miércoles, 25 de marzo de 2009

REFORZO DE LUXO

QUESADA ÚNESE Ó PLANTEL
Ante a proximidade da zona de decenso, sumado os problemas de efectivos que está a ter o equipo nas últimas xornadas, fixo que a directiva se puxera máns a obra na busca de reforzos para os partidos que quedan.

O presidente, Fernando Pigueiras, despois de recibir o beneplácito do Viveiro C.F. puxose en contacto con Quesada para convencelo para que se sumara a plantilla para axudar a evitar o descenso a terceira autonómica.

Ante a resposta afirmativa, Quesada pasa a formar parte do plantel de xogadores do clube, que compaxinará ca súa laboura de entrenador do equipo xuvenil do Viveiro C.F. que está a competir na liga galega

lunes, 16 de marzo de 2009

ÚLTIMOS MINUTOS FATÍDICOS

U.D. PASTORICENSE 2 - 1 U.D. FOLGUEIRO

U.D. Pastoricense: Trabado, Poupariña, Iván, Cami, Iago, Fiz, Fontela, Javi, Farra, Ivan Fernández e Mel.

U.D. Folgueiro: Guillermo, Pablo, Kubala, Óscar, Cristian, Abel, Brais, Orlando, Felipe, Pigueiras e Fabián.

Goles: 0-1 Cristian; 1-1 Iago; 2-1 Cami.

A Unión Deportiva Folgueiro comprícase a vida despois dos resultados da última xornada no grupo sexto de Segunda Autonómica, xa que ademáis do tropezo do club vermellón en Bretoña, úneselle a victoria de todos os seus perseguidores, o que deixa ó cadro de O Vicedo a tres puntos dos postos de descenso a Terceira Autonómica.





No partido contra o Pastoricense, o cadro de Boavista saíu dormido e veuse superado en todo momento polo cadro local nos primeiros compases do xogo. Os locatarios desperdiciaban ocasións de gol, mentres que os de Moncho Cabanas solo chegaban en arreóns individuais de Fabián e Pigueiras. O final dos primeiros 45 minutos o marcador non se movería por sorte para os foráneos, que a este encontro chegaban mermados por importantes baixas, xa que o cadro branco levaba moito perigo nas xogadas a balón parado debido a alta estatura dos seus xogadores.


A segunda parte empezou cun Folgueiro máis centrado e mellor colocado no campo, o que se notaba con máis chegadas a porta defendida por Trabado. Nun saque de falta de Pablo, Cristian enviaba o coiro as mallas e poñía por diante no marcador a UDFolgueiro. A partir de ahí, os locais arriesgaron o xogar con tres defensas e pasar a Iago, o seu mellor home onte, o medio do campo. No ecuador desta parte, o noso equipo controlaba os ataques locais e saía con perigo a contra pero nestre intre os nosos xogadores xa escomenzaban a estar mosqueados ca actitude do colexiado, que ía comendo a moral en pequenos detalles. Xa nos últimos minutos os de Nacho apretaron e nunha xogada sen aparente perigo, Fiz consigue roubar un balón na área e sacar un centro (os nosos xogadores protestaron xa que consideraban que o balón saira pola liña de fondo) pasado que Pablo non foi de sacar cando tiña toda a ventaxa, o coiro roubouno de novo un xogador local que de novo, voltou a centrar a cabeza de Iago que rematou a portería, o balón deu na mán de Óscar e o arbitro sinalou penalti. O mesmo Iago foi o encargado de transformar a pena máxima. E catro minutos máis tarde, nunha falta sacada perfectamente por Andrés, Cami subía o segundo tanto o marcador para a desolación da expedición vermella.


A Unión Deportiva Folgueiro estivo a poucos minutos de sacar un resultado positivo do campo de Bretoña, pero os dez últimos minutos de partido transformaron a ilusión en impotencia.

viernes, 13 de marzo de 2009

U.D. PASTORICENSE

A Unión Deportiva Folgueiro visitará o vindeiro domingo 15 de marzo o sempre díficil campo de Bretoña, feudo onde disputa os seus partidos como local a Unión Deportiva Pastoricense, o equipo que deixou mellor impresión no Campo de Boavista no que vai de liga.

A cercanía dos postos de descenso fan que cada partido que pase, o noso equipo, se vexa obrigado, a arrancar puntos en todolos campos, pero neste caso non será nada sinxelo xa que nos vamos enfrentar a un equipo chamado a estar ano tras ano nos postos altos da clasificación.

O equipo da Pastoriza partía este ano ca premisa de repetir as actuacións das pasadas tempadas, e decir, de rematar a liga entre os cinco primeiros, e a poder ser poder logar o ascendo; para eso, neste exercicio, o "volante" do equipo foi dado a Nacho, que pasou de facer unha extraordinaria labor no posto de central a levar as rendas do equipo como adestrador no canto de Moirón (que este ano e o encargado de levar o timón do Mondoñedo F.C.).

O equipo reforzouse en varios postos, á defensa chegou Iago, e nos postos máis adiantados ficharon a Farra do Meira e Javi do Pol, pero quizá o talón de Aquiles este ano sexa a portería, ata seis gardametas pasaron por defender a portería este ano, sen conseguir unha continuidade, e o equipo pasou de ser un dos conxuntos máis fortes defensivamente (mencionar que en anos anteriores Rubén, actual porteiro do Xove Lago e Cupeiro, agora no Mondoñedo foron dos porteiros menos batidos da categoría), a ser este ano un conxunto que encaixa goles con facilidade.

O cadro branco empezou a liga con dúbidas, pero nove xornadas sen perder colocabano nos postos altos, o que facía presaxiar que o conxunto adestrado por Nacho podía estar de novo loitando polo ascenso ata a última xornada como ocorrera o ano pasado, pero tres xornadas negativas nas que non conseguiron a victoria (4-3 en Bonxe, 1-1 na casa co Cospeito e 5-3 na visita a Mondoñedo) apartarono definitavemente da loita polo ascenso.


NOME: Unión Deportiva Pastoricense

CAMPO: Bretoña

EQUIPACIÓN: camiseta, patalón e medias brancas.


NOTA: Para este encontro ten sancionados os xogadores Carlos e Treitas.


RESULTADOS DA TEMPADA 2008-2009