lunes, 1 de diciembre de 2008

U.D. FOLGUEIRO 2 - 1 C.D. GOIRIZ

Partido correspondente á xornada 12, Campo de Boavista. Comezo ás 16.15 do domingo 30 de novembro, tarde moi fría.
Na primeira metade do partido, o cadro local, consciente do valor dos tres puntos que estaban en xogo, saíu con gañas de poñer o resultado ó seu favor antes do remate deste período.
A primeira ocasión clara foi obra de Catanha, nunha xogada individual, que provocou a súa entrada na área e que rematou cunha parada do porteiro, cando Álex estaba só para empuxar o esférico as mallas da rede visitante. A seguinte oportunidade fabricouna Dani, que driblou pola súa banda esquerda e tirou á portería ca súa perna menos boa tendo o porteiro rival dificultades para atallar o balón, acabando este nos pés de Álex e obrigou ó meta a facer unha boa parada logo de recoller o rexeite. Por outro lado, o Goiriz quería pero non podía fabricar claras ocasións de gol xa que o mediocampo local estaba moi ben situado no terreo de xogo. Cando transcurría o minuto 32 desta primeira metade, Orlando que recibiu un pase de Álex, sacou un disparo na área que rexeitou nun defensa e o mesmo dianteiro que protagonizara a acción empurrrou o esférico para lograr o 1-0, con este tanto, Álex anotaba o seu sexto tanto esta tempada. Desta forma acabarían os primeiros 45 minutos, sen apenas ocasións polo bando visitante e clara posesión do conxunto local.
Na segunda metade, o Goiriz parecía que saia a por algo máis, xa que nada mais comezar tiveron unha ocasión que atallou Guillermo sen problemas. Os poucos minutos, o conxunto vermello protagonizou unha xogada colectiva que rematou cun remate a rentes da portería chairega. Nesta seguna parte o xogo foi un ir e vir noa dous campos, aínda que as ocasións máis claras tivoas o Folgueiro tanto a balón parado como xogada dinámica.
O encontro resultaría afectado por unha decisión do árbitro de expulsar a un xogador visitante mediada esta segunda parte. A partir de ahí o partido rompeuse dando ocasións ós dous bandos pero o Folgueiro conseguíu tomar máis vantaxe no marcador nunha xogada na que Álex deu o pase da morte a Catanha deixándoo só diante do porteiro, éste rematou a xogada cun magnífico lanzamento pegado ó pao, sendo imposible de atallar para o gardamallas do Goiriz. Co resultado a favor e xogando na casa, o Folgueiro non soubo templar o encontro dándolle oportunidades ós rivais que aproveitaron nunha falta ó borde da área e que non deu atallado o porteiro local, quedando o balón morto para que un xogador do equipo visitante lograra o seu único gol.
Ca saída ó campo de Fabián, Kubala e o debutante Brais, o Folgueiro tomou ás rendas do partido e dispuxo de ocasións para sentenciar o encontro. O marcador xa non se movería, e no minuto 94 o árbitro daba por rematado o partido.

jueves, 27 de noviembre de 2008

A EMPRESA VILLASUSO ORTEGAL COLABORARÁ CA U.D. FOLGUEIRO


A empresa Villasuso Ortegal pasará a formar parte da lista de empresas colaboradoras ca Unión Deportiva Folgueiro.

A empresa afincada en Ortigueira e dedicada a construcción e a obra pública, suministrará unhos chandals que o clube empezará a vestir a vindeira semán.

lunes, 24 de noviembre de 2008

Bonxe 1 -3 U.D. Folgueiro


Partido correspondente á xornada 11, campo de Telefunken (Bonxe).

Foi un partido moi igualado na primeira parte, con ocasións claras para os dous equipos.
Nada mais comezar o encontro, Catanha trenzaba unha xogada na que regateaba ó porteiro e logo fallaba o intentar o mesmo co último defensor, mentras Aléx esperaba sólo o pase de gol no segundo pao. Pouco despois Catanha, en xogada individual, esta vez si deu o pase o segundo pao pero quedouselle atrais a Aléx, o que dificultou moito o seu remate .
O Bonxe avisaría con dous centros dende a banda esquerda que saían desviados por moi pouco. Ata que nunha xogada pola banda dereita, despois de un mal despexe de Fabían, Mariano dende o pico da área, lanzaba un disparo forte que se colaba pola escuadra despois de que Guille tocase o balón.
Os visitantes buscaban o gol pero sen ocasións claras, ata que no derradeiro minuto da primeira parte, Dani sacaba unha falta que cando xa se colaba no marco local era peinada por Abel para establecer o empate.
Na segunda parte non houbo color, o partido foi un monólogo do Folgueiro.
Mediado o segundo acto, nunha xogada que nacía nunha falta de Catanha o seu defensor, Orlando roubaba e deixaballe o balón a Abel en banda para que centrase a Aléx, e este pasara a Pigueiras que sólo diante do porteiro era obxeto de penalti. Antes do lanzamento da pena máxima, un xogador insultou o árbitro, a expulsión era clara pero reclamaba a falta anterior. Esta xogada marcou o resto do partido porque o Bonxe estaba mais pendente do árbitro que do partido.
O penalti foi transformado por Aléx, e pouco despois o árbitro perdonaba unha clara expulsión sobre Dani.
No minuto 35, Catanha recibía un pase de Pigueiras e con dous defensores encima cruzaba o balón para establecer o derradeiro 1-3.
Mais tarde, o porteiro do cadro local ameazaba ó colexiado que cansado de perdoarlle a vermella, por protestas anteriores, acababa expulsandoo.
Na última xogada do partido, Catanha puido facer o cuarto pero o marcador xa non se movería.
Destacar a reaparición de Dani e Kubala que despois de dous meses sen xogar, víanse obrigados a facelo polo elevado número de baixas do equipo, que neste encontro presentaba 12 xogadores.

Goles:
1-0 Mariano.
1-1 Abel.
1-2 Álex, de penalti.
1-3 Catanha.