miércoles, 5 de agosto de 2009

PRESENTACIÓN, VENRES DÍA 7

O venres día sete é o escollido polo directiva da Unión Deportiva Folgueiro para realizar a presentación do equipo á afición.
A partir das nove da noite, ademáis dan habituais fotos, todos os aficionados que o desexen poderán degustar da churrascada preparada para a ocasión.

PRIMEIRO TEST EN CANTARRANA

A Unión Deportiva Folgueiro viaxe esta tarde a Cantarrana para medirse a partir das 20:30 ó Viveiro C.F., este encontro supón o debut de Molo no banco vermello. Será o primeiro encontro nos que aficionados poderán ver as novas caras do cadro de Boavista, plantel que ainda non está cerrado.

IV TROFEO CONCELLO DE O VICEDO

O vindeiro sábado a partir das seis da tarde dará comezo unha nova edición do Trofeo Concello de O Vicedo, que dende a súa posta en escena se disputou no modelo coñecido como "3 en 1". Este ano, acompañaran o clube local a Sociedade Deportiva Cervo, equipo que ven de acadar a Primeira Autonómica e que presente unha serie de novidades importantes no seu plantel que farán do cadro azulón un equipo moi competitivo durante a vindeira tempada. O terceiro clube en liza será o Fútbol Clube Ortigueira, equipo da Segunda Autonómica Coruñesa, que despois dun mao a mao durante a pasada tempada co Eume Deporivo quedouse a un paso do ascenso de categoría.
Os enfrontamentos son os seguintes:
18:00 S.D. CERVO - U.D. FOLGUEIRO
19:00 S.D. CERVO - F.C. ORTIGUEIRA
20:00 F.C. ORTIGUEIRA - U.D. FOLGUEIRO