domingo, 21 de noviembre de 2010

TRABALLADA VICTORIA

TABOADA C.F. 0 - 1 U.D. FOLGUEIRO

Taboada C.F.: Roi, Montes, Nico, Pablo, Iván, Feás, Poyán, Guerreiro, Mosqui, Marcos e Andrés. Tamén xogaron Chiqui, Mejuto, Victor e Luismi.
U.D. Folgueiro: Marcelo, Diego, Chiqui, Luchi, Cholo, Cristian, Orlando, Pigueiras, Didier -Poti-, Pedro e Adrán.
Arbitro: Rodríguez Ledo.
Goles: 0-1 Adrán.

Un Folgueiro moi serio tácticamente e arriscando menos que en anteriores deprazamentos consigue una valiosísima victoria no campo de A Medela, a pesar das numerosas baixas cas que se presentaba no escenario taboadés.


Un tanto de Adrán nos últimos minutos do primeiro acto deron os tres puntos os de Quesada, este trocou o debuxo táctico co fin de cambiar as abultadas derrotas que conqueriron os vermellos nos últimos desprazamentos.
Gran traballo e demostración de orgullo dos xogadores ó longo dos 100 minutos que durou o encontro. Marcelo detivo un penalti ó local Marcos, xogada que foi clave no desenlace do partido.

miércoles, 19 de mayo de 2010

BOAVISTA EN OBRAS



Na mañá de hoxe, deron comezo as obras do terreo de xogo do campo de Boavista. O que en principio sería unha pequena actuación na mellora do piso convertíuse no levantado total do céspede actual.
A esta obra uniraselle a colocación da cuberta na actual grada e a reforma case que total dos vestiarios.
Coa finalización destas tres actuacións, Boavista cambiará por completo a súa cara.

domingo, 16 de mayo de 2010