miércoles, 2 de septiembre de 2009

BOAS SENSACIÓNS A PESAR DA DERROTA

IBERIA C.F 4 - 0 U.D. FOLGUEIRO

A Unión Deportiva Folgueiro deu un nivel máis que aceptable na primeira metade do encontro disputado no campo das Valgas, dispoñendo de moitas ocasións para adiantarse no marcador, tuteando en todo momento a un equipo de superior categoría.
Todo o contrario na segunda metade, na que o elevado número de cambios e o cansancio fisico da xente que dispuxo de tódolos minutos fixeron que o Iberia dominara en todo o segundo tramo do encontro.

Polo cadro vermello xogaron Guillermo, Iván, Felipe, Cristián, Cholo, Abel, Pigueiras, Borja, Cataña, Bouza e Borjita. Na segunda metade tamén participaron Álex, Óscar Balanta, Kubala, Pablo e Fran.

martes, 11 de agosto de 2009

lunes, 10 de agosto de 2009

O TROFEO "CONCELLO DE O VICEDO" QUEDA NA CASA

U.D. FOLGUEIRO Guillermo, Felipe, Diego, Cristian, Abel, Bouza, Pigueiras, Iván, Mangüel, Cataña e Álex. Tamen xogaron Borjita, Borja Lago, Óscar, Kubala, Pablo, Julio Docampo e Fran.
Goles: 1-0 Cataña; 1-1; 2-1 Borjita; 3-1 Cataña
Á cuarta foi a vencida e o Trofeo Concello de O Vicedo de Fútbol queda na casa despois de impoñerse a Unión Deportiva Folgueiro ó Fútbol Club Ortigueira por tres tantos a un.
Esta edición queda marcada pola renuncia da Sociedade Deporiva Cervo a disputar o torneo alegando falta de efectivos, polo que o triangular se convertiu nun so encontro que enfrontaba ó cadro local co representante de Ortegal.
Este foi o primeiro partido no que a afección local puido ver ás novas caras no plantel vermello e que tanto eles como os seus compañeiros que levan máis tempo no equipo deixaron un moi bo sabar de boca despois do xogo mostrado.
A Unión Deportiva Folgueiro colle o relevo da Unión Deportiva Xove Lago, Viveiro Clube de Fútbol e Clube Deportvo Foz como vencedores da edición disputadas anteriormente.