lunes, 30 de marzo de 2009

REACCIÓN

C.D. GOIRIZ 2 - 5 U.D. FOLGUEIRO


A Unión Deportiva Folgueiro logrou impoñerse na súa visita ó Campo de O Ventiño por dous tantos a cinco despois de seis xornadas sen coñocer a victoria. O cadro vicedense disputaba un partido transcedental de cara a súa continuidade na Segunda Autonómica.

O partido non podía empezar de peor forma para os visitantes, xa que os 7 minutos o colexiado do encontro inventabase unha pena máxima que sorprendeu máis os locais que o cadro foráneo, os de azul, que nesta xornada perdían de forma matemática a categoría, aproveitaron o regalo e puxeronse por diante no marcador.

O cadro dirixido por Cabanas, en vez de virse abaixo, sacou casta e en 10 minutos deronlle a volta o marcador con goles de Álex e Dani; Dani puido subir o terceiro o marcador pero o xuez seguía sen impartir xustiza e anulaba un gol a Dani por un fora de xogo inexistente. Pero nun saque de falta de Quesada, que volvía ó equipo, Pigueiras adiantabase o porteiro e establecía ca cabeza o terceiro gol. Co resultado de 1 gol a 3 chegabase o descaso e ca sensación de que a renta podía ser maior.
Na segunda metade os rojillos sairon a conservar a ventaxa e dispuxeron de perigosas contras, pero os primeiros en conseguir gol serían os locais que conseguían perforar a meta visitante despois dunha mala saída de Guillermo. Este gol levaba a incertidumbre o resultado e os primeiros nervos o cadro de Boavista. Pero pouco despois, Pigueiras anotaba o seu segundo gol a saída dun córner e con el volvía a tranquilidade. O quinto puido vir en moitas contras pero unhas veces a falta de tino e outras a multitude de fóra de xogo sinaladas atrasaban o tanto ata que Álex nunha gran xogada persoal establecía o marcador definitivo.






jueves, 26 de marzo de 2009

FINAL DE INFARTO


Previsiblemente, estes catro equipos xogaranse a praza de descenso que queda libre, sempre e cando o C.D. Goiriz non faga un final de liga impresionante (tería como mínimo ganar catro dos cinco partidos que quedan por disputar), ou o Mondoñedo C.F. remate de forma nefasta o campionato (ahora esta a sete puntos do descenso).
Tan só tres puntos separan os catro conxuntos a falta de quince por disputarse, a UDF optará a 18 por ter un partido máis, o aprazado no seu día cando os de Cabanas visitaban Pol.
COMPARATIVA ENTRE OS CONXUNTOS
XORNADAS RESTANTES

ENFRONTAMENTOS DIRECTOS

miércoles, 25 de marzo de 2009

PROBLEMAS CARA O GOL

U.D. FOLGUERO 0 - 2 BONXE C.F.

A Unión Deportiva Folgueiro saíu derrotada do enfrontamento correspondente á vixesimo sexta xornada de liga que o enfrontaba o Bonxe Clube de Fútbol.

O cadro local saltou o campo a por todas dende o primeiro minuto de xogo e dispuxo de numerosas ocasións de gol durante a primeira parte, pero a falta de acerto cara o gol negou ese tanto que dera ventaxa o cadro local. E cando máis estaban a atacar os locais, unha perda de balón no centro do campo orixinou unha contra que remataría co primeiro gol visitante. Co resultado de 0 a 1 chegaríase o descanso.
Na segunda metade o cadro de Boavista atacou con máis corazón que cabeza, a ocasión máis clara sería un remate de Pedro que se marchou fora por pouco. Despois chegaría a xogada desgraciada do partido, ataque visitante, Cristian fai falta, o que lle supón a vermella directa, no saque de falta sen aparente perigo o sol xogalle unha mala pasada a Guillermo que non pode atallar e deixa o esférico franco para que o dianteiro suba o segundo tanto. A partir de ahí os visitantes puideron aumentar a renta, xa que dispuxeron de numerosas contras.