sábado, 31 de enero de 2009

De comida en Pol

viernes, 30 de enero de 2009

XORNADA SUSPENDIDA

A Federación Galega de Fútbol suspendeu todos os partidos a celebrar os días 31 de xaneiro e 1 de febreiro.

"Á vista das recomendacións recibidas por parte da Dirección Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e tras realizar as correspondentes consultas coas distintas Direccións Xerais de Protección Civil e o servizo 112, así como as diversas informacións publicadas a través dos distintos medios de comunicación, esta Federación Galega de Fútbol tomou a decisión de suspender todas as competicións previstas para os próximos días 31 de Xaneiro e 1 de Febreiro de ámbito territorial e nacional controladas por esta Federación Territorial, a excepción de a Autonómica Preferente nos seus dous grupos e a Terceira División Nacional, deixando a criterio dos colexiados designados e dos clubs contendentes a súa disputa, conforme ás condicións climatolóxicas existentes, recomendando por parte desta Federación que se adopten as medidas oportunas para garantir o normal desenvolvemento destas competicións. Así mesmo comunicamos que a competición oficial de Primeira Nacional "B" de Fútbol Sala queda suspendida. Oportunamente será comunicado por parte desta Federación Galega de Fútbol, as novas datas para a disputa das xornadas suspendidas. Pola FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL "

martes, 20 de enero de 2009

U.D. FOLGUEIRO 3 - S.D. RIOAVESO 1



A Unión Deportiva Folgueiro comeza con bo pé os seus partidos coma locatario nesta segunda volta da competición. Neste envite, o cadro dirixido por Ramón Cabanas impuxose con toda xustiza a Sociedade Deportiva Rioaveso por un marcador de tres goles a un.
O elenco vermello fixose co control do xogo dende o primeiro minuto, nun partido no que o cadro visitante saíu o campo sen a convinción necesaria para afrontar un encontro de liga, e incluso infravalorando a calidade -pouca ou moita, saberase o final de liga- do conxunto titular do campo.
Só a falta de puntería fixo que o equipo de O Vicedo non se adiantara no marcador antes do tempo de lecer, nun período no que o Rioaveso apenas se acercou pola portería defendida por Guillermo.
Pero, nada máis comenzar a segunda metade, na primeira xogada de ataque, os locais darían o primeiro aviso de gol. Este chegaría nunha xogada combinatiba do ataque local que Pigueiras acertaría a enviar as mallas. Pouco despois, Álex a saída dun córner establecía de cabeza o dous a cero, e con este tanto subía a oito a súa marca de goles no presente exercicio. O terceiro gol, chegaría despois dun lanzamento de Pedro que a defensa non acertou a despexar e o coiro rematou na rede despois de tocar en Pigueiras. Xa nos últimos minutos, Manolo de falta directa marcaría o gol do conxunto vilalbés.