lunes, 9 de febrero de 2009

VICTORIA SUFRIDA

U.D. FOLGUEIRO 1 - C.D. COSPEITO 0

A Unión Deportiva Folgueiro conseguíu este fin de semán unha victoria importantísima de cara a conservar a categoría, o cadro vermello impuxose por un gol a cero a un Cospeito que loitou por conseguir algo positivo dende o primeiro ata o último minuto.
O encontro comenzou cun cadro chairego moito máis metido no partido que o cadro que dirixe Moncho Cabanas, controlando en todo momento os rexeites e as segundas xogadas ante un cadro local un tanto desdibuxado nestes primeiros minutos; ainda así os visitantes non levaron moito perigo a meta defendidapor Guillermo. Pouco a pouco, os de Boavista ían collendo posicións no campo e chegando con perigo a meta defendida por Diego, que na primeira metade salvou o seu equipo en varias ocasións. Neste tramo do xogo, o cadro tamén vermello pero que nesta ocasión vestía de verde só chegaba a porteria visitante en balóns aéreos en busca do seu espigado dianteiro.
Nunha falta na frontal da área visitante iase adiantar o cadro local despois dunha xogada de estratexia que Pedro ía culminar empurrando o balón as redes da meta defendida por Diego. Nesta fase do partido era cando máis cómodo estaba o cadro de O Vicedo, podendo marcar o segundo gol en varias ocasións, como nun remate de cabeza de Pedro, un disparo de Pigueiras ou un chut de Cristian dende a area pequena que saiu lixeiramente alto, pero o marcador non se movería e chegaríase ca victoria pola mínima o descanso.
O comezo da segunda metade foi un calco da primeira, os visitantes íanse arriba e o Folgueiro non era quen de asentarse no campo, pero a saída do campo do dianteiro "xigantón" restaba presenza en ataque ós chairegos.
Pero cando mellor estaban os locais, chegaría a expulsión de Felipe por dobre amarela o que faría que os de Moncho derán toda a iniciativa do xogo os visitantes. O marcador non se movería e permite a UDFolgueiro sumar a súa segunda victoria consecutiva como local nesta segunda volta.
Destacar a preseza dun trío arbitral pertencente o Colexio de A Coruña solicitado polo C.D. Cospeito.

lunes, 2 de febrero de 2009

CITAS DA SEMANA

Despois do aprazamento por parte da Federación Galega de Fútbol da xornada dezaoito correspondente o grupo sexto de Segunda Autonómica, e trala información que puido recalar o clube; informar de que o vindeiro partido da Unión Deportiva Folgueiro será o vindeiro domingo oito de febreiro as catro e cuarto da tarde, e donde o cadro vermello se enfrentará ó Clube Deportivo Cospeito no campo de Boavista.
Este partido será fundamental para o desenrrolo do que resta de tempada, xa que o equipo chairego ocupa o decimocuarto posto con quince puntos, sete menos que o cadro que dirixe Ramón Cabanas. Unha victoria local deixaría ó Cospeito a dez puntos mailo gol average o que permitiría os vermellos coller unha importante ventaxa sobre os postos de descenso; pero a derrota do conxunto de Boavista acercaría o conxunto da Terra Chá a tan só catro puntos. Por todoo exposto, o encontro do próximo domingo presentase trascendental.
AXENDA DA SEMÁN
Martes día 3, adestramento ás 8:30 en Boavista.
Venres día 6, adestramento ás 8:30 en Boavista.
Domingo día 8, U.D. Folgueiro-C.D. Cospeito ás 16:15 no campo de Boavista.

sábado, 31 de enero de 2009

De comida en Pol