miércoles, 10 de febrero de 2010

A FEDERACIÓN NON TRAMITA O ACORDO DOS DOUS CONXUNTOS

A Federación Galega de Fútbol na súa Delegación de Lugo non permite os cambios de data e hora acordados entre o noso Clube e a Asociación Deportiva Luis Pimentel - A Piringalla, que posibilataban a disputa do encontro na tarde do sábado día 13 dando como razón a indispoñibilidade de colexiados na Delegación de Viveiro. O pitido inicial terá que corresponder cos horarios e datas federativas preestablecidos, noutras palabras, domingo 14 ás catro e cuarto.

lunes, 8 de febrero de 2010

CAMBIOS DE DATA E HORA

O encontro pertencente a vixesimoprimeira xornada da liga de Segunda Autonomica que enfrontara a Union Deportiva Folgueiro ca Asociacion Deportiva Luis Pimentel A Piringalla disputarase no campo de Boavista o vindeiro sabado 13 de febreiro as catro e media da tarde.

DEMASIADO RESPETO

S.D.R. SACIDO 0-0 U.D. FOLGUEIRO

S.D.R. SACIDO: Lolo, Fernando, Adran, Felix, Anxel, Popi, Poti, Pipa, Rumi, Amador e Manu. Tamen xogaron Borja, Peteno, David e Diego.

U.D. FOLGUEIRO: Guillermo, Felipe, Chiqui, Cristian, Cholo, Bouza, Docampo, Borja, Catanha, Pigueiras e Borjita. Tamen dispuxeron de minutos Piki e Oscar.

ARBITRO: Julian Gomez

O medo a perder e o respeto entre ambos conxuntos marcou o intenso derbi disputado no Municipal de Viveiro. O encontro apenas dispuxo de ocasions, e as mais claras chegaron por bando visitante, sobre todo a balon parado. Os locais queixaronse das multiples faltas sinaladas polo colexiado na sua contra, e os de Boavista pediron un penalti a Borjita e a non concesion da lei da vantaxa cando Catanha se quedaba so diante de Lolo. Chiqui nos ultimos minutos puido dar a victoria os visitantes pero o seu lanzamento de falta saiu rozando o longueiro.

*Un fallo no programa non deixa por os tildes.