lunes, 8 de junio de 2009

CEA BAILE FIN DE TEMPADA

DÍA 13 DE XUÑO

A Unión Deportiva Folgueiro celebrará a cea de fin de tempada o vindeiro sábado 13 de xuño as dez e media da noite no Chiringuito da Abrela.
O menú estará composto por:
  • Percebes
  • Cigalas
  • Mexilóns
  • Ameixas
  • Tenreira asada
  • Postre
  • Café
  • Rioxa tinto
  • Albariño

A cea estará amenizada polo grupo de moda na zona, INTERVALO, que conta nas súas filas co alcalde de O Vicedo, Jesús Novo.

O PRECIO POR PERSOA É DE 33 €

A reserva de entradas rematará o venres 12 de xuño as 20 horas, as mesmas podénse retirar no Bar Alba, Bar Rogelio, Chiringuito da Abrela ou en calquera membro da xunta directiva.

Para máis información, podénse dirixir o teléfono 696 843 741.

martes, 2 de junio de 2009

FIN DE CURSO


A U.D. Folgueiro caeu derrotada por 1 gol a 3 no encontro de cuartos de final da Copa Deputación disputado o pasado domingo no Campo de Boavista. O cadro local non estivo a altura dos últimos choques e deu demasiadas ventaxas a un equipo que tiña as cousas moi claras na forma de afrontar o partido.

O Alfoz colleu unha ventaxa de dous goles antes do descanso, con tantos de Hugo e Quesada en propia meta; xa na segunda metade o cadro vermello intentou dar a volta o marcador pero máis con corazón que cabeza, ainda así Óscar á saída dun córner poñía o 1-2 no marcador que enchía os últimos minutos de emoción; antes do desconto o cadro local dispuxo de varias opcións para empatar o encontro pero o gol que subiría o marcador foi o de Borja, que no desconto do partido sentenciaba co 1-3 definitivo.

lunes, 25 de mayo de 2009

SUSPENSE ATA O FINAL



A U.D. Folgueiro segue adiante na Copa Deputación despois de vencer ó C.D. San Román cun gol de Pigueiras no minuto 88 de partido. O cadro local colleu ventaxa cun gol materializado por Cándido dende o punto de penalti. Dende a mesma distancia, pero esta vez na outra área, Álex establecía a igualada; pouco despois Brais adiantaba o caro de Boavista, para chegar co 1-2 ó descanso.


Na segunda metade, No subía a empate a dous tantos; e logo duns minutos de emoción e suspense, Pigueiras poñía nota ó gran traballo de todo equipo na tarde de onte no campo de A Chá.


O C.D. Alfoz, que eliminou o Mondoñedo na tanda de penalti, será o próximo rival do cadro vermello na eliminatoria de cuartos de final, esta vez o choque será en Boavista.