atrais de Orlando, puideron adiantar o Folgueiro, pero o marcador non se moveu. Pablo tamén puido marcar para o Xermade pero o seu disparo saleu moi froixo.
Unha parte para cada equipo, o noso conxunto empeza a transmitir boas sensacións de cara o inminente comezo de liga o próximo domingo en Boavista contra o Codesido.