lunes, 14 de septiembre de 2009

ENTREVISTA A MOLO

Despois de moitos anos adestrando en categorías superiores e do gran traballo feito na canteira do Viveiro C.F. ¿Qué foi o que o animou a recalar na U.D. Folgueiro?
O gran interés mostrado pola directiva tanto o ano pasado como este ano; o ano pasado non puido ser, pero este, con un pequeno esforzo por ambas partes, chegamos a un acordo.
¿Qué deficiencias e qué cousas positivas se encontra na estructura do clube?
Deficiencias, sobre todo o terreo de xogo, e pequeno e está en mal estado; Tamén a pouca sente que traballa na directiva, algo común nestes equipos modestos; e os poucos xogadores que poden adestrar.
Como cousas positivas, o esforzo dos directivos que queren ter un equipo de fútbol neste pobo tan pequeno.
Deportivamente, ¿Cómo ve a tempada que acaba de empezar?
Pois espero unha liga igualada, donde esperamos facer bon fútbol.
¿En qué postos está maís coxo o plantel?
No lateral esquerdo, pois non temos un xogador específico para ese posto. E tamén no medio do campo, donde nos fai falta un xogador que organice o xogo de ataque.
¿Qué equipos conta que serán os rivais a batir?
Aínda que non teño referencias concretas, creo que vai ser unha categoría moi igualada, donde sobresairá pos presuposto o Pastoricense, Rioaveso e Xermade, despois o Sacido; e con este grupo e donde esperamos estar nos.
Qué obxetivo se marca?
O primeiro obxetivo e intentar xogar ben o fútbol e facer unha boa cohesión de grupo. O segundo e quedar o máis arriba posible sin pasar ningún tipo de apuro, mirando sempre para o grupo de cabeza.

jueves, 10 de septiembre de 2009

miércoles, 2 de septiembre de 2009

BOAS SENSACIÓNS A PESAR DA DERROTA

IBERIA C.F 4 - 0 U.D. FOLGUEIRO

A Unión Deportiva Folgueiro deu un nivel máis que aceptable na primeira metade do encontro disputado no campo das Valgas, dispoñendo de moitas ocasións para adiantarse no marcador, tuteando en todo momento a un equipo de superior categoría.
Todo o contrario na segunda metade, na que o elevado número de cambios e o cansancio fisico da xente que dispuxo de tódolos minutos fixeron que o Iberia dominara en todo o segundo tramo do encontro.

Polo cadro vermello xogaron Guillermo, Iván, Felipe, Cristián, Cholo, Abel, Pigueiras, Borja, Cataña, Bouza e Borjita. Na segunda metade tamén participaron Álex, Óscar Balanta, Kubala, Pablo e Fran.