viernes, 8 de enero de 2010
XORNADA SUSPENDIDA
O partido que enfrentoba a Unión Deportivo Folgueiro coa Sociedade Deportiva Candelaria, igual que os restantes pertencentes a decimosexta xornada, foi suspendido pola Delegación de Lugo da FGF polo mal tempo reinante na Provincia.
lunes, 30 de noviembre de 2009
GOLEADA Ó COLISTA
U. D. FOLGUEIRO 5 - 0 S.D. SAN CIPRIÁN
U.D. FOLGUEIRO: Guillermo, Iván (Óscar), Chiqui, Luchi, Cholo, Cristian, Pigueiras (Julio), Borjita (Álex), Cataña, Bouza (Abel)(Fran) e Borja.
Goles: 1-0 Borja; 2-0 Catanha; 3-0 Luchi; 4-0 Bouza; 5-0 Catanha.
U.D. FOLGUEIRO: Guillermo, Iván (Óscar), Chiqui, Luchi, Cholo, Cristian, Pigueiras (Julio), Borjita (Álex), Cataña, Bouza (Abel)(Fran) e Borja.
Goles: 1-0 Borja; 2-0 Catanha; 3-0 Luchi; 4-0 Bouza; 5-0 Catanha.
A Unión Deportiva Folgueiro tivo ante o San Ciprián o partido máis cómodo da presente temporada. O tempraneiro gol de Borja, que recolleu un rexeite do poste tras o lanzamento dun penalti, aclarou as cousas para un cadro local que puido conseguir moitos goles antes de chegar o descanso. Xa na segunda mentade, os vermellos saíron con gañas de sentenciar o partido e conseguirono con bo xogo e goles, que o final puideron ser máis dos cinco definitivos.
lunes, 23 de noviembre de 2009
BENDITO DESCONTO
A UNIÓN DEPORTIVA FOLGUEIRO EMPATA UN PARTIDO QUE PERDÍA NO MINUTO 91 POR 3-1.
NOVAS RAÍCES GALDO 3 -3 UNIÓN DEPORTIVA FOLGUEIRO
NOVAS RAÍCES GALDO 3 -3 UNIÓN DEPORTIVA FOLGUEIRO
N.R. GALDO: Cadenas, Miguel, Quico (Bruno), Morán, Tejado, Schuster, Chefo, Jacobo (Iván), Rodri, Abraham e Fran.
U.D. FOLGUEIRO: Guillermo, Felipe, Chiqui, Luchi, Cristian, Cholo, Iván (Borjita), Borja, Catanha, Bouza e Pigueiras.
GOLES: 1-0 Chefo; 2-0 Schuster; 2-1 Borjita; 3-1 Abraham; 3-2 Borjita; 3-3 Catanha.
Dous goles no tempo de desconto deron un punto o cadro vermello na súa vista o campo de Trasvías de Galdo. O cadro visitante levou a iniciativa do xogo en todo momento ante un Galdo que esperaba replegado para saír en perigosas contras. Dous erros na entrega nas proximidades da área dos de Molo poñerían moi costa arriba o enconto para o Folgueiro; primeiro foi Chefo o encargado de aproveitar o regalo dos visitantes para sumar o primeiro gol, e máis tarde sería Schuster, no que nunha xogada calcada, subiría o segundo. Con este resultado chagaríase o descanso.
A segunda metade transcurriu polos mesmos derroteiros do primeiro acto, cadro local replegado, e neste parte cun dominio moito máis claro, monólogo dos de Molo, que tiveron múltiples ataques e vían como o gol non chegaba, ata que Borjita a falta de 20 minutos subía o primeiro na conta dos foráneos. E cando máis estaban atacando os de O Vicedo, repetíuse de novo a xogada da primeira metade, fallo de entrega na saída do xogo que faría que Abraham se quedara co coiro e marcara a placer o 3-1.
Con cinco minutos e desconto por diante, o Folgueiro en vez de baixar os brazos buscou aínda con máis ahínco recortar distancias e sería Borjita no minuto 46 e medio o que transformaría un penalti e poñía o 3-2. E xa no minuto 49, envío longo de Guillemo que peina Borja e recolle Catanha para establecer as táboas definitivas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)