lunes, 12 de noviembre de 2007

A.D. MATELA 1 - U.D. FOLGUEIRO 1

A UDFolgueiro saca un punto na súa visita ó sempre dificil campo de Matela nun partido no que se desprazou con ta só 13 xogadores por mor das numerosas baixas.
As dimensións do campo, sobre todo no que se refire a anchura, fixeron que o fútbol brilara pola súa ausencia, moito centrocampismo e dependencia de ambolos dous conxuntos das xogadas a balón parado.
O cadro local adiantouse no marcador nun balón solto despois dun barullo nun saque de banda. Pouco despois, Álex marcaba o seu décimo gol da tempada que nos servía para acadar o empate.
O Folgueiro formou con Guillermo na portería; Pablo, Pedro e Óscar na liña defensiva; Fabián, Cristian, Abel e Diego no medio do campo; Orlando na mediapunta e Álex e Didier como homes máis avanzados.
O vindeiro fin de semana tocaranos descansar. O próximo encontro será o día 25 de novembro no Campo de Boavista contra o Abadín C.F.

jueves, 8 de noviembre de 2007

BLOG ARRANXADO

Antes de nada pedir disculpos polos problemiñas que tivemos co blog, que de momento quedaron solucionados.
Noutra orden de cousas, o equipo nestes último mes disputou cinco encontros San Ciprián, Candelaria e Cazás na casa; e Catro Roldas e Castroverde a domicilio.
No último encontro comentado neste espazo, co San Ciprián, a UDFolgueiro perdera o encontro por 2 goles a 4, pero unha aliñazón indebida do equipo visitante deu, despois do fallo da Federación, o encontro gañado ó noso equipo por 3-0.
O seguinte partido foi no campo da Canteira de Román ante o Catro Roldas, nun encontro no que o Folgueiro non fixo un bo fútbol pero marcou dous goles nos últimos dez minutos que lle serviron para conseguir tres puntos. Os autores dos goles foron Abel e Álex.
Na seguinte xornada o Candelaria visitou Boavista e levouse o partido. O cadro local non estivo atinado e non foi que de marcar nas numerosas ocasións das que dispuxo, si en cambio o fixo o Candelaria na súa única chegada.
O seguinte desprazamento foi ó Corgo para enfrentarse ó Castroverde, neste encontro o cadro de Quesada voltaría a senda da victoria despois dun partido no que dominou de dispuxo de ocasións dende o primeiro minuto colocándose moi cedo cun 0-2 no marcador, pero un gol do local Gelo os 20 minutos da segunda metade cambiou as tornas do encontro e fixo que pasaramos apuros nos últimos minutos do encontro. Álex e Orlando marcaron os goles.
E o pasado fin de semán foi o Cazás quen nos visitou, un cadro moi renovado respecto tempadas anteriores e que saiu derrotado de Boavista. Borja e Cristian firmaron os goles nun partido no que a falta de puntería evitou unha diferenza maior.
E xa mirando ó futuro, o seguinte encontro será no dificil campo de Matela, dificultade que será maior debido ás baixas. Kubala e Dani Cobo serano por lesión, Hugo causará baixa por motivos profesionais e Borjita terá que cumplir o partido de sanción. Esperemos que nos días previos o choque non se incremente o numero de baixas.

miércoles, 7 de noviembre de 2007

UN PRACER QUE ESTEA CONNOSCO: KUBALA



Para todos os menbros do clube, dende a directiva ata os xogadores pasando polos afeccionados, é todo un luxo que unha excelente persoa como Kubala xogue no noso equipo. Por eso queremos que siga moitos anos máis.


O pasado luns 5 de novembro o resto da provincia coñeceu un pouquiño máis a Kubala nunha páxina que o xornal El Progreso lle dedica.